Liña lateral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
A '''liña lateral''' é un órgano sensorial dos [[peixes]] que serve para detectar o [[movemento]] e as [[vibración]]s na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas [[depredación|presas]] (e a estas, a fuxir daqueles).<ref>Coombs, S.; Braun, C. B., & Donovan, B. (2001): "The orienting response of Lake Michigan mottled sculpin is mediated by canal neuromasts". ''Journal of Experimental Biology'', '''204''' (2): 337-348.</ref>
 
As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do [[opérculo (peixes)|opérculo]] (estrutura que cobre as [[branquia]]s) até a base da cola.
 
Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como [[electrorreceptor]]es, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os [[tiburóns]] usen tamén as liñas laterais para detectaren [[campo magnético|campos magnéticos]].
 
Por outra parte, a maioría das [[larva]]s e algúns adultos de [[anfibios]] que permanecen continuamente na auga tamén posúen este órgano, mentres que algúns [[crustáceo]]s e [[cefalópodo]]s teñen órganos similares.<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1007/BF00612711 |título=A lateral line analogue in cephalopods: Water waves generate microphonic potentials in the epidermal head lines of ''Sepia'' and ''Lolliguncula'' |ano=1988 |autor=Budelmann, Bernd U. |coautor=Bleckmann, Horst |revista=Journal of Comparative Physiology A |volume=164 |páxinas=1–5 |pmid=3236259 |número=1}}</ref>
 
== Galería de imáxes ==