Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, xardín francés.jpg|miniatura|[[Xardín francés]] no [[Pazo de Castrelos]], [[Vigo]].]]
[[Ficheiro:Parterre2.jpg|miniatura|Parte do [[parterre]] nun [[xardín inglés]].]]
A '''xardinaxe''' ou '''xardinaría''' é a práctica, arte ou actividade de cultivar ou coidar plantas como parte da [[horticultura]]. Dáse principalmente en [[xardín]]s con [[Planta ornamental|plantas ornamentais]] que se cultivan polas [[flor]]es, a [[Folla|follaxefolla]]xe ou pola aparencia xeral. As plantas útiles, como as [[hortaliza]]s de [[raíz]], as de folla, as froitas, as herbas, cultívanse para alimentación, como [[colorante]]s, ou para uso [[Planta medicinal|medicinal]] ou [[cosmético]]. Porén en lingua galega, e en xeral nas linguas latinas, o termo xardinaxe só designa o eido ornamental, deixando o eido do cultivo de especies útiles e comestíbeis á [[olericultura]], [[pomoloxía]], [[fruticultura]], ou horticultura en xeral.
 
Un [[xardineiro]], e aquel que practica a xardinaxe, xa sexa de xeito profesional coma por hobby.
 
A xardinaxe vai logo dende os [[pomar]]es e [[bulevar]]es, cun ou máis tipos diferentes de [[árbore]]s, [[arbusto]]s, ou [[herba|herbáceas]], até os xardíns residenciais, incluíndo céspedes, plantas en [[vaso]]s e [[contedor]]es, tanto de exterior coma interior. A xardinaría pode ser moi especializada, centrándose nunha soa especie ou cultivo, ou acoller un grande número de especies vexetais en plantacións mixtas. Ademais se envolve moito no cultivo intensivo das plantas, de xeito que se diferenza da [[agricultura]] ou do sector [[forestal]].
Liña 11:
== Historia ==
[[Ficheiro:Forestgarden2.jpg|miniatura|Xardín forestal do horticultor [[Robert Hart]] en Shropshire, [[Inglaterra]].]]
O [[xardín forestal]], un sistema de produción baseada en plantas para a alimentación, é a forma de xardinaxe non ornamental máis antiga do mundo<ref>{{Cita libro|title=The Forest Farms of Kandy: And Other Gardens of Complete Design|author=Douglas John McConnell|year=2003|page=1|url=http://books.google.co.uk/books?id=QYBSfUJPQXcC&lpg=PP1&dq=the%20forest%20farms%20of%20kandy%20and%20other%20gardens%20of%20complete%20design&pg=PA1#v=onepage&q&f=false|isbn=9780754609582}}</ref> Os xardíns forestais orixináronse en [[Prehistoria|tempos prehistóricos]] ao longo da beira dos ríos selvosos e ao pé dos [[Outeiro (orografía)|outeiros]] húmidos das rexións monzónicas.
 
A medida que os pobos foron mellorando a contorna e o xeito de vida, fóronse identificando as especies arbóreas útiles ([[Árbore froiteira|froiteiras]], [[videira]]s, [[madeira]]...), desbotando as non útiles. Ás veces seleccionáronse e incorporáronse a hortas e xardíns especies foráneas, como é o caso do [[castiñeiro]] en Galicia.<ref>{{Cita libro|title=The forest-garden farms of Kandy, Sri Lanka|author=Douglas John McConnell|year=1992|page=1|url=http://books.google.co.uk/books?id=G3QPo7lThXsC&lpg=PP1&dq=The%20forest-garden%20farms%20of%20Kandy%2C%20Sri%20Lanka.&pg=PA1#v=onepage&q&f=false|isbn=9789251028988}}</ref>
Liña 17:
Despois do xurdimento das primeiras [[civilización]]s, os individuos máis ricos comezaron a crear xardíns con propósitos puramente estéticos. As pinturas das tumbas [[Exipto|exipcias]] do 1500 antes de Cristo proban a existencia das primeiras hortas ornamentais e intentos de deseño da paisaxe; adoitan representar [[encoro]]s con [[Nelumbonaceae|lotos]] arrodeados por ringleiras simétricas de [[acacia]]s e [[Palmeira (botánica)|palmeiras]].
 
