Bidueiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 87.217.98.21 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
}}
 
Os '''bidueiros''' son as diferentes especies de [[árbore]]s [[caducifolio|caducifolias]] do xénero '''''Betula''''' da familia [[Betulaceae]] e da orde [[Fagales]]. As distintas especies son moi semellantes entre si. Árbore esvelta de casca alba asociada normalmente aos lugares frescos. En Galicia son moi comúns, concretamente a especie ''[[Bidueiro pubescente|Betula alba]]''.
 
 
== Etimoloxía ==
Liña 30 ⟶ 29:
 
== Descrición ==
Son árbores que medran altas e esveltas, entre 10 e 30 [[metro|m]], dependendo da especie. O crecemento é rápido. As [[folla]]s son simples, alternas, serradas con algo de peluxe, romboidais de 3 a 6  cm, variando lixeiramente segundo a especie. A face superior adoita ser máis escura. As [[póla]]s son flexíbeis, a [[casca]] é lisa, cinsenta ou abrancazada, cunha características raias horizontais. Monoica, un mesmo exemplar ten [[flor]]es masculinas e femininas, con [[candea (botánica)|candeas]] amarelas ou verdosas. O [[pole]] posúe tres poros, ten forma esferoidal, de 20 a 25 [[µm]] de diámetro e superficie finamente granulada. [[Froito]] en infrutescencia que madura no verán e que se diseminan polo vento.
 
== Distribución e hábitat ==
Espállanse por unha gran parte do hemisferio norte, en [[Europa]] (nos países nórdicos chegan a formar grandes bosques), en parte de [[Asia]], [[América do Norte]] e o norte de [[África]].
 
Requiren zonas asolladas, solos acedos e [[sílice|silíceos]] que posúan humidade de abondo.
Liña 63 ⟶ 62:
* ''[[Betula pubescens]]'' – [[Bidueiro pubescente]], bidueiro bravo.
** ''Betula pubescens'' subspecies ''tortuosa''
* ''[[Betula pumila]]''
 
;Bidueiros de [[Asia]]
Liña 88 ⟶ 87:
** ''Betula pubescens'' subspecies ''tortuosa''
* ''[[Betula szechuanica]]'' (''Betula pendula'' var. ''szechuanica'')
* ''[[Betula utilis]]''
 
:''Nota: moitos textos estadounidenses confunden o ''B. pendula'' e o ''B. pubescens'', malia seren especies diferentes con distinto número de cromosomas''
Liña 94 ⟶ 93:
== Aplicacións ==
Os bidueiros son árbores versátiles. Teñen gran valor ornamental pola súa casca prateada, e polo colorido que colle a súa follaxe no outono. O [[zume (botánica)|zume]], a casca, as follas, a madeira e as poliñas empréganse para alimento, material de construción, tratamentos medicinais, lubrificantes, e outros usos prácticos.
Os [[esquimó]]s facían con eles vestidos, piraguas, cordas, pois a casca consérvase moi ben grazas á betulina, substancia case indestrutíbel.
 
En [[Galicia]] facíanse [[zoca]]s, [[culler]]es, [[cunca]]s etcétera. No campo utilizábase a súa madeira adoito para as pezas do [[arado romano]], [[xugo]]s ou lareiros ou abaloiras (varas usadas para sacudir os froitos de castiñeiros). Coa madeira tamén se fan máscaras do [[Entroido]]. Co seu carbón fabricábase a tintura de imprenta. Nas escolas galegas utilizábanse varas desta árbore, polo que era coñecida coma “árbore da sabedoría”. Tamén con ramiñas facíanse [[vasoira]]s ou utilizábanse na [[malla]]. A casca impermeábel empregábase para a canalización de augas, coma polainas ou para facer pergamiños, que recibían o nome de ''librum''. A súa brea empregábase para impermeabilizar as peles.
Liña 105 ⟶ 104:
Por destilación, a casca subministra un óleo resinoso balsámico especial, que no norte de Europa é moi apreciado para a preparación do coiro magro (chamado “coiro de Rusia”), ao que comunica un arrecendo aromático moi característico, ademais de protexelo da acción dos insectos. O [[zume (botánica)|zume]] fervido é usado como enxaugadura bucal para as enfermidades da gorxa, ulceracións da boca, irritación das [[enxiva]]s, e unha excelente loción detersiva para lastras e úlceras. Coas raíces faise unha pomada para a pel que axuda á cicatrización de feridas, grans, a [[raña]], erupcións, ampolas e bóchegas da pel.
 
Este óleo, o mesmo que as follas de bidueiro, fornece un colorante amarelo. Os extractos do bido utilízanse tamén en domésticos coma o [[xabón]] ou [[xampú]]. O alcatrán de bidueiro, extraído da súa casca, emprégase coma lubrificante e con fins medicinais. Os abrochos de bidueiro crían uns fungos que se usaban nos países nórdicos para curar o [[alcoholismo]].
 
