Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 32:
Unha versión producida en masa do LKA foi deseñada por un equipo formado por [[Daimler-Benz]], [[Henschel]], [[Krupp]], [[MAN]] e [[Rheinmetall]], cambiando a casamata pur unha torreta rotatoria. Esta versión foi aceptada en servizo despois de ser probada en [[1934]]<ref>Perett, German Light Panzers, p. 4</ref>. Aínda que eses carros foron referidos como La S e LKA despois do inicio da produción, a súa desinación oficial, asignada en [[1938]], foi ''Panzerkampfwagen I Ausführung. A'' ('modelo A' ou, máis exactamente, 'lote A')<ref>Franco, Panzer I, pp. 5–6</ref>. Os primeiros 15 carros, producidos entre febreiro e marzo de [[1934]], non incluían a torreta rotatoria e foron usados para adestramento de tripulacións<ref>Franco, Panzer I, p.6</ref>. Tras estes, a produción cambiouse á versión de combate do carro. O Ausf. A estaba moi pouco blindado, tendo unha placa de aceiro de só 13 milímetros na súa parte máis grosa. O vehículo tiña varios defectos de deseño, como problemas de suspensión que facían que o carro cabecease a altas velocidades, e sobrequencemento do motor<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 10</ref>. O condutor estaba posicionado dentro do chasis e usaba pancas de dirección convencionais para controlar o carro, mentres que o comandante estaba situado na torreta onde tamén actuaba de artilleiro. Os dous tripulantes podían comunicarse por medio dun tubo de voz<ref>Perrett, German Light Panzers, pp.5–6</ref>. A munición da metralladora estaba almacenada en cinco arcóns, que contiñan varios cargadores de 25 proxectís. O autor Lucas Molina Franco suxire que se fabricaron 833 Panzerkampfwagen I Ausf. A en total<ref>Franco, Panzer I, p. 10</ref>, mentres que autores como Bryan Perrett di que foron 300<ref name=PerrettPanzers6>Perrett, ''German Light Panzers'', p. 6</ref> e Terry Gander 818 unidades<ref name="Gander, Tanks & Armour, p. 11">Gander, ''Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II'', p. 11</ref>.
 
Moitos dos problemas no Ausf. A foron corrixidos coa aparición do Ausf. B. O motor foi substituído Maybach NL 38 TR de 98 cabalos, cos seis cilindros e refrixerado por auga, e a caixa de cambios cambiouse por un modelo máis fiable. O motor máis grande precisaba que se aumentase o chasis 40 &nbsp;cm, e isto permitíu mellorar a suspensión do vehículo, engadíndolle unha roda adicional e elevando o tensor<ref>Franco, Panzer I, pp. 21–21.</ref>. O peso do carro incrementouse en 0,4 toneladas. A fabricación do Ausf. B iniciouse en agosto de [[1935]] e rematou a principios de [[1937]]. Franco escrbíu que se fabricaron 840 unidades<ref>Franco, Panzer I, p. 22</ref>, pero destaca que só 675 destes foron modelos de combate<ref>Franco, Panzer I, p. 34</ref>, mentres que Perrett fala dun total de 1.500 (compensando o baixo número de Ausf. A que propuxo)<ref name=PerrettPanzers6 /> e Gander dun total de 675<ref name="Gander, Tanks & Armour, p. 11"/>.
 
=== Carros irmáns ===
Foron deseñadas e producidas dúas versións máis de combate do Panzer I entre [[1939]] e [[1942]]. Nesta etapa o conceto do deseño fora substituído polo dos carros medios e pesados, e non se fabricara ningunha variante en número suficiente como para ter un impacto real no progreso da guerra. Estes novos carros de combate non tiñan nada en común nin co Ausf. A e co B, agás polo seu nome<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 14</ref>. Un destes, o Panzer I Ausf. C, foi deseñado entre [[Krauss-Maffei]] e [[Daimler-Benz]] en [[1939]] para proporcionar un carror lixeiro de recoñecemento ben blindado e armado. O Ausf. C contaba cun chasis e unha torreta completamente novos, unha suspensión de barra de torsión moderna e cinco rodas intercaladas<ref>Franco, Panzer I, pp. 37–38</ref>. Tamén tiña unha bindaxe máxima de 30 milímetros, máis do dobre que o Ausf. A ou B, e estaba armado cun semi-autocanón EW 141 de 20 &nbsp;mm, cun tambor de 50 proxectís. Fabricáronse corenta destes carros, cinto con sei prototipos. Dous vehículos despregáronse coa 1ª División Panzer en [[1943]], e os outros 38 co LVIII Corpo de Reserva Panzer durante o [[desembarco de Normandía]]<ref>Franco, Panzer I, p. 38</ref>.
 
O segundo vehículo, o Ausf. F, era tan distinto do Ausf. C como o foi tamén dos Ausf. A e B. Coa intención de ser un carro de combate de apoio á infantería, o Panzer I Ausf. F tiña unha bindaxe máxima de 80 milímetros e un peso entre as 18 e as 21 toneladas<ref>Perrett, German Light Panzers, pp. 6–7. Perrett fala dun peso de 18 toneladas, aínda que Franco di que pesaba 21.</ref>. O Ausf. F estaba armado con dúas MG-34 de 7,92 &nbsp;mm. Fabricáronse 30 unidades en [[1940]], e unha segunda orde de 100 foi posteriormente cancelada. Para compensar o incremento de peso usouse un novo motor de 150 cabalos Maybach HL45 Otto, permitíndolle unha velocidade máxima en estrada de 25 quilómetros por hora. Oito dos trinta carros fabricados foron enviados á 1ª División Panzer en [[1943]] e combateron na [[batalla do Kursk]]. O resto foron entregados a varias escolas do exército para adestramento e avaliación<ref>Franco, Panzer I, pp. 38–39</ref>.
 
== Variantes ==
Entre [[1934]] e mediados dos anos 40 deseñáronse distintas variantes do Panzer I, especialmente durante os últimos anos da súa historia operacional. Debido a que era un modelo obsoleto dende a súa introdución, incapaz de derrotar armaduras dos carros inimigos, e superado polos vehículos alemáns máis recentes, os chasis do Panzer I foron cada vez máis reutilizados como [[cazacarros]] e outras variantes. Unha das máis coñecidas foi o [[SdKfz 265 Panzerbefehlswagen|kleiner Panzerbefehlswagen]] ("pequeno vehículo de mando blindado"), dos que se fabricaron 200 a partir dos chásis Ausf. A e Ausf. B. O chasis Ausf. B tamén fo usado para construír o primeiro cazacarros do exército alemán con orugas, o [[Panzerjäger I]]. Este vehículo foi armado cun canón anti-tanque checo de 47 &nbsp;mm.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
[[Categoría:Carros de combate de Alemaña]]