Os xardíns ornamentais xa eran coñecidos no mundo antigo, o exemplo de máis sona é o dos desaparecidos [[Xardíns colgantes da Babilonia|Xardíns pénsiles da Babilonia]], unha das [[Sete marabillas do mundo]] antigo, así coma [[patrimonio da humanidade]]; os romanos tamén gostaban dos xardíns e atrios.
 
O deseño de xardíns remóntase ao [[antigo Exipto]], onde os ricos empregábanos principalmente para se abeirar do sol. Os exipcios asociaban as árbores e os xardíns cos deuses; estes xardíns adoitaban estar coutados de valados ou sebes con [[Palmeira (botánica)|palmeira]] en ringleiras. Entre as especies máis populares estaban as [[datileira]]s, os [[sicómoro]]s, as [[figueira]]s, as [[amendoeira]]s e os [[salgueiro]]s. Estes xardíns eran símbolo dun status social elevado. Ademais os antigos exipcios tiñas [[viña]]s, sendo o [[viño]] xa un distintivos das clases sociais acomodadas. [[Roseira]]s, [[papoula]]s, [[margarida]]s e [[Iris (botánica)|lis]] eran tamén plantas comúns nestes verxeis.
Liña 28:
A [[Idade Media]] representa un período de declive no que se refire á xardinaxe. Despois da caída de Roma a xardinaxe tivo só o propósito de menciñar (cultivo de [[Planta medicinal|herbas medicinais]]), ou para enfeitar [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]], [[altar]]es e aras.
 
Os [[Xardín islámico|xardíns islámicos]] deseñáronse seguindo os modelos [[Persia|persianospersia]]nos e acostumaban estar choídos por valados ou muros e divididos en catro seccións con [[Canle (enxeñería)|cales]] de auga. Adoitaban ter no centro do patio unha [[pía]], un pequeno [[encoro]] ou un [[pavillón]] ornamental. Característico dos xardíns islámicos son os [[mosaico]]s e [[azulexo]]s usados para decorar os {{Dic|regueiro}}s e [[Fonte (arquitectura)|fontenlas]] cos que se enfeitan os atrios.
 
A finais do [[século XIII]], europeos ricos comezaron a cultivar xardíns para lecer, para o cultivo de plantas medicinais e [[hortaliza]]s.<ref name="localhistories" /> Choeron os xardíns con muros e valados para os abeirar de animais bravos e ter illamento. Nos dous séculos a seguir, comezou en Europa a [[sementeira]] de [[céspede]]s, arriates de flores e enreixados de [[roseira]]s e [[Planta rubideira|rubideiras]]. As [[Árbore froiteira|froiteiras]] era comúns nestes xardíns. Asemade xorden os xardíns dos [[mosteiro]]s, cheos de flores e plantas medicinais, onde [[monxe]]s e [[freire]]s podían gozar da [[natureza]] e se relaxar.
Liña 34:
Os xardíns dos [[Século XVI|séculos XVI]] e [[Século XVII|XVII]] era simétricos, proporcionados e equilibrados cunha aparencia máis clásica. Moitos deles deseñábanse arredor dun [[eixo]] central, ficando divididos en partes iguais son [[sebe]]s de [[buxo]]s e outras especies. Adoitaban ter leitos de flores dispostos en figuras xeométricas separadas polos buxos e carreiros de [[grixo]] ou [[pedrullo]].
 
Na [[Renacemento|Renacenza]] enfeitábanse con esculturas, [[topiaria]] e [[fonte (arquitectura)|fontes]] que a miúdo tiñan chafarices con xogos de auga. No século XVII popularízanse en Inglaterra os ''[[knot garden]]s'' (literalmente xardíns de entrelazados), cheos de complexos deseños con [[labirinto]]s de [[sebe]]s. Comeza en Europa asemade o cultivo de novas flores coma os [[tulipán]]s, [[maravalla]]s ('' Calendula officinalis'') ou [[Xirasol|xirasois]].
 
