Gustav Krupp: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Rearmamento.
Liña 8:
Obtivo grandes beneficios e foi duramente criticado no seu país por iso ao finalizar a guerra. Despois do [[Tratado de Versalles]], ningunha empresa alemá podía volver fabricar armamento, polo que Gustav reordeno a compañía e diversificou a fabricación para material pesado agrícola. No entanto, fabricou en segredo material militar -pezas de [[artillería]]- para [[Suecia]] e os [[Países Baixos]] a través de empresas subsidiarias. Na década dos 1930s, usando tamén empresas estranxeiras subsidiarias, iniciou a fabricación de [[carro de combate|carros de combate]] e [[submarino]]s.
 
Opúxose á chegada do [[nazismo]] ata que en [[1933]] os seus membros axudáronlle a desfacerse dos [[sindicato]]s nas empresas do grupo. Máis tarde asinou substanciosos contratos coa [[Alemaña nazi]] para o vertixinoso programa de rearmerearmamento emprendido por [[Hitler]]. Na [[Segunda Guerra Mundial]] mantivo nas súas empresas un gran número de escravos de distintos países ocupados e de [[campo de concentración|campos de concentración]], tendo ata industrias cerca do campo de concentración de [[Auschwitz]].
 
Os seus problemas de saúde a partir de [[1939]] leváronlle a unha parálise en 1941, entregando o funcionamento formal do negocio ao seu fillo Alfred Krupp en [[1943]]. Aínda que foi capturado para ser xulgado en [[Nuremberg]], a súa prostración e senilidade impediron o seu procesamento.