As follas, especialmente secas, escorrentan as moscas e os [[tabán]]s que molestan as bestas. Tamén se utilizan as follas para facer té con propiedades diuréticas e para a obtención de extractos para tinturas e cosméticos. As follas delouradas son excelentes para as dores reumáticas. Axudan tamén á transpiración dos pés evitando maos cheiros. Outro uso que se dá ás follas frescas desta árbore é a xeito de fretas sobre os peitos das mulleres que aleitan os meniños, para aliviar a dor e conter o leite.
Liña 111 ⟶ 110:
O [[Zume (botánica)|zume]] do bidueiro bébese coma tónico ou se engade ao xarope de bidueiro, vinagre, cervexa, bebidas refrescantes e outros alimentos. O xarope de bidueiro non é doado de fabricar, o que o fai máis custoso ca outros xaropes empregados en alimentación, coma o de [[pradairo]].
 
As poliñas do bidueiro, grazas á súa flexibilidade e dureza, foron utilizadas coma instrumento de flaxelación. Noutros tempos os mestres utilizábanas para se facer respectar.
 
No noroeste da península ibérica emprégase en plantacións lineais nas bermas das estradas en zonas con [[brétema]]s, xa que a casca alba dos toros salientan a escuridade.
Liña 120 ⟶ 119:
 
== Mitoloxía e simbolismo ==
Os bidueiros tamén teñen a súa importancia espiritual en varias relixións antigas e modernas; ao bidueiro sempre se lle deu propiedades purificadoras en diferentes culturas ao longo da historia, en gran parte por mora os seus usos medicinais. As súas follas, flexíbeis mais rectas foron usadas para escorregar aos maos espíritos; no Xapón, as ''mikos'', mulleres serventes dos templos ''shinto'' xaponeses, levaban a cabo danzas cerimoniais nas que azoutaban o ar coas pólas de bidueiro para espantar aos ''onis''; en España e Italia plantábase bidueiro na entrada das cortes das bestas para escorregar os demos e ás [[pantasma]]s; os [[xamán]]s de América do Norte usaban as pólas de bidueiro para os exorcismos.
 
Coa mesma finalidade zoscábase tamén coas pólas de bidueiro a delincuentes e dementes. Segundo a mitoloxía cristiá dise que o bidueiro medra á entrada do Paraíso. A [[Inquisición]] medieval flaxelaba aos culpados de crimes menores coas pólas de bidueiro e os inquisidores acostumaban portalas coma un látego cando paseaban pola vila, até o punto de asocia ro bidueiro á Inquisición, chegando a ter a súa propia linguaxe dentro desta a través da árbore; unha muller que portase na vila unha flor ou unha folla de bidueiro era intocábel por ter o favor romántico dun inquisidor e non a podían acusar de herexía, [[bruxaría]], meigaría, nin prostitución ou adulterio; e as casas que enfeitaban a súa entrada cun ramallo de bido eran familias achegadas aos [[Xuíz|xuíces]]. Así mesmo o símbolo do [[arcanxo]] [[Azrael]], o anxo entre os [[xudeu]]s e [[musulmán]]s, é un bidueiro.
 
Na antiga Roma, o bidueiro era símbolo de poder e autoridade; coma co [[loureiro]], empregaban as súas pólas para enfeitar as cabezas das persoas importantes, denominándose ''fasces'', de onde ven o vocábulo [[fascista]].
Liña 128 ⟶ 127:
En Rusia ten unha grande importancia a presenza do bidueiro, protagonista de innumerábeis cantigas, contos, poesías, imaxes pictóricas, ditos ou refráns, asociado coa pureza, as mulleres, a mocidade e a maternidade. Entre os poemas máis célebres están os de S. Yesenin como aquel que di: «Bidueiro branco baixo a miña xanela á que a neve cubriu coma se fose prata» ou «Sorriron os adurmiñados bidueiros, ao despeitear as súas trincas de seda»; poemas que sempre tenden a enxalzar a brancura do seu toro, concepto que vén da propia etimoloxía indoeuropea da palabra que significa tanto brillante coma branco ou albo, polo que tamén é un símbolo das doncelas. Antigamente en Rusia tamén existía unha deidade vencellada co bidueiro chamada Bereguinya, deusa dos espíritos e de todas as riquezas da terra. Máis tarde esta árbore transformaríase no símbolo feminino para a festividade que celebraba en marzo, unha festa chamada ''Siemika''.
 
No Xapón ademais de ter a súa función nos rituais [[Xintoísmo|xintoístas]] como xa se ten mencionado, tiña unha función coma linguaxe do amor nas mulleres: cando unha muller portaba unha flor de bidueiro significaba que estaba dispoñíbel e lle agasallar dita flor a un home era unha declaración romántica; unha poliña espida significaba que a relación non podía levarse a cabo; as raíces que estaba casada; as follas que malia estar casada, estaba aberta a unha relación fóra do matrimonio.
 