No século XVIII, os xardíns ficaron coma un privilexio reservado para as clases podentes. Os novos movementos [[Paisaxismo|paisaxistas]], sempre encabezados en Inglaterra, tórnanos máis naturais, sen muros ou deseños xeométricos. Os xardíns deste tempo, acostuman ter grutas e furnas feitas con matos, pavillóns, [[quiosco]]s, [[ponte]]s, [[Pontella (pasaxe)|pontella]] e toleiras coma imitacións de pequenos templos. Xa no século XIX os xardíns tórnanse accesíbeis ás clases medias dos países máis evolucionados, coma Inglaterra. En 1804 fórmase precisamente nese país a ''[[Horticultural Society]]'' (Sociedade hortícola). Os xardíns do XIX incorporan novas árbore se especies exóticas coma as [[araucaria]]s (''Araucaria araucana'') ou as [[camelia]]s.
Os xardíns de [[rocalla]]s tamén comezan no século XII.
 
O século XX vén marcado por unha revolución artística en todos os eidos, tamén na xardinaxe, onde xorden innumerábeis estilos.
 
En Galicia a xardinaría formal xurde na [[Idade Moderna]] nos [[pazo]]s cun estilo propio moi influenciado pola [[Xardín inglés|xardinaxe inglesa]]. A xardinaría colle folgos no século XIX co deseño de [[Alameda (xardinaxe)|alamedas]] co desenvolvemento das grandes cidades coma Vigo e A Coruña, axeitando antigos campos de feiras e [[carballeira]]s en novos parques e xardíns urbanos.
 
Excluíndo os pazos e [[Casa grande|casas grandes]], a xardinaxe popular non colle forma en Galicia até ben entrado o século XX. Anterior a estas datas o ''xardín'' galego só acollía especies útiles e comestíbeis: [[pomar]]es de [[Árbore froiteira|froiteiras]], [[viña]]s, [[souto (botánica)|soutos]] ou [[horta]]s ocupaban o eido arredor da casa. Algún signo ornamental podía atoparse á beira das casas: [[Hortensia (flor)|hortensias]], [[margarida]]s, [[roseira]]s, e pouco más.
Liña 61:
* '''Xardín acuático''' ou de auga; sería o cultivo de plantas adaptadas a encoros e pozas. Os xardíns de [[turbeira]] ou [[Braña (terreo)|brañas]] son tamén considerados xardíns de auga, xa que requiren solos lamacentos. Estes xardíns cómpren de coidados especiais. O exemplo máis sinxelo e frecuente de xardín acuático é unha [[pía]] chea de auga con algunha planta. Os [[Acuario (recipiente)|acuarios]] con vexetación tamén se incluirían nesta categoría.
* '''Xardín en contedor'''; trátase do cultivo de plantas en [[vaso]]s, [[testo]]s, [[cesta]]s, canastras ou calquera [[contedor]], tanto no interior coma no exterior. Este tipo de xardinaxe é típica en patios, soleiras, atrios, balcóns e [[terraza]]s. Tamén é típico pór testos na [[eira]] diante da casa.
* '''''Hügelkultur''''', é o cultivo de plantas e flores en leitos ou pías de madeira podre, compost ou [[estrume]], dándose a [[compostaxe]] in situ<ref name="richsoil">http://www.richsoil.com/hugelkultur/</ref> É un termo do [[lingua alemá|alemán]] que significa xardín amoreado. [[Toby Hemenway]], destacado autor e profesor de [[permacultura]], considera que soterrar estelas ou achas de madeira en sucos tamén é un xeito de '' hügelkultur'', xa que as plantas non deixan de medrar en madeira en descomposición aínda que sexa nun rego.<ref>Hemenway, Toby (2009). Gaia's Garden: A Guide to Home-Scale Permaculture. Chelsea Green Publishing. pp. 84-85. ISBN 978-1-60358-029-8.</ref> A ''hügelkultur'' practícaa [[Sepp Holzer]] como un xeito de xardinaxe forestal e agroforestal, e tamén [[Geoff Lawton]] en xardinaría desértica.<ref>http://permaculture.org.au/2009/12/11/greening-the-desert-ii-final/</ref> Pode ser un bo método ecolóxico de [[fxación do carbono|fixación de carbono]] cando se cultiva en grandes volumes de estrume ou restos vexetais ou madeireiros.<ref name="richsoil" /> É tamén unha forma de [[xeroxardinaxe]] (xardinaxe con pouco uso de auga).
* '''Horta comunitaria''', é unha [[leira]] xestionada por un grupo de xente, converténdose máis ben nunha actividade social. Nesta agra prodúcense hortalizas frescas pero tamén serve coma área de lecer, esparexemento, sociabilidade e contacto coa natureza. É típica no norte de Europa, estando en Galicia aínda pouco desenvolvida.<ref>{{cite web|url=http://www.communitygarden.org/learn/ |publisher=American Community Garden Association |year=2007 |title=What is a community garden?}}</ref><ref>Hannah, A.K. & Oh, P. (2000) Rethinking Urban Poverty: A look at Community Gardens. ''Bulletin of Science, Technology and & Society.'' 20(3). 207-216.</ref> Estes xardíns comunitarios adoitan ser propiedade dos concellos.<ref>Ferris, J., Norman, C. & Sempik, J. (2001) People, Land and Sustainability: Community Gardens and the Social Dimension of Sustainable Development. ''Social Policy and Administration.'' 35(5). 559-568.</ref>
* '''Xardín compartido'''; son xardíns típicos das urbanizacións anglosaxoas de casas acaroadas. Un mesmo terreo (diante ou detrás da vivenda) poder pertencer a varios veciños. Empréganse como zonas de lecer ou coma hortas ou [[cortiña]]s.
Liña 76:
[[Ficheiro:Maceta. Rianxo. Galicia-Galiza.jpg|miniatura|Maceta con flores nunha rúa de [[Rianxo]].]]
{{Artigo principal|Elementos arquitectónicos de xardín}}
A xardinaxe pode ser realizada tanto dende un punto de vista profesional coma de hobby; con fins estéticos, terapéuticos, ou como xeito de obtención de alimento.
 
