Ramón Pérez de Ayala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: it:Ramón Pérez de Ayala
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Ramón Pérez de Ayala''' ([[Oviedo]], [[9 de agosto]] [[1881]] - [[Madrid]], [[5 de agosto]] [[1962]]) foi un escritor e xornalista español.
 
Fillo dun comerciante téxtil que na súa mocidade estivera en [[Cuba]], perdeu á súa nai na súa primeira infancia e sempre se resentiu deste acontecemento, padecendo soidade e miserias afectivas derivadas, ademais de estar a maior parte do tempo como interno nos colexios da [[Compañía de Xesús]] de [[Carrión de los Condes]] e de [[Xixón]]. Iso reportoulle un gran caudal de coñecementos humanísticos, debidos en parte ao único profesor co que simpatizou, o grande erudito Julio Cejador y Frauca, naquel momento incómodo hóspede nunha orde que non tardaría en abandonar. O [[anticlericalismo]] que lle inspirou a educación xesuítica quedou plasmado na súa novela autobiográfica [[A.M.D.G.|AMDG]] (1910), título que fai alusión ao lema da Compañía de Xesús ''Ad maiorem Dei gloriam''. Despois do seu paso polos colexios relixiosos estudou dereito en Oviedo baixo a protección de [[Leopoldo Alas]], "Clarín". Alí entrou en contacto cos pensadores do [[krausismo]], entre eles Rafael Altamira, Posada e outros. Dispuxo da excelente biblioteca do marqués de Valero de Urría. Atráelle tanto o Rexeneracionismo dos seus mentores como o decadentismo estético da Europa de preguerra. Aborrece do conservadurismo burgués da cidade de Oviedo, que na súa obra aparece baixo o nome de "Pilares". O ovetense Pedro González Blanco púxoo en contacto cos modernistas: [[Jacinto Benavente]], [[Francisco Villaespesa]], [[Gregorio Martínez Sierra]], [[Juan Ramón Jiménez]], [[Ramón María del Valle-Inclán]] e José Martínez Ruiz, "[[Azorín]]". En 1902 ''El Progreso de Asturias'' imprimiu por entregas a súa primeira novela, ''Trece dioses. Fragmentos de las memorias de Florencio Flórez'', moi na órbita decadentista do Valle-Inclán das ''Sonatas''. En 1903 fundou cos irmáns Martínez Sierra [[Helios. Revista del Modernismo]]. A partir de 1904 empeza a colaborar en ''El Imparcial'' e ''ABC'', e marcha a ''Londres'' en 1907 para fuxir do escándalo provinciano que se forma coa publicación da súa novela ''Tinieblas en las cumbres''; alí mantense coa axuda do seu pai e unha corresponsalía xornalística. En 1908 sabe da ruína e suicidio do seu pai. Comparte ideas radicais co seu amigo Azorín, ao que serviu de "negro", como López Pinillos, cando este se sumiu nunha crise depresiva. Viaxou por [[Francia]], [[Italia]], [[Inglaterra]], [[Alemaña]] e os [[Estados Unidos]] e foi correspondente de guerra durante a [[Primeira Guerra Mundial]] para ''La Prensa'' de [[Bos Aires]]. Da súa visita aos campos de batalla xurdiu a súa obra ''Hermann encadenado'' (1917). En 1927 obtén o Premio Nacional de Literatura. En 1928 é elixido membro da Real Academia Española. En 1931, con [[José Ortega y Gasset]] e [[Gregorio Marañón]], asina o manifesto «Ao servizo da República». O réxime republicano encárgalle a dirección do [[Museo do Prado]]. En 1932 é nomeado embaixador en Londres, cargo do que dimite en 1936, descontento do rumbo político que impoñía a [[Fronte Popular]]. Volve a España. Ao iniciarse a [[Guerra Civil española]] toma partido polo bando nacional, envía aos seus dous fillos como voluntarios ao exército nacional e abandona Madrid. Nunha «carta aberta» publicada o [[10 de xuño]] de [[1938]] no diario londinense ''The Times'' explica a súa actitude. Vive en [[París]] e [[Biarritz]] e máis tarde en Bos Aires onde recibe o seu soldo de funcionario a través da embaixada española. Visita varias veces España e en 1954 regresa para quedarse definitivamente e faleceu en Madrid en 1962.
 
[[Category:Escritores en lingua castelá]]