Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Infancia e mocidade: ligazón a fascismo
m Arranxiño
Liña 41:
Nada en [[Ixelles]], un distrito de [[Bruxelas]], Hepburn pasou a súa infancia entre [[Bélxica]], [[Inglaterra]] e os [[Países Baixos]], incluíndo a [[Arnhem]] que estivo ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. En [[Ámsterdam]], estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con [[Marie Rambert]] e traballar como corista nas producións musicais de West End.
 
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, ''Gigi'', Hepburn interpretou o papel principal de ''[[Vacacións en Roma|Roman Holiday]]'' (1953), o cal valeulle un [[Oscar á mellor actriz]]. Máis tarde actuando en películas de éxito como ''[[Sabrina (1954)|Sabrina]]'' (1954), ''[[Historia dunha monxa (película)|The Nun's Story]]'' (1959), ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961), ''[[Charada|Charade]]'' (1963), ''[[My Fair Lady (película de 1964)|My Fair Lady]]'' (1964) e ''[[Wait Until Dark]]'' (1967), Hepburn recibiu nominaciónsnomeacións aos premios Oscar, [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] e [[Premios BAFTA|BAFTA]] e devindicou un [[Premios Tony|premio Tony]] pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, ''[[Ondina (obra de teatro)|Ondina]]''. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: ''Roman Holiday'' en 1954.
 
Apareceu en menos películas a medida que a súa vida seguiu, dedicando gran parte da súa vida posterior a [[Unicef]]. Malia contribuír coa organización desde 1954, traballou nalgunhas das comunidades máis profundamente desfavorecidas de África, América do Sur e Asia entre 1988 e 1992. Foi galardonada coa [[Medalla Presidencial da Liberdade]] en recoñecemento ao seu labor como [[Embaixadores de boa vontade de Unicef|Embaixadora de Boa Vontade de Unicef]] a finais de 1992. Un mes máis tarde, Hepburn morreu de cancro apendicular na súa casa en Suíza a principios de 1993 á idade de 63 anos.<ref>{{cita libro|apelidos=de Givenchy|nome=Hubert|título=Audrey Hepburn|editor=Pavilion|localización=Londres|ano=2007|isbn=978-1-86205-775-3|páxina=19}}</ref><ref>{{cita libro|apelidos=Ferrer|nome=Sean|título=Audrey Hepburn, an Elegant Spirit|editor=Atria|localización=Nova York|ano=2005|isbn=978-0-671-02479-6|páxina=148}}</ref><ref name=barryparis>{{cita libro|apelidos=Paris|nome=Barry|título=Audrey Hepburn|editor=Berkley Trade|ano=2001|isbn=978-0-425-18212-3}}</ref>