Diferenzas entre revisións de «Monoplacóforo»

ampliación
(ampliación)
{{en uso}}
{{Taxobox
| name = Monoplacóforos<br>''Monoplacophora''
 
== Características xerais ==
=== Morfoloxía externa ===
[[Ficheiro:Helcionopsis striata.jpg|miniatura|190px|''Helcionopsis striata''.]]
[[Ficheiro:Neopilina.jpg|miniatura|190px|Cara ventral de ''[[Neopilina galatheae|N. galatheae]]''.]]
 
Os monoplacóforos son moluscos de [[simetría bilateral]] con numerosos [[órgano]]s metamerizados (nefridios, branquias, gónadas, músculos retractores do pé), tres pares de [[celoma]]s (pericardio par, celoma visceral dorsal par, gónadas pares), e [[sistema nervioso]] semellante ao dos [[poliplacóforos]], pero carecen de [[ollo]]]s, e cunha [[cuncha]] única de aspecto pateloide (semllante á das [[lapa (molusco)|lapas]], practicamente de simetría bilateral e cunha forma que varía desde a cónica até a cupuliforme.
Os monoplacóforos son animais planos, cunha cuncha con forma de cúpula, semellando unha lapa. Presentan [[simetría bilateral]]. Na parte inferior do corpo presentan unha [[boca]], cuns tentáculos preorais, e no seu interior atópase unha [[rádula]]; a continuación un [[estómago]] simple cun saco que contén o [[estilo]] cristalino. Logo segue un [[Intestino]] enroscado e remata nun [[Ano (anatomía)|ano]].
 
A cara dorsal do animal está recuberta pola fina cuncha, de contorno case circular e na que se aprecian na súa superficie externa liñas de crecemento concéntricas. A súa estrutura recorda á dos [[bivalvos]]. Nela distínguense un ''perióstraco'' superficial, unha ''capa prismática'' e unha ''capa de nácar''. A cuncha esténdese totalmente polo dorso do animal e cobre o [[manto (moluscos)|palio]].
No interior da cavidade paleal hai 5 pares de [[branquia]]s de tipo [[ctenidio]].
 
A cara ventral recorda á dos [[poliplacóforos]]. A parte central está ocupada polo [[pé (moluscos)|pé]], de forma case circular, rodeado dun ''suco paleal'' no que se encontran cinco ou seis pares de [[branquia]]s (segundo as [[especie (bioloxía)|especies]]), na base das cales se abren os orificios de cadanseu [[nefridio]] (''nefridióporos''), dispostos de maneira alterna con oito pares de músculos dorsais que están adheridos, en ambos os extremos, á cuncha e ao pé, respecticvamente.
Existen uns 6 pares de [[nefridio]]s que abren no suco paleal, na base das branquias.
 
A [[boca]] é anterior e presenta lateralmente anchos lóbulos ciliados, análogos aos palpos labiais dos bivalvos. O labio inferior está asociado a un par de saíntes, os chamados ''pedúnculos tantaculares'', cada un dos cales presenta ''tentáculos postorais'', dispostos en abano.
O [[aparato reprodutor]] ten dous pares de [[gónada]]s grandes as cales desembocan respectivamente no terceiro e cuarto nefridios, saíndo os [[gameto]]s a través dos gonóporos.
 
=== Morfoloxía interna ===
==== Celoma ====
O sistema [[celoma]]r, que é grande, comprende tres pares de cavidades pares: o ''[[pericardio]]'', que se prolonga ao redor das dúas [[aorta]]s anteriores; a ''cavidade celómica visceral'', en posición dorsal e formada por un par de sacos aplanados situados xusto debaixo da cuncha, e o ''celoma gonadal'', que contén as [[gónada]]s, en posición ventral.
 
==== Aparello dixestivo ====
[[Ficheiro:Monoplacophora.svg|miniatura|esquerda|300px|Esquema da estrutura interna de ''Micropilina'' sp.]]
 
É similar ao do resto dos moluscos.
 
A abertura bucal está delimitada por dous labios cubertos por una espesa cutícula. Os tentáculos que os rodean recollen as parículas nutritivas (detritos, [[radiolarios]]).
 
Da boca parte a [[farinxe]], na que se sitúa a [[rádula]], que se continúa polo [[esófago]], que é rectilíneo e se abre no [[estómago]], xusto por riba do bordo anterior do pé. Anexa ao estómago hai una [[glándula]] [[dixestión|dixestiva]], dividida en numerosos lóbulos.
 
Da cara posterior do estómago xorde o [[intestino]], a nivel do mcal se orixina un curto [[cego (anatomía)|cego]] no que se forma o ''talo cristalino''.
 
O intestino describe seis voltas e prolóngase nun [[recto]] rectilíneo e en posición medial, que remata no [[ano (anatomía)|ano]], situado no suco paleal, por detrás do pé.
 
