European Remote Sensing Satellite 2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 45:
| coordenadas da aterraxe =
}}
'''European Remote Sensing Satellite 2''' (''ERS 2'') foi un [[satélite artificial]] da [[Axencia Espacial Europea]] lanzado o 21 de abril de 1995 mediante un foguete [[Ariane 4]] desde o [[Centro Espacial de Kourou]], na [[Güiana Francesa - Guyane française|Güiana Francesa]].<ref name=NSSDC/><ref name=gunterNSSDC/><ref name=astronautixgunter/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
== Características ==
ERS 2 foi o sucesor de [[European Remote Sensing Satellite 1|ERS 1]]. Estaba adicado á observación terrestre para o estudo dos [[océano]]s, as capas polares e as [[Costa (xeografía)|rexións costeiras]]. Proporcionou medidas sistemáticas e continuas da velocidade do [[vento]] e a súa dirección, da altura das [[Onda (mar)|ondas]], das alturas superficiais, da [[temperatura]], da [[Nube|cuberta nubosa]] e dos niveis de [[vapor de auga]] na [[atmosfera]]. Construíuse basándose no bus dos satélites [[Francia|franceses]] [[SPOT (satélite)|SPOT]].<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=gunter/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
O satélite tiña o seu centro de control en [[Darmstadt]] ([[Alemaña]]), cun gran número de estacións terrestres participando no seguimento e a recollida de datos.<ref name=astronautix/>
 
ERS solapou a súa misión durante uns meses coa de ERS 1, proporcionando un valor engadido en forma de obtención simultánea de datos. Posteriormente, en 2002, se lanzou o que se considera como heredeiro de ámbolos dous ERS, o [[Envisat 1]]. ERS 2 foi posto fora de servizo en xullo de 2011<ref name=astronautixgunter/><ref name=gunterastronautix/>
 
== A nave ==
ERS 2 estabilizábase nos tres [[Sistema de coordenadas|eixos]], cunha precisión no apuntado de 0,11 [[Grao sexaxesimal|graos]] en [[cabeceo]] e [[rolamento]], e de 0,21 graos en [[guiñada]]. A enerxía proporcionábaa un único [[panel solar]] de 11,7 m de longo e 2,4 m de ancho cunha [[potencia]] máxima de saída de 2600 [[vatio]]s que alimentaba un conxunto de [[Batería (electricidade)|baterías]] de [[níquel]]-[[cadmio]] cunha capacidade de almacenamento de 2,65 [[Quilovatio hora|kWh]]. A [[antena]] do SAR medía 10 m de longo por 1 m de ancho. As comunicacións tiñan lugar en [[banda S]] a 2 [[bps|kbps]] e en [[banda X]] a 105 Mbps ou 15 Mbps. O sistema de almacenamento de datos de a bordo consistía nunha cinta magnética capaz de almacenar ata 6,5 [[Bit|Gbits]] de datos. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores alimentados con [[hidracina]], mentres que a orientación era proporcionada por sensores solares e de horizonte e por [[xiroscopio]]s.<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
== Instrumentos ==
ERS 2 levaba a bordo seis instrumentos principais:<ref name=astronautixNSSDC/><ref name=gunter/><ref name=NSSDCastronautix/>
 
* AMI (Active Microwave Instrument): incluía o radar de apertura sintética, o [[dispersómetro de ondas]] e o [[dispersómetro de vento]]. O SAR podía funcionar en dous modos: o modo de obtención de imaxes rexistraba longas franxas de terreo sobre océanos, polos, costas e terra; o modo de ondas obtiña datos en cadrados de 5 x 5 &nbsp;km de maneira regular sobre o océano para derivar a dirección e altura das ondas. O dispersómetro de vento usaba tres antenas para medir a forza e dirección do vento na superficie do mar.
* Altímetro Radar (RA): proporcionaba medicións precisas da elevación da superficie do mar, altura das ondas, parámetros do [[xeo]] e unha estimación da velocidade do vento en superficie.
* [[Radiómetro]] e sondeador de exploración (ASTR-M): medía a temperatura superficial do mar e da cima da cuberta de nubes, así como o contido de vapor de auga da atmosfera, mediante o uso dun radiómetro [[infravermello]] e un sondeador de [[microondas]].