Assurbanipal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: 685-627 antes de Cristo. Rei de Asiria do ano 669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como '''Sardanápolo''' Fillo de Asarhaddon, sucedeul...
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
Fillo de [[Asarhaddon]], sucedeulle no trono. O seu irmán [[Shamash-shum-ukin]] foi rei subordinado en [[Babilonia]]. Assurbanipal derrotou ao imperio de [[Elam]], destruiu [[Susa]] (639) e volveu coa cabeza do seu rei Taharqa, que ao parecer se suicidara na batalla de [[Menfis]] ante a desesperación dos embaixadores deste (arrincándose a barba un e outro suicidándose). Realizou existosas campañas militares sobre [[Exipto]] ata a completa dominación do país. O seu irmán rebelouse coa axuda de [[caldeos]],[[amorreos]] e [[Guti]]. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión.
 
Durante o seu reinado froreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o periodo. Máis onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi ana biblioteca de [[Nínive]] con máis de 22.000 taboíñas de arxila con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais etc.) sistematicamente ordeadas.
 
O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun presas da mutua rivalidade conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.
 
[[category: personalidades históricas]]
 
[[en:Asurbanipal]]