Ademais das [[ferramenta]]s de traballo no xardín, e da propia [[plantación]], hai un grande abano de elementos e accesorios dispoñíbeis no mercado para que tanto o xardineiro profesional coma o principiante amosen a súa creatividade. Estes elementos axudan a enfeitar, decorar as diferentes áreas do xardín, dende [[vieiro]]s ou carreiros até [[parterre]]s ou [[pérgola]]s.
Liña 90:
Os enreixados, [[pérgola]]s, [[parra|parreiras]] e [[Arco (arquitectura)|arcos]] aportan altura e se empregan para que as [[Planta rubideira|rubideiras]] gabeen. Cos enreixados créanse separación a xeito de xardíns verticais. As pérgolas aportan sombra nun camiño ou nunha mesa; denomínanse parras cando a especie plantada é unha [[videira]]. Mentres que os arcos adoitan situarse en camiños e entradas para decorar principalmente con [[roseira]]s e outras gateadoras, ademais de dar profundidade á paisaxe.<ref>{{cite web|url=http://www.backyardcity.com/Garden-Arbors-Trellis-Designs.htm| title=Garden Arbors, Arches & Trellises|date=|accessdate= May 31, 2010}}</ref>
 
Tamén o alumeado é importante nos xardíns que se usan á noite. Os accesorios van dende [[candea]]s, [[lanterna]]s, [[lámpada]]s de aceite, [[candil|candís]] até [[farol|farois]], tochas, ou fachas.
 
[[Comedeira]]s, manxadoiras, [[bebedoiro]]s, e [[bañeira]]s son boas opcións para convidar aos paxaros a encher o xardín. Poden estar feitos de madeira, mentres que os bebedoiros e bañeiras acostuman ser [[pía]]s ou [[maseira]]s. Ademais aportan un bo punto estético.
Tamén pendurar casetos nas árbores para que os paxaros [[Niño|aniñen]] é unha boa escolla.
 
Os accesorios máis grandes coma [[Banco (moble)|bancos]], [[Fonte (arquitectura)|fontes]], figuras de pedra, cántaros e estatuas deben usarse con moderación ou darán unha aparencia desordenada do xardín.
Liña 109:
 
== Comparación coa agricultura ==
A xardinaxe con fins estéticos e case tan vella coma a agricultura hortícola, porén ao longo da historia a maioría da xente preocupouse máis polas plantas útiles que pola estética. Mais a pequena escala é difícil distinguir a agricultura de subsistencia da xardinaxe. Unha cortiña de patacas para un labrego peruano ou para un irlandés podería describirse coma un xardín ou coma unha leira dependendo do punto de vista. En xeral o termo xardinaría ten máis connotacións estéticas ca produtivas, aínda que nos países desenvolvidos a tendencia é unha xardinaxe semiprodutiva (combinar a horta co xardín).
 
