Diferenzas entre revisións de «Célula presentadora de antíxenos»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
As células presentadoras de antíxenos divídense xeralmente en dous grupos: as células presentadoras "profesionais" e as "non profesionais". Considéranse "profesionais" as que expresan de forma constitutiva as moléculas do [[MHC de clase II]].
 
As células T non poden recoñecer os antíxenos libres, e, por tanto, non poden responder a eles. As células T só poden detectar antíxenos que foron primeiro procesados e despois presentados na superficie de células unidos a moléculas portadoras como as do [[MHC]] e [[CD1]]. A maioría das células do corpo poden presentar antíxenos ás células T CD8<sup>+</sup> por medio das moléculas MHC de clase I e, así, actúan como células presentadoras; porén, o termo "célula presentadora" a miúdo limítase ás células especializadas que poden cebar ás células T (é dicir, activar unha célula T que non foi exposta a un antíxeno, denominada ''[[célula T virxe]]''). Estas células, en xeral, expresan moléculas do [[MHC de clase II]] e do [[MHC de clase I]], coas que poden estimular, respectivamente, ás [[célula T axudante|células CD4<sup>+</sup> ("axudantes")]] e ás [[célula T citotóxica|células CD8<sup>+</sup> ("citotóxicas")]].
 
Case todas as células nucleadas expresan os receptores MHC de clase I, incluíndo as células presentadoras profesionais. Se un [[virus]] infecta a un [[macrófago]] ou [[célula dendrítica]], promoverá a súa propia destrución por medio de células T citotóxicas, xa que o antíxeno será presentado unido ao [[MHC-I]]. Pero hai un segundo mecanismo para a loita contra virus: as células dendríticas poden inxerir virus por [[pinocitose]] e, por tanto, activan a [[inmunidade adaptativa|resposta inmune adaptativa]] para producir [[anticorpo]]s contra o virus presentando o antíxeno por medio dos receptores [[MHC-II]].
* [[Célula dendrítica|Células dendríticas]]. Son as que teñen o rango máis amplo para a presentación de antíxenos, e son probablemente as células presentadoras máis importantes. As células dendríticas activadas son activadores especialmente potentes das células T<sub>H</sub> porque expresan moléculas coestimuladoras como [[B7 (proteína)|B7]] e poden formar o complexo-[[ligando]] [[CD40]]:[[CD40L]].<ref>E Reyes Martín, J Monserrat Sanz, E San Antonio Sánchez, A Prieto Martín. Conexiones entre la inmunidad natural y las respuestas inmunes adquiridas. ''Medicine''. Volumen 08 - Número 26. [http://db.doyma.es/cgi-bin/wdbcgi.exe/doyma/mrevista.go_fulltext_o_resumen?esadmin=si&pident=14122]</ref> As [[célula de Langerhans|células de Langerhans]] son un tipo de célula dendrítica da pel e mucosas con actividade presentadora de antíxenos.<ref>José Peña Martínez. Inmunología. (1994). Pirámide. Páxina 174. ISBN 84-368-0828-2.</ref>
* [[Macrófago]]s. Son potentes [[fagocito]]s, polo que principalmente presentan antíxenos procesados de [[bacteria]]s e [[parasito]]s. Teñen a peculiaridade de produciren receptores coestimuladores para linfocitos T cando entran en contacto co [[lipopolisacárido]] de certas bacterias. Poden tamén producir a interacción de CD40 co seu ligando CD40L.
* [[célula B|Células B]]. Recoñecen antíxenos por medio do seu principal receptor, a [[inmunoglobulina]] de membrana [[BCR]]. Nalgúns casos fagocitan o complexo antíxeno:BCR e presentan despois o antíxeno a [[linfocito T axudante|linfocitos T axudantes]] unido ao MHC de clase II.<ref>Universidad de Córdoba - Procesamiento de antígenos. [http://www.uco.es/grupos/inmunologia-molecular/inmunologia/tema06/etexto06.htm Universidad de Córdoba - Procesamiento de antígenos]</ref> Son sensibles á estimulación por [[citocina]]s, como a [[IL-4]].
* Certas [[célula epitelial|células epiteliais]] activadas.
 
 
== Interacción coas células T ==
Despois de que as células presentadoras de antíxenos fagocitaron os patóxenos, xeralmente migran pola vasta rede de [[vaso linfático|vasos linfáticos]] e son transportados polo fluxo linfático aos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]]. Os ganglios linfáticos son o lugar onde se acumulan as células presentadoras de antíxenos como as [[célula dendrítica|células dendríticas]] e alí poden interaccionar coas células T. Fano por [[quimiotaxe]], a cal implica a interacción con [[quimiocina]]s que se expresan na superficie de células (por exemplo, [[célula endotelial|células endoteliais]] das grandes vénulas endoteliais) ou que foron liberadas como mensaxeiros químicos para atraer ás células presentadoras cara aos ganglios linfáticos. Durante a migración, as células dendríticas sofren un proceso de maduración; en esencia, perden a maioría da súa capacidade de seguir [[fagocitose|fagocitando]] patóxenos, e desenvolven unha crecente capacidade de comunicarse coas células T. Os [[encima]]s que hai dentro da célula dixiren o patóxeno fagocitado en pequenos cachos que conteñen os [[epitopo]]s, os cales son despois presentados ás células T utilizando as moléculas do [[MHC]].
 
Investigacións recentes indican que só son presentados certos patóxenos porque son inmunodominantes, parece que debido á súa gran afinidade para unirse ás moléculas do MHC. Esta afinidade de unión máis forte permite que o complexo permaneza cineticamente estable tempo dabondo como para ser recoñecido polas células T.
 
{{Sistema inmunitario linfocítico}}
 
 
 
[[Categoría:Inmunoloxía]]
389.261

edicións