Esfírnidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
| range_map_caption = Distribución dos esfírnidos
}}
A dos '''esfírnidos''' (''Sphyrnidae'') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[tiburóns]] da [[orde (bioloxía)|orde]] dos '''carcarriniformes''' (''Carcharhiniformes'') que agrupa 9 [[especie]]s coñecidas vulgarmente como '''peixes martelo''',<ref name=RP>Ríos Panisse (1977), pp. 185-186.</ref> <ref name=RS>Rodríguez Solórzano ''et al.'' (1983), p. 42.</ref> e tamén como '''martelos''',<ref name=RP/> '''cornudas'''<ref name=RP/> <ref name=LV>Lahuerta e Vázquez (2000), p. 183.</ref> e '''tiburóns martelo''',<ref name=LV/><ref name=RV>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1992), pp. 68-69.</ref> <ref name=LV/> debido á súa peculiar característica de teren a [[cabeza]] prolongada cara aos lados, adoptando unha forma de "T", cos [[ollo]]s situados en cada un dos extremos. Esta forma lles proporciona unha mellor [[visión]],<ref>[http://www.world-science.net/othernews/091207_sharks. "Hammer" heads give sharks super vision: study. World Science.]</ref> tanto do campo visual como na [[estereoscopia|visión esteroscópica]],<ref>McComb D. M.; Tricas, C. e Kajiura, S. M. (2009): [http://jeb.biologists.org/cgi/content/abstract/212/24/4010 "Enhanced visual fields in hammerhead sharks". Resume] ''J. Exp. Biol.'', '''212''': 4010-4018.</ref>, así como un [[olfacto]] máis desenvolvido.<ref>Jayne M. Gardiner & Jelle Atema (2010): "The Function of Bilateral Odor Arrival Time Differences in Olfactory Orientation of Sharks", ''Current Biology'', 10 de xuño de 2010.</ref>
 
A familia está constituída por dous [[xénero (bioloxía)|xéneros]] e foi descrita en 1872 polo [[zooloxía|zoólogo]] estadounidense [[Theodore Nicholas Gill]] (1837-1914).
Liña 28:
[[Ficheiro:Sphyrna corona-zygaena compare.jpg||miniatura|250px|esquerda|Porción anterior de dous '''peixes martelo''' (''[[Sphyrna zygaena]]'').]]
 
Os tiburóns martelo son mariños e costeiros, adentrándose ocasionalmente en augas salobres. Viven en todos os océanos, pero especialmente nos cálidos.
 
Teñen a cabeza moi expandida lateralmente, cos ollos e os orificios nasais moito máis amplamente separados que nos demais tiburóns. Non teñen [[espiráculo]]s.
 
O tiburón martelo xigante (''Sphyrna mokarran'') pode sobrepasar os 6 m de lonxitude e pesar case media [[tonelada]].<ref name=fb>[http://fishbase.mnhn.fr/Summary/FamilySummary.php?ID=12 Características de Sphyrnidae] Froese, R. e D. Pauly. (eds.) (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication. Versión 10/2009.</ref> A gama das nove especies coñecidas vai de 0,9 a 6 m de longo.
 
En xeral son de color gris clara, con tonalidades verdosas, no dorso, sendo o ventre abrancazado.
 
A forma de martelo da cabeza pode que evolucionara, polo menos en parte, para mellorar a visión do animal. O posicionamento dos ollos, situados nos lados do ''martelo'' distintivo, poden dar unha visión binocular, así como un campop visual de 360º no plano vertical, o que significa que estes animais poden ver arriba e debaixo deles en todo momento.
 
== Alimentación ==
Liña 42:
[[Ficheiro:School of Hammerhead sharks.jpg|miniatura|170px|Grupo de tiburóns martelo nas augas das [[illas Galápagos]].]]
 
Aliméntanse dunha ampla variedade de [[peixes óseos]], [[elasmobranquios]], [[cefalópodos]], [[crustáceos]] etc. Os xuvenís, que nacen totalmente desenvolvidos, son coñecidos por comeren unha gran variedade de produtos, entre eles [[peixes]], [[lura]]s, [[polbo]]s, [[crustáceos]] e outras especies de tiburóns martelo; as [[raias]] son unhas das súas [[depredación|presas]] favoritas.
 
Estes tiburóns encóntranse moitas veces nadando ao longo do fondo do océano, espreitando ás súas presas. Utilizan a súa cabeza como unha arma máis para cazar.
Liña 48:
== Reprodución ==
 
Os tiburóns martelo só se reproducen unha vez ao ano e, en xeral, esta función prodúcese cando o macho morde á femia con violencia até que ela acepta aparearse con el. Ao igual que notros tiburóns, a fecundación é interna e o [[esperma]] masculino transfírese á femia a través de un dos dous órganos copuladores do macho.
 
Son [[ovovivíparo]]s. Os [[embrión]]s ao principio mantéñense a expensas do [[saco vitelino]] e, cando a subministración da xema do ovo se esgota, o empobrecido saco vitelino transfórmase nunha estrutura similar a unha [[placenta]] dos [[mamíferos]] (chamada "saco vitelino placenta" ou "pseudoplacenta"), a través da cal a nai proporciona o alimento ao embrión até o nacemento.
 
Unha vez que os tiburóns martelo nacen, non son atendidos polos pais. En xeral as camadas son de 12 a 15 crías, a excepción do tiburón martelo xigante, que ten de 20 a 40 crías.
Liña 71:
 
== En Galicia ==
En augas próximas á nosa comunidade tan só aparece citada a especie ''[[Spyrna zygaena]]''.<ref name=RP/> <ref name=RS/><ref name=RV/><ref name=S>Solórzano ''et al.'' (1988), p. 13.</ref> <ref name=RV/>
== Notas ==
{{listaref}}