Con todo, o propósito produtivo nunha horta ou xardín privado pouco ten que ver coa escala produtiva da agricultura profesional. Por isto podemos considerar que as actividades agrícolas da meirande parte do rural galego, a pequena escala,m non son senón xardinaxe. A agricultura dáse a grande escala, cunha motivación económica e produtiva, mentres que a xardinaxe faise a pequena escala, por pracer ou para producir unha pequena colleita para a familia ou a comunidade. En xeral o termo xardinaxe (''gardening'') mestúrase máis co de agricultura nos países anglosaxóns.
Liña 116:
Outra diferenza é que a xardinaxe ou horticultura particular faise de xeito intensivo e caracterízase polo [[minifundio|minifundismo]] (''[[bocage]]'') cun pequeno desembolso de diñeiro, un abonamento simple ([[esterco]], [[estrume]]...), cunhas poucas ferramentas ([[legón]]s, [[sacho]]s, [[fouce|fouciños]], [[angazo]]s, [[queipo]]s, [[regador]]es, [[aspersor]]es...). Pola contra a agricultura usa [[sistema de rega|sistemas de rega]], [[fertilizante]]s especiais, [[agroquímico]]s, maquinaria pesada. Aínda así a xardinaxe cada vez está máis especializada e tecnificada: maquinaria, cortadores de céspede automáticos, [[aspirador]]es de follas etc.
 
As máis das veces a agricultura a pequena escala ou xardinaxe é moito máis produtiva por unidade de terreo que a profesional. Na [[Unión Soviética]], a metade do subministro de alimentos viña de pequenas hortas e das granxas colectivas promovidas polo goberno, malia seren pequenos cachos de terra.<ref>{{cite web|url= http://blog.notcutts.co.uk/latest-articles/2010/8/25/a-history-of-gardening.html| title=A Brief History of Gardening|date=|accessdate= 2010-08-25}}</ref> Algúns argumentan con isto a superioridade fronte ao capitalismo, xa que os labregos do comunismo conseguían a venda de toda a colleita. Outro consideran que foi a traxedia do comunismo, xa que se descoidaban as coutadas colectivas e se derivaban fertilizantes e auga para a rega do agro privado.
 
Ás veces tamén se emprega o termo agricultura de precisión para describir unha xardinaxe que usa unha [[tecnoloxía adecuada|tecnoloxía intermedia]] (máis que simples ferramentas tradicionais e algo menos que as grandes máquinas colleiteiras), especialmente na [[agricultura ecolóxica]] ou orgánica. Unha boa xardinaxe a pequena escala con hortas pode alimentar a unha aldea cunha poboación de 100 habitantes. Unha variante é a xardinaxe comunitaria, que ofrece pequenas hortas para cidadáns urbanos.
Liña 123:
{{VT|Paisaxismo}}
[[Ficheiro:Schultenhof Mettingen Bauerngarten 8.jpg|miniatura|Xardín en [[Mettingen]], [[Alemaña]].]]
O deseño de xardíns considérase unha arte na maioría das culturas, diferenciándose da xardinaría, que só acostuma se referir ao coidado dos mesmos. O deseño de xardíns pode dividirse nunha temática moi variada: xardíns perennes, de bolboretas, salvaxes, xaponeses, acuáticos, tropicais, sombrizos.<ref>{{cite web|url=http://www.gardenamateurs.com/flower.php| title=Flower Gardens Care and Supplies|date=|accessdate= 2010-06-04}}</ref> No Xapón, [[Samurai]]s e monxes [[Zen]] dedicábanse acotío ao deseño de xardíns decorativos, ou habilidades como [[Floraría|arranxos florais]] (coñecidos coma ''[[ikebana]]''). Na Europa do século XVIII, moitas propiedades rurais foron redeseñadas por xardineiros converténdoas en xardíns formais ou parques paisaxistas; é o caso de [[Versalles]] en Francia ou [[Stowe]], [[Buckinghamshire]] en Inglaterra.
 