Para os [[Celta (cultura)|celtas]] era unha árbore sagrada; era a árbore do comezo, símbolo da renovación, das novas oportunidades, o que torna a nacer. Isto débese a que é unha das primeiras árbores que bota follas novas na primavera. O seu mes lunar é o do vinte e catro de decembro at éo vinte de xaneiro. En [[Galicia]] mantívose o espírito sagrado celta até hai pouco.
Liña 163 ⟶ 162:
{{FormatoWiki}}
* Alan Mitchell, A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe, William Collins Sons & Co. Ltd., 1974 – ISBN 0 00 212035 6.
* Benigni, R; Capra, C; Cattorini, P. Piante Medicinali. Chimica, Farmacologia e Terapia. Milano: Inverni & Della Beffa, 1962, pp. 141-3 141–3
* Bernard Bertrand, Le Bouleau, l'arbre à la peau d'argent, 01/10/2007, Terran (Editions de) - ISBN 978-2-913288-71-3
* Bézanger-Beauquesne, L; Pinkas, M; Torck, M. Les Plantes dans la Therapeutique Moderne. 2ª. Paris: Maloine, 1986, pp. 106-7 106–7
* Bézanger-Beauquesne, L; Pinkas, M; Torck, M; Trotin, F. Plantes Médicinales des Regions Tempérées. Paris: Maloine, 1980, pp. 70-1 70–1.
* Carnat A, Lacouture I, Fraisse D et al. Standarization of the Birch Leaf. Ann Pharm Fr, 1996; 54(5): 231-5.
* Demirci B, Baser KH, Ozek T et al. Betulenols from Betula Species. Planta Med 2000; 66(5): 490-3.
* European Scientific Cooperative On Phytotherapy (E.S.C.O.P.). Monographs on the medicinal uses of plant drugs. Fascicle I: Betulae folium (Birch Leaf). March 1996, 4 pp.
* Falinski J.B. – Mortier F. 1996. Biodiversité et gestion durable des forêts en Europe. Nº especial de 1996 de Revue Forestière FranV aise , pp89-116pp89–116
* Fernández, M; Nieto, A. Plantas Medicinales. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra, 1982, p.  43.
* Jacques Brosse, Larousse des Arbres et des Arbustes, Larousse-Bordas, 2000 – ISBN 2 03 505172 X.
* Lastra, JJ; Bachiller, LI. Plantas Medicinales en Asturias y la Cornisa Cantábrica. Gijón: Ediciones Trea, 1997, pp. 87-9 87–9.
* Loew, D; Heimsoth, V; Kuntz, E; Schilcher, H. Fitofármacos, farmacología y clínica de los "diuréticos vegetales". En: Diuréticos: Química, farmacología y terapéutica, incluida fitoterapia. Barcelona: Salvat, 1991, pp. 233-259 233–259.
* Mulet, L. Estudio Etnobotánico de la Provincia de Castellón. Castellón: Diputación Provincial, 1991, pp. 86-7 86–7.
* Paris, RR; Moyse, M. Précis de Matière Médicale. Tome II. Paris: Masson, 1967, p.  92.
* Peris, JB; Stübing, G; Vanaclocha, B. Fitoterapia Aplicada. Valencia: M.I. Colegio Oficial de Farmacéuticos, 1995, pp. 105-6 105–6.
* P. FONT QUER in Collect. Bot. (Barcelona) 1: 261-314 (1947);
* PDR for Herbal Medicines. Medical Economics Company, Montvale. Second Edition, 2000; pp 78-8078–80.
* Roger Phillips, Trees in Britain, Europe and North America, Pan Books, 1978 – ISBN 0 33 025480 4
* Salminen JP, Ossipov V, Haukioja E et al. Seasonal variation in the content of hydrolysable tannins in leaves of betula pubescens. Phytochemistry 2001; 57(1): 15-22.
* Van Hellemont, J. Compendium de Phytotherapie. Bruxelles: Association Pharmaceutique Belge, 1986, pp. 65-7 65–7.
* Vasilenko IK, Semenchenko VF, Frolova LM et al. The pharmacological properties of the triterpenoids from birch bark. Eksp Klin Farmakol 1993; 56(4): 53-5.
* Villar, L; Palacín, JM; Calvo, C; Gómez, D; Montserrat, G. Plantas Medicinales del Pirineo Aragonés y demás tierrras oscenses. 2ª. Huesca: Diputación Provincial, 1992, p.  48.
* Wichtl, M. Herbal Drugs and Phytopharmaceutical. A Handbook for Practice on a Scientific basis. Stuttgart: Medpharm Scientific Publishers, 1994, pp. 106-8 106–8.
* Zaragozá F, Ladero M, Rabasco AM et al. Plantas Medicinales (Fitoterapia Práctica). Segunda Edición, 2001. pp 136-8136–8.
 
=== Ligazóns externas ===