Gemini 4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
| número de voo =
| sitio de lanzamento = [[Centro Espacial de Cabo Cañaveral]], rampla LC-19<ref name=NSSDC>{{Cita web|url= http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1965-043A|título= Gemini 4|dataacceso=17 de febreiro de 2013|autor= NASA|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= 14 de maio de 2012|ano= |mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| duración da misión = 4,08 días (97 horas, 56 minutos e 12 segundos)<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=NSSDCastronautix/>
| obxectivo da misión = Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.<ref name=NSSDC/>
| decaemento = 7 de xuño de 1965<ref name=n2yo/>
Liña 26:
| COSPAR ID =
| web =
| masa = 3574,0 kg<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix>{{Cita web|url= http://www.astronautix.com/flights/gemini4.htm|título= Gemini 4|dataacceso=17 de febreiro de 2013|autor= Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=|ano= 2011|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref><ref name=NSSDC/>
| dimensións =
| potencia =
Liña 45:
| coordenadas da aterraxe =
}}
'''Gemini 4''' foi a segunda misión tripulada do [[programa Gemini]]. A tripulación estaba formada por [[James A. McDivitt]] e [[Edward H. White II]], sendo a tripulación de respaldo [[Frank Borman]] e [[James Lovell]].<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
== Desenvolvemento da misión ==
Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini e durante a cal tivo lugar o primeiro [[paseo espacial]] dun [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Os obxectivos da misión, a parte de realizar a camiñata espacial, foron demostrar a capacidade das cápsulas Gemini e adquirir experiencia na xestión de voos espaciais de longa duración. Como obxectivos secundarios atopábanse facer manobras de [[cita espacial]], a realización de once [[experimento]]s, avaliar os sistemas da cápsula, demostrar a capacidade para facer diversas manobras e o uso do sistema de manobra orbital como respaldo do sistema de reentrada.<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
Gemini 4 foi lanzada o [[3 de xuño]] de [[1965]] ás 15:15:59,562 [[UTC]] (10:15:59 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,3 &nbsp;km de [[perixeo]] e 282,1 &nbsp;km de [[apoxeo]]. Durante a primeira órbita manobrouse para aumentala a unha de 166 x 290 &nbsp;km e intentar unha cita espacial coa segunda etapa do [[Foguete espacial1foguete]] lanzador. A manobra de cita orbital cancelouse ao principio da segunda órbita tras comprobarse que se usara o 42% do propelente dispoñible, comprometendo o resto de obxectivos da misión. Tras a cancelación tivo lugar o comezo da primeira camiñata espacial levada a cabo por un estadounidense. Ed White presurizou o seu [[traxe espacial]] e despresurizou a cabina ás 14:33:35 EST, abrindo o zapón da cápsula ás 14:34. O astronauta saiu dous minutos máis tarde levando consigo unha pistola de gas para manobrar no baleiro e atado cun cable de 8 metros de lonxitude. O gas da pistola acabouse en tres minutos, co que White uso o cable e movementos do seu corpo para manobrar arredor da nave. O paseo durou 23 minutos, despois dos cales White volveu á cabina. Tras entrar, os astronautas atoparon dificultades para pechar o zapón, que só conseguiron pechar ás 15:10 EST tras traballar conxuntamente, represurizando a cabina ás 15:12:50.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
[[Ficheiro:Astronaut Edward White first American spacewalk Gemini 4.jpg|miniatura|Ed White durante o primeiro paseo espacial dun estadounidense.]]
Para aforrar propelente, durante as seguintes 30 horas os astronautas non usaron o sistema de propulsión. Durante a órbita 48 un problema co [[ordenador]] de a bordo fixo imposible a reentrada atmosférica controlada por ordenador que fora planeada. No seu lugar, durante a órbita 62 e ás 11:56:00 EST, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para unha reentrada balística, sen o uso da capacidade sustentadora da cápsula. A Gemini 4 amerizou ás 12:12:11 EST no [[Océano Atlántico|Atlántico]] occidental, a 27,73° N e 74,18° O, a 81 &nbsp;km do punto de amerizaxe previsto. O tempo total de misión foi de 97 horas, 56 minutos e 12 segundos. A tripulación foi recollida por un [[helicóptero]] e levados ó [[U.S.S. Wasp]] ás 13:09. A cápsula foi recuperada ás 14:28.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
 
== Notas ==