Hoxe, os paisaxistas e deseñadores de xardíns continúan a producir deseños artisticamente creativos para espazos públicos e privados.
Liña 136:
A xente adoita arrodear as súas fincas con [[sebe]]s e xardíns para obter privacidade. En Galicia abúsase dos muros para conseguir un espírito de privacidade aínda maior. Especies axeitadas para as sebes serían o [[alfaneiro]] (''Ligustrum vulgare'') , o [[estripeiro]], a [[faia]], o [[teixo]], o [[Cupressus x leylandii|alcipreste de Leyland]] (''[[Cupressus x leylandii]] ''), a [[tsuga]] ('' [[Tsuga sieboldii]]''), a [[tuia]] (''[[Thuja occidentalis]]''), os ''[[Berveris]]'', o [[buxo]], o [[acivro]], a [[Camelia do Xapón|camelia]], o [[Adelfa|loendro]], as ''[[forsythia]]s'' e o [[cantroxo]]. A idea dun xardín sen valos, malia ser vantaxoso para a vida salvaxe, carece de privacidade.
 
O movemento [[Slow Food]] tense visto nalgúns países como un xeito de engadir nas escolas infantís clases de horticultura e xardinaxe en pequenas hortas, como xa ocorre nalgunhas escolas de [[Fergus, Ontario]] no [[Canadá]].
 
Os xardíns compartidos urbanos é outra actividade social interesante; os donos dos terreos dalgunhas cidades alugan as terras a usuarios que queiran plantar unha horta; trocándolles parte da colleita no canto de diñeiro. Ambos os dous obteñen hortalizas, herbas e froitas de calidade e autocontroladas, contribuíndo á vez a un bo uso do solo urbano.<ref>[http://www.guardian.co.uk/environment/2008/sep/04/ethicalliving.organics Meet the urban sharecroppers] The Guardian, Sep 4, 2008</ref>
Liña 146:
== Pragas e pestes no xardín ==
[[Ficheiro:Man applying fertilizer.jpg|miniatura|Home a aplicar [[pesticida]]s.]]
Unha peste ou praga de xardín é xeralmente un [[insecto]], [[planta]] ou [[animal]] que o xardineiro considera indesexábel na súa leira.
 
No caso das plantas denomínanse [[Mala herba|malas herbas]] ou herbas daniñas ou adventicias. Cómpre desfacerse delas co uso de [[herbicida]]s ou apañándoas manualmente, pola contra provocarán un dano nas plantas ornamentais, ou empeorarán o seu aspecto. No caso das hortas, diminúen as colleitas ou danan a calidade da froita.
Liña 161:
{{Artigo principal|Xardinaxe en Galicia|Xardíns de Galicia}}
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, xardín.jpg|miniatura|Xardín no [[Pazo de Castrelos]], [[Vigo]].]]
A xardinaxe en Galicia remóntase a época [[Cultura castrexa|castrexa]] coa aparición das primeiras [[horta]]s. As casas romanas trouxeron a xardinaxe ornamental aos primeiros patios. Na idade media tan só subsistiu nos [[claustro]]s dos [[mosteiro]]s, rexurdindo con forza na [[Idade Moderna]] nos [[pazo]]s cun estilo propio moi influenciado pola [[Xardín inglés|xardinaxe inglesa]], onde a pedra ten unha presenza especial, e colle folgos no século XIX co deseño de alamedas co desenvolvemento das grandes cidades.
 
Excluíndo os pazos e [[Casa grande|casas grandes]], a xardinaxe popular non colle forma en Galicia até ben entrado o século XX. Anterior a estas datas o ''xardín'' galego só acollía especies útiles e comestíbeis coma xa comentamos anteriormente.
 
Se ben nos espazos públicos, coma nos campos de [[feira]] xa existían [[carballeira]]s artificiais para dar sombra; moitas delas convertidas hoxe en parques.
 
O espallamento territorial característico de Galicia, unido á bonanza climática, facilitan que a meirande parte das casas teñan hoxe un xardín que inclúe especies tropicais, mediterráneas e oceánicas. Malia que adoitan carecer dun estilo definido ou un deseño paisaxístico estudado, conta con elementos especiais e diferenciais con outras zonas de Europa e da península ibérica. Podemos dicir que é unha mestura entre a xardinaxe mediterránea e a inglesa ou atlántica.
Liña 186:
* '''[[Castelo de Soutomaior]]'''.
[[Ficheiro:Castelo de Soutomaior, xardíns.JPG|miniatura|Xardíns no [[Castelo de Soutomaior]].]]
O xardín fica nunha coutada duns 16 mil metros cadrados que conta cunhas 200 especies botánicas. En 2012 obtivo, durante o Congreso Internacional da [[Camelia]] celebrado na cidade [[China|chinesa]] de [[Chuxiong]], o recoñecemento coma Xardín de Excelencia Internacional, unha distinción única na península, o sétimo en Europa en acadar tal recoñecemento, do que só hai 18 exemplos no mundo; ademais de en Galicia, no Xapón, en Australia, en Italia, na Suíza, en Suráfrica, na China e nos Estados Unidos de América. A ''Sociedade Internacional da Camelia'' (SCI) valorou o peso da [[camelia]] nos xardíns do castelo, con 330 [[cultivar]]es, 25 [[especie]]s e 29 [[híbrido]]s de [[Camelia|cameliascamelia]]s. Ademais posúe unha colección de camelias históricas do [[século XIX]] –entre elas o exemplar máis vulminoso de [[camelia do Xapón]] de Galicia. A [[Estación Fitopatolóxica do Areeiro]], preto de Pontevedra leva programas de investigación sobre a camelia.
 
