Franklin D. Roosevelt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Rearmamento.
Liña 158:
A súa política económica [[New Deal]] consistiu en estimular o gasto público mediante o investimento en infraestruturas; durante os seus primeiros anos de goberno executou todo tipo de proxectos como hidroeléctricas, estradas, escolas e en xeral todo tipo de obras públicas, modernizando de xeito significativo o país. Non hai ningunha proba de que o [[New Deal]] tivese eficacia na loita contra a crise, que perduró ata que Estados Unidos mobilizou a súa economía coa [[Segunda Guerra Mundial]].<ref>A. Kaspi, ''Franklin Roosevelt'', Fayard, 1988, p.337</ref><ref name="New Deal">{{cita web|url=http://www.essortment.com/all/fdrnewdealfra_rgst.htm|título=New Deal|editorial=www.essortment.com}}</ref> En cambio, o seu éxito é innegable no plano social. A política levada polo presidente Franklin D. Roosevelt cambiou o país mediante unha revolución, como el mesmo expresou: "si é unha revolución, é pacífica, levada a cabo sen violencia, sen o derrube do imperio da lei e sen a negación do dereito equitativo de todo individuo ou clase social" (palabras do mesmo Franklin D. Roosevelt escritas no seu libro "The test of our progress" chamado en galego "En Marcha")<ref name="Franklin Roosevelt">Libro "En Marcha" , Traducido al castellano por H.B.Rasmussen - editorial Tor, 1945, p.5</ref> Por outra banda, os programas do ''New Deal'' eran abertamente experimentais, manifestamente perfectibles,<ref name="fin">Eric Rauchway, ''The Great Depression and the New Deal'', Oxford Press; The New American Way, at home and around the World, p.130-1</ref> e, dados os custos deste proceso, poderíase preferir un programa de cambio máis completo. Con todo, o carácter imperfecto do ''[[New Deal]]'' permitiu unha crítica construtiva e unha reflexión máis pausada que abriu a vía a un melloramento da [[democracia]] estadounidense nos anos seguintes e que perdura ata a actualidade. En materia sindical, a adopción da ''[[National Labor Relations Act|Wagner Act]]'' permitiu facer dos sindicatos uns colectivos poderosos.
 
Durante o seu mandato potenciou a política exterior loitando por conseguir a primacía mundial estadounidense, establecendo relacións diplomáticas coa [[Unión Soviética]] en 1933. Como resposta á ameaza da [[Alemaña]] de [[Hitler]], puxo en marcha unha serie de medidas preventivas ([[rearmerearmamento]], [[economía de guerra]], aliñación coas potencias occidentais) que prepararon ao seu país para un posible enfrontamento armado.
 
Nos feitos, malia non participar na guerra directamente, estableceu un fluído abastecemento de armas de guerra para os seus aliados e, por contrapartida dereitamente impediu iguais condicións para coas [[Potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial|potencias do Eixe]], por exemplo o bloqueo de hidrocarburos cara a [[Xapón]].