Viviparidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Panthera tigris5.jpg|miniatura|200px|[[Tigre]] (''Panthera tigris''), exemplo de animal vivíparo.]]
A '''viviparidade''' (do [[latín]] ''vivus'', "vivo", e ''parire'', ''"parir"'') é un tipo de [[reprodución]] dos animais, na que as crías ''nacen vivas'', e que tamén se aplica á de certos vexetais.
 
== Animais ==
Liña 6:
Chámase '''vivíparo''' a todo aquel [[animal]] que retén os [[ovo (bioloxía)|ovos]] dentro do corpo da nai, onde o [[embrión]] se desenvolve nunha estrutura especializada dentro do [[ventre]] da [[femia]], onde recibirá o [[alimento]] e o [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] necesarios para formar os seus órganos e para crecer e madurar até o momento do nacemento, parindo as crías vivas. Este tipo de reprodución é común no reino animal, ocorrendo dalgún modo en case tods os [[filo]]s.<ref name=FF>Frings e Frings (1975), p. 194.</ref>
 
Porén, algúns [[zooloxía|zoólogos]] usan a palabra ''vivíparo'' só para a situación que se dá en case todos os [[mamíferos]], en que o embrión, despois da [[fecundación]], se desenvolve nunha estrutura especial, a '''[[placenta]]''', que se fixa á parede do [[útero]] da nai e serve para o intercambio de alimentos e materiais de refugallo entre a nai e o embrión. Esta forma máis avanzada de viviparismo nos animais chámase [[placenta|viviparismo placentario]], que se dá na maior parte dos mamíferos (os chamados por iso '''placentarios''' ou '''placentados''' ('''[[euterios]]'''). A excepción son os [[monotremas]], que poñen ovos como as aves, e os [[Marsupialia|marsupiais]], que carecen de placenta, polo que as femias paren o [[feto]] nun estado moi prematuro, polo que este debe continuar o seu desenvolvemento nunha bolsa exterior chamada [[marsupio]]. As femias que paren crías vivas, pero que non teñen placenta, denomínanse daquela [[ovovivípara]]s.<ref name=FF/>
 
Realmente, encóntranse todos os graos intermedios de desenvolvemento de condicións vivíparas a partir das ovíparas. En moitos animais os ovos non pasan ao exterior do corpo da nai inmediatamente despois de seren fecundados (os [[óvulo]]s) e de recibiren as súas [[membrana]]s. Neste sentido, son tamén vivíparos algúns [[réptiles]], [[peixes]], [[anfibios]] [[urodelos]] e moitos [[invertebrados]]. Algunhas especies de [[cascuda]]s reteñen os ovos dentro do corpo durante algún tempo antes de poñelos, e moitos [[nematodos]], particularmente os [[parasito]]s, reteñen os ovos até que están case listos para eclosionar; tales ovos denomínanse ''ovos embrionados''. <ref name=FF/>
[[Ficheiro:Cockroachcloseup.jpg|miniatura|200px|''[[Periplaneta americana]]'', unha [[cascuda]] moi frecuente nas casas.]]