Salientan ademais 12 exemplares de árbores incluídas no [[Árbores senlleiras de Galicia.|Catálogo de Árbores Monumentais de Galicia]], como algúns exemplares de [[castiñeiro]]s con 800 anos de antigüidade. <ref>[http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/02/12/jardines-castillo-soutomaior-excelencia-internacional/623009.html]</ref>
 
* '''[[Pazo de Oca]]'''.
Liña 204:
 
* '''[[Pazo de Lourizán]]'''.
Xoia do patrimonio botánico de Galicia que conta cun [[arboredo]] de 54 hectáreas con máis de 1900 grandes exemplares de todo o mundo arrodea o romántico pazo. Ademais atopamos o [[herbario Merino]]. A primeira casa-granxa data do [[século XV]], que foi restaurada até se converter na residencia estival do avogado e político galego [[Montero Ríos]]. Da vella casa só se conserva o pombal [[Amea|ameadoamea]]do de planta circular. O pazo actual é unha obra decimonónica do arquitecto [[Genaro de la Fuente]], cunha orixinal mestura de [[clasicismo]] [[Modernismo|modernista]], con reloxo no canto de escudo, terraza superior, escalinata imperial, estatuas de inspiración clásica e grande fiestraxe acristalada que dotan os interiores de luz e lixeireza. O [[pazo]] de Lourizán, ademais dun lugar para o descanso, foi un centro de referencia política e social, onde se tomaron decisións de transcendencia un nacional. Dende os anos 40 pertence á Deputación de Pontevedra. En 1946 constitúese coma Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes; hoxe é un centro de investigacións [[Forestal|forestais]], mantendo conxunto o pazo e o predio, cunha flora de carácter monumental, conservando a estrutura do xardín herdeira da época de Montero Ríos.
 
Entre as especies, numerosas árbores autóctonas coma [[Carballo común|carballos]], [[castiñeiro]]s, [[bidueiro]]s, [[videira]]s e outras foráneas coma [[cedro]]s, [[araucaria]]s, [[magnolia]]s, [[camelia]]s, [[alcipreste]]s, [[ligustro]]s ou [[Palmeira (botánica)|palmeiras]]. A contorna vexetal fora realizada por especialistas franceses en xardinaxe, unha parte destinada ao cultivo da vide e outra a especies exóticas. A nómina de árbores monumentais amosa unha tendencia ao orientalismo. Así, por exemplo, no fermoso exemplar da árbore das pagodes na á dereita do edificio, ou no [[fento]] arborescente de Tasmania ou na elección no céspede ofiopogon ou herba Mondo.
Liña 212:
A elegancia do mármore branco transfórmase e dá forma ás estatuas, alzándose esveltas na entrada e ocultas entre a vexetación. Achegándose a calquera das [[fonte]]s: a da Cuncha ([[século XVIII]]), a dos Tornos ([[século XVII]]) con lavadoiro, a dos Tres Canos, a do Patio, a da Gruta dos Espellos ([[século XIX]]), escóitase o manar da auga formando parte do ciclo da vida.<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,3086]</ref>
 
* '''[[Souto da Retorta]]''' ('''eucaliptal de Chavín''').Trátase dun [[arboredo]] situado en [[Chavín, Viveiro|Chavín]], ([[Viveiro]]), na beira do [[río Landro]]. No souto destaca unha formación duns 600 [[Eucalipto azul|eucaliptos]] (''Eucalyptus globulus''), algúns deles centenarios e de gran tamaño. O [[Avó de Chavín]] é un eucalito de 126 anos, cunha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros, é o máis voluminoso do mundo, e a árbore máis alta de Europa. O ano [[2000]] foi incluído entre os [[Espazo natural protexido|Espazos naturais protexidos]] baixo a figura de [[Monumento natural]] <ref>Decreto 77/2000, de 25 de febreiro (DOG nº 72, de 12 de abril de 2000).</ref>.
 
