MHC de clase II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
As proteínas do '''MHC de clase II''' (do inglés ''major histocompatibility complex''), tamén chamadas '''CMH de clase II''' (de ''complexo maior de histocompatibilidade'') son un dos dous grandes tipos de proteínas da superficie da [[membrana plasmática]] con función inmunitaria do [[complexo maior de histocompatibilidade]] (as outras son as de [[MHC de clase I|clase I]]), que se encontran só nas chamadas [[célula presentadora do antíxeno|células presentadoras do antíxeno]] e nos [[linfocito]]s (a súa expresión pode ser inducida tamén noutras células). A súa función é facer a [[presentación do antíxeno]] aos [[linfocito T axudante|linfocitos T axudantes]] (Th)<ref>Schafer PH, Pierce SK, Jardetzky TS. The structure of MHC class II: a role for dimer of dimers. Semin Immunol. 1995 Dec;7(6):389-98. PMID 8775464. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/8775464]</ref>.
 
Os antíxenos presentados polo MHC de clase II son [[péptido]]s que derivan de proteínas extracelulares que se introducen na célula (e non de proteínas [[citosol|citosólicas]] como as presentadas polo MHC I); polo que a ruta de presentación de antíxenos dependente do MHC II denomínase ''ruta endocítica'' ou ''ruta exóxena''.
 
A carga das proteínas do MHC de clase II co péptido ten lugar por [[fagocitose]]. As proteínas extracelulares son [[endocitose|endocitadas]], dixeridas nun [[lisosoma]], e unidas ás moléculas do MHC de clase II antes da migración da molécula á membrana plasmática. Durante a presentación do antíxeno o complexo MHC II-péptido interacción co [[receptor de células T]] do linfocito e lateralmente co correceptor [[CD4]] linfocitario.
 
== Estrutura da proteína ==
Igual que as moléculas do [[MHC de clase I]], as de clase II son tamén [[heterodímero]]s <ref>Structure of MHC proteins [http://nfs.unipv.it/nfs/minf/dispense/immunology/lectures/files/structure_mhc.html Structure of MHC proteins]</ref>. Neste caso consisten en dous péptidos similares e case do mesmo tamaño chamados cadeas α e β, ambos os dous codificados nos xenes MHC (no [[cromosoma 6]] en humanos).<ref name=Histocomp>Narinder K Mehra. Histocompatibility Antigens. All India Institute of Medical Sciences, New Delhi, India [http://web.udl.es/usuaris/e4650869/docencia/segoncicle/genclin98/recursos_classe_(pdf)/revisionsPDF/HLA.pdf]</ref> Trátase de [[glicoproteína]]s con [[carbohidrato]]s unidos. Os dominios de que constan denomínanse α1, α2, β1 e β2, que están codificados no [[xene]] [[antíxeno leucocitario humano|HLA]]; cada un dos dominios está xeralmente codificado nun [[exón]] diferente dentro do xene, e algúns xenes teñen ademais outros dominios que codifican as secuencias líder, secuencias transmembrana etc.
 
Os dominios α1 e β1 forman o suco de unión para o péptido que se vai "presentar". Como o suco de unión ao antíxeno das moléculas MHC de clase II está aberto en ambos os extremos (o da clase I está pechado nos extremos), os antíxenos presentados polas moléculas do MHC de clase II son máis grandes ca os presentados polo MHC I, e xeralmente teñen unha lonxitude de entre 15 e 24 [[aminoácido]]s.
Liña 18:
 
== Síntese ==
Durante a síntese das moléculas MHC de clase II no [[retículo endoplasmático]], prodúcense as cadeas α e β e forman un complexo cun polipéptido especial chamado [[cadea invariante]]. A proteína MHC II nacente no retículo endoplasmático rugoso ten o seu suco de unión ao péptido bloqueado pola mencionada cadea invariante (en conxunto forman un trímero) para impedir que se una a péptidos celulares ou péptidos da ruta endóxena (como os que son cargados nas moléculas [[MHC de clase I]]).
 
A cadea invariante tamén facilita a exportación das MHC de clase II desde o retículo endoplasmático ao [[aparato de Golgi]], seguido da fusión cun [[endosoma]] tardío que contén proteínas degradadas [[endocitose|endocitadas]]. A cadea invariante despois degrádase en varias fases pola acción de [[protease]]s chamadas [[catepsina]]s, que deixan só un pequeno fragmento coñecido como [[CLIP (proteína)|CLIP]], o cal mantén o bloqueo do suco de unión ao péptido da molécula de MHC II. A [[HLA-DM]], que ten unha estrutura do tipo MHC II, facilita a eliminación da e permite a unión de péptidos con maiores afinidades. A molécula MHC II estable é despois enviada á superficie celular para a presentación do antíxeno.