Oligoceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
[[Ficheiro:Waterpocket Fold - Looking south from the Strike Valley Overlook.jpg|thumb|300px|Sedimentos do oligoceno en [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]].]]
 
O '''oligoceno''', unha división da [[Escala de tempo xeolóxico|escala temporal xeolóxica]], é a terceira e última [[época xeolóxica]] do [[Paleoxeno|período paleóxeno]] na [[era cenozoica]].
 
Comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos e finalizou hai 23,03 millóns de anos.<ref name="ics2009">[http://stratigraphy.science.purdue.edu/gssp/ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy], Status on 2009.</ref> <ref name="char2008">[http://www.stratigraphy.org/upload/ISChart2008.pdf International Stratigraphic Chart, 2008]</ref>
 
O oligoceno considérase a miúdo como un momento de transición entre o mundo tropical arcaico do [[eoceno]] e os [[ecosistema]]s de aspecto máis moderno do [[mioceno]].<ref>Haines, Tim; ''Walking with Beasts: A Prehistoric Safari,'' (New York: Dorling Kindersley Publishing, Inc., 1999)</ref> O cambio máis significativo dos ecosistemas do oligoceno foi a expansión global dos pasteiros e unha regresión dos [[bosque tropical|bosques tropicais]] da franxa ecuatorial.
 
O comezo do oligoceno está marcado por un gran evento de [[extinción]], unha substitución da [[fauna]] de [[Europa]] por outra de [[Asia]], excepto para as familias [[endemismo|endémicas]] de [[roedores]] e [[marsupial|marsupiais]], coñecida como a "''Gran Ruptura de Stehlin''". O límite oligoceno-mioceno non está marcado por un evento tan facilmente identificábel, senón máis ben por límites rexionais entre o más cálido oligoceno tardío e o relativamente frío mioceno. A extinción que tivo lugar no oligoceno non foi moi severa, pero eliminou os enormes ''[[Titanotheres]]''.
 
== Etimoloxía ==
Liña 39:
== Subdivisións ==
 
A [[Comisión Internacional de Estratigrafía]] recoñece as seguintes [[idade xeolóxica|idades/pisos]] do oligoceno:<ref name="ics2009" /> <ref name="char2008" />
 
* [[Rupeliense]]: comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos co final da ''Grande Coupure'', un episodio de extincións, de cambios faunísticos e de abundante [[especiación]], sobre todo entre os mamíferos. [[Estratigrafía|Estratigraficamente]], o seu inicio está marcado por [[Foraminifera|foraminíferos]] [[plancto|planctónicos]] e a extinción do xénero ''[[Hantkenina]]''. Acabou hai 28,4 ± 0,1 millóns de anos e o seu nome, acuñado en 1850 polo geólogo belga [[André Hubert Dumont]], fai referencia ao [[Rupel]], un río do norte de [[Bélxica]], afluente do [[río Escalda|Escalda]].<ref name="Rupeliano">Rohde, Robert A. (2005):