* '''[[Xardín Botánico Ría do Burgo|Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye]]''', xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ao concello de Culleredo.
* '''[[Xardín Botánico da Pinguela]]''', [[xardín botánico]] duns 20 000 m2 de extensión, pertencente ao Instituto de Ensino Medio da Pinguela de [[Monforte de Lemos]].
 
* '''[[Xardín Botánico da Pinguela]]''', [[xardín botánico]] duns 20 000 m2 de extensión, pertencente ao Instituto de Ensino Medio da Pinguela de [[Monforte de Lemos]].
 
* '''[[Parque-Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis]]''', [[xardín botánico]] situado de forma lineal nas marxes do [[río Umia]], en [[Caldas de Reis]]. A súa historia remóntase ao ano 1863, cando estaban en todo o seu auxe os [[balneario]]s de [[Auga termal|augas termais]] o que impulsou o proxecto dunha alameda en Caldas, o mesmo que ocorreu noutros balnearios de Galicia onde atopamos especies interesantes coma en [[Mondariz-Balneario|Mondariz]]. Na parte da [[carballeira]] dábase unha antiga feira. Neste enclave atópanse multitude de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas. Salienta a colección de [[camelia]]s, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de [[Camelia do Xapón|''Camellia japonica'']] “Mathotiana Alba” dun considerábel tamaño. O parque xardín e carballeira foi declarado Ben de Interese Cultural e posúe entre os seus exemplares catro árbores consideradas [[Monumento natural|Monumentos Naturais]].
 
* '''[[Xardín de San Carlos]]''', situado na cidade vella da [[A Coruña|Coruña]], foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no [[século XIV]] e quedaría unido á cidade no XVI.
[[Ficheiro:Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|Xardíns do [[Arquivo do Reino de galicia]], na [[A Coruña|Coruña]]]]
 
* '''[[Xardín botánico da Universidade de Santiago de Compostela]]''', ambicioso proxecto aínda en fase de execución nas aforas de [[Santiago de Compostela]] xunta o [[río Sarela]]. Acadará as 11 hectáreas e será chamado ''Xardín da deusa Sacia'', estará dedicado principalmente á investigación do xénero [[Camellia]], e á preservación da flora autóctona e ameazada do país.
 
* '''[[Xardín botánico de Padrón|Xardín Botánico-Artístico de Padrón]]''', Unha hectárea de superficie, declarado [[Ben de Interese Cultural]] e [[Xardín Histórico]] en 1946.<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=26424&ctre=19]</ref>
* '''[[Carballeira de Santa Susana]]''', é a alameda de [[Santiago de Compostela]], parte do antigo bosque do [[Libredón]] que arrodeaba o achado da tumba do [[Santiago o Maior|Apóstolo]]. Dende o Paseo da Ferradura hai unhas fermosas vistas da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral]]. O xardín ocupa aproximadamente 80.000 m2, na zona denominada Campo da Estrela áchase unha das partes máis humanizadas do xardín, con elementos que falan desde a súa creación como parque no século XIX, aínda que a historia do terreo remóntase ao XVI, até elementos das reordenacións principais a partir do 1918 e outros contemporáneos. Exemplificado nas estatuas, é o camiño que vai desde a monumental dedicada a [[Méndez Núñez]] con gran soporte, á representación a rentes do chan das [[As dúas Marías|Dúas en Punto]]. Estes xardíns acumulan interesantes reseñas botánicas e conducen asemade ao paseo central con dúas fileiras de bancos e o palco da música. Contabilízanse unhas cincuenta especies diferentes que supoñen un total de mil trescentas unidades repartidas por todo o parque. De xeito individual salientamos as [[magnolia]]s doadas pola [[Sociedade Económica de Amigos do País]] en 1878. A denominada Ferradura co paseo dos Leóns e o Campiño arrodea un outeiro miúdo sobre o que se ergue unha das dúas igrexas que se achan dentro do perímetro da alameda. É esta a igrexa e couto de santa Susana coa soada