CD45: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Protein PTPRC PDB 1ygr.png|miniatura|dereita|Modelo do PTPRC (baseado no PDB 1ygr).]]
O '''CD45''' ([[cluster de diferenciación|''cluster'' de diferenciación]]), chamado inicialmente '''antíxeno común leucocitario''', e chamado agora '''PTPRC''' (''Protein Tyrosine Phospatase, Receptor type, C'', proteína tirosina fosfatase, tipo receptor, C) é un [[encima]] que se encontra na superficie de células [[hematopoético|hematopoéticas]], que nos humanos está codificado no [[xene]] PTPRC do [[cromosoma 1]].<ref name="pmid2169617">{{Cita publicación periódica | author = Kaplan R, Morse B, Huebner K, ''et al'' | title = Cloning of three human tyrosine phosphatases reveals a multigene family of receptor-linked protein-tyrosine-phosphatases expressed in brain | journal = Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. | volume = 87 | issue = 18 | pages = 7000–4 | year = 1990 | pmid = 2169617 | pmc = 54670 | doi = 10.1073/pnas.87.18.7000| url = http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=2169617 | issn =}}</ref> <ref name="entrez">{{cite web | title = Entrez Gene: PTPRC protein tyrosine phosphatase, receptor type, C| url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?Db=gene&Cmd=ShowDetailView&TermToSearch=5788| accessdate = }}</ref>
 
== Función ==
 
A proteína codificada por este xene é un membro da familia da [[proteína tirosina fosfatase]] (PTP). As PTPs son moléculas de [[sinalización celular]] que regulan diversos procesos celulares como o crecemento celular, diferenciación, [[ciclo celular|ciclo mitótico]], e a transformación [[oncoxene|oncoxénica]]. A PTPRC contén un dominio extracelular, un só segmento transmembrana e dous tándem de dominios catalíticos intracitoplasmáticos, polo que pertence ás PTP de tipo receptor. Este xene exprésase especificamente en células hematopoéticas. Esta PTP é un regulador esencial da sinalización do receptor de antíxenos das células T e B ([[TCR]], [[BCR]])<ref>UniProt PTPRC [http://www.uniprot.org/uniprot/P08575 UniProt PTPRC]</ref>. Funciona por interacción directa con compoñentes dos complexos do receptor de antíxenos ou tamén activando varias [[quinase]]s da familia Src requiridas para a sinalización do receptor de antíxenos. Esta PTP tamén suprime as quinases JAK, e, deste modo, funciona como un regulador negativo da sinalización do receptor de citocinas. Informouse da existencia neste xene de catro variantes de [[transcrición xenética|transcrición]] de [[splicing alternativo]], que codifican distintas [[isoforma]]s.<ref name="entrez" />
 
O PTPRC é unha [[proteína transmembrana]] de tipo I que está presente en diferentes formas en todas as células [[hematopoético|hematopoéticas]] diferenciadas agás os [[eritrocito]]s e [[célula plasmática|células plasmáticas]] que axuda na activación desas células (unha forma de [[coestimulación]]). [[Expresión xénica|Exprésase]] en [[linfoma]]s, [[célula B|células B]] [[leucemia linfocítica crónica]], [[tricoleucemia]], e [[leucemia non linfocítica aguda]]. Os [[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]] para o CD45 utilízanse rutinariamente en [[inmunohistoquímica]] para diferenciar nas preparacións histolóxicas os [[linfoma]]s dos [[carcinoma]]s.<ref name=Leong>{{Cita libro|author=Leong, Anthony S-Y|author2=Cooper, Kumarason|author3=Leong, F Joel W-M|year=2003|title=Manual of Diagnostic Cytology|edition=2|publisher=Greenwich Medical Media, Ltd.|pages=121–124|isbn=1-84110-100-1}}</ref>
Liña 14:
As isoformas de CD45 son: CD45RA, CD45RB, CD45RC, CD45RAB, CD45RAC, CD45RBC, CD45R0, CD45R (ABC).
A isoforma CD45RA encóntrase en células T virxes, e a CD45R0 en células T de memoria.
O CD45 está tamén moi [[glicosilación|glicosilado]]. O CD45R é a máis longa destas proteínas e ten 200 [[dalton (unidade)|kDa]] cando se illa das células T. As células B tamén expresan o CD45R cunha forte glicosilación, polo que o peso molecular chega a 220 kDa, de aí que se lle chame B220 ou isoforma de 220 kDa de células B. A expresión de B220 non está restrinxida ás células B e pode tamén expresarse nas células T activadas, nun subconxunto de [[célula dendrítica|células dendríticas]] e outras [[célula presentadora de antíxenos|células presentadoras de antíxenos]].
 
Os linfocitos T virxes expresan grandes isoformas de CD45 e son xeralmente positivas para o CD45RA. Os linfocitos T de memoria e os activados expresan a isoforma máis curta de CD45, CD45R0, que carece dos exóns RA, RB e RC. Esta isoforma tan curta facilita a activación das células T.