==== Sistema muscular ====
Os músculos retractores do pé, moi desenvolvidos, están dispostos en oito pares distribuidos metamericamente. Os músculos bucais forman un complexo conxunto responsábel dos movementos do aparato radular e da farinxe. As [[fibra muscular|fibras musculares]] son [[músculo liso|lisas]], agás as dos músculos rotadores do aparato radular, que son [[músculo estriado|estriadas]].
 
==== Sistema nervioso ====
É moi parecido ao dos [[quitóns]]. Está formado por dous ''ganglios cerebroides'' unidos por dúas comisuras, unha cerebral e outra subcerebral. O ganglio cerbroide de cada lado continúase nun cordón nervioso lateral e nun cordón pedio. Os dosu cordóns laterais únense por detrás do pé, e os dous cordóns pedios reúnense na rexión posterior do pé. Os cordóns pedios únense entre si por unha soa comisura interpedia.
 
Existen células sensoriais na cara ventral. A ambos os lados do corpo están situados dous [[estatocisto]]s, incluídos no [[tecido conxuntivo]]. A presenza de estatocistos separa aos monoplacóforos dos poliplacóforos, netes que os acerca aos [[conchíferos]]. Temén son óganos sensoriais os tentáculos preorais; os seu nervios proceden directamente dos ganglios cerebroides.
 
==== Aparato circulatorio ====
É semellante ao dos poliplacóforos. O [[sangue]] circula por ''seos sanguíneos'' orixinados nos tecidos. Unicamente existen [[vaso sanguíneo|vasos]] nas proximidades do [[corazón]]. Este é par, situado a ambos os lados do recto, por debaixo do bordo posterior do pé, e está rodeado por un ''saco pericárdico''. Cara a adiante prolóngase por unha [[aorta|arteria aorta]], nun pincio par e que despois se fai impar debido á unión dos dous vasos, abríndose nos seos sanguíenos cefálicos. Existe tamén un seo periintestinal e outro que rodea os cordóns nerviosos pedios. O sanghe chega ao corazón conducido por dous seos laterais, que desembocan en dous pares de ''atrios'' ou [[aurícula cardíaca|aurícula]]s.
 
==== Aparato excretor ====
O aparato excretor está representado por seis ou oito pares de [[nefridio]]s que se abren nunha prega do palio, aos lados dos grandes músculos retractores do pé. O nefridio orixínase nunha especie de embude que se abre no celoma e se continúa por un canal que desemboca nun saco provisto de lóbulos cegos e que se abre ao exterior mediante un canal que desemboca no poro nefrídico (nefridióporo).
 
==== Aparato repodutor ====
Nos monoplacóforos os sexos están separados (son [[dioico]]s). As [[gónada]]s están situadas en posición ventral, situadas baixo o intestino, e por riba da parede do pé. Presentan un aspecto moito máis lobulado nos machos que nas femias. Os machos teñen dous pares de [[testículo]]s e, en correspondencia, dous pares de [[conduto deferente|condutos deferentes]], que se abren a nivel do 3º e o 4º nefriduios de cada lado. Non existen [[cópula|órganos copuladores]] nin glándulas accesorias. Nas femias existen probabelmente dous pares de [[ovario]]s e de [[oviduto]]s. Os [[gameto]]s saen a través dos gonóporos ao exterior, ons de produce a [[fecundación]].
 
== Taxonomía ==
=== Descrición ===
A mairoría dos [[autoridade|autores]] outóganlle a descrición da clase a Odhner, en [[1940]], de acordo co traballo de W. Wenz (1940): "Ursprung und frühe Stammesgeschichte der Gastropoden". ''Archiv für Molluskenkunde'' '''72''': 1-110.<ref name=W/> Porén, algúns atribúenlla a Knigth, en [[1952]].<ref>[http://fossilworks.org/bridge.pl?action=taxonInfo&is_real_user=1&taxon_no=57663 ''Monoplacophora'' Knight 1952] en [[Fossilworks]].</ref>
A mairoría dos [[autoridade|autores]]
 
=== Etimoloxía ===
O termo ''Monoplacophora'' está construído polos elementos do [[latín|latín científico]] ''mono-'', calco do [[grego antigo]] μονο- ''mono-'', de μόνος ''mónos'', 'só', 'único'; ''placho-'', tirado do grego antigo πλάξ ''pláx'', 'lámina', 'placa', e ''-phora'', forma plural de ''-phoro'', derivada do grego antigo φορός ''phorós'', 'o que leva'. Literalmente: 'os que teñen unha soa placa (cuncha)'.
 
=== Clasificación ===
Os monoplacóforos son un grupo pequeno que comprenda na acutalidade unhas 30 especies viviventes, distribuídas en 7 xéneros.
 
A clasificación, segundo o [[World Register of Marine Species]] é a seguinte:<ref name=W>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=415 ''Monoplacophora'' Odhner, 1940] no [[WoRMS]].</ref>
 
'''Clase ''Monoplacophora''''' Odhner, 1940
26.841

edicións