Holofilético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios using AWB
 
Liña 1:
En [[taxonomía]] (a ciencia biolóxica da clasificación dos [[ser vivo|seres vivos]]), dise que un [[taxon]] é '''holofilético''' cando inclúe non só ao antepasado común dos seus membros, senón a todos os seus descendentes. Esta situación denomínase '''holofilia''' (do [[lingua grega|grego]] ὅλος ''hólos'', "todo", "enteiro", e φυλή ''phylé'', "tribo", "grupo de individuos"). Grupo holofilético é sinónimo de '''[[clado]]'''.
 
Todos os taxónomos rexeitan o uso de grupos [[polifilético]]s na clasificación, pero aqueles que aproban o uso de grupos [[parafilético]]s, consideran que tanto estes como os holofiléticos deben ser considerados [[monofilético]]s.
 
Porén, outros especialistas, seguidores da escola [[clado|cladista]], consideran que só os grupos holofiléticos son realmente monofiléticos, e definen a [[monofilia]] en consecuencia. Así, propoñen o termo holofilético para substituír, de forma semanticamente correcta, ao termo monofilético en [[cladística]] (que difire do uso que se fai na [[sistemática|sistemática evolutiva]]).<ref name="Ashlock1971">{{Cita publicación periódica
Liña 13:
 
Porén, o termo holofilético non gañou unha ampla aceptación na [[comunidade científica]] probabelmente porque o termo ''monofilético'' úsase amplamente co mesmo significado.
 
 
== Notas ==