Cristianismo celta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
O '''cristianismo celta''' (tamén chamado '''Igrexa celta''') refírese en liñas xerais ás prácticas cristiás da [[Alta Idade Media]] desenvolvidas nas [[illas Británicas]] durante a [[Britania posromana|última fase da dominación romana]] en torno ás áreas costeiras do [[Mar de Irlanda]]. A progresiva retirada das [[Lexión romana|lexións romanas]] e a subseguinte [[Invasión anglosaxoa de Gran Bretaña]] reduciron o contacto entre os cristiáns [[celta]]s e [[bretóns]] das illas e os do continente. O illamento favoreceu a aparición de prácticas relixiosas diferenciadas, sobre todo en [[Irlanda]], dende onde pasaron posteriormente a [[Gran Bretaña]], grazas á labor de misioneiros como [[Columba de Iona]] e de [[Aidan]], entre outros.
 
Algunhas veces, o termo "Cristianismo celta" emprégase tamén para describir as prácticas cristiás vixentes nestas zonas en datas posteriores; porén, debido a que a historia das igrexas [[Irlanda|irlandesas]], [[Gales|galesasgales]]as, [[Escocia|escocesas]], [[Britania|britanas]], [[Cornualles|córnicos]] e [[Illa de Man|maneses]] diverxen significativamente despois do [[século VIII]], os historiadores xeralmente evitan o uso do termo neste contexto.<ref>Patrick Wormald, ‘Bede and the ‘Church of the English’’, in ''The Times of Bede'', ed. Stephen Baxter (Oxford: Blackwell Publishing, 2006), pp. 223-224 n. 1</ref> Ademais, os historiadores non empregan o termo "Igrexa celta", debido a que iso implica un senso de ser unha entidade unificada e identificable separada da Cristiandade occidental.<ref>Kathleen Hughes, "The Celtic Church: Is This a Valid Concept?", ''O'Donnell lectures in Celtic Studies'', University of Oxford 1975 (publicado en ''Cambridge Medieval Celtic Studies'', 1 [1981], pp. 1-20).</ref><ref>Wendy Davies, "The Myth of the Celtic Church", in ''The Early Church in Wales and the West'', Oxbow Monograph, no. 16, editado por Nancy Edwards e Alan Lane, 12-21. Oxford: Oxbow, 1992.</ref>
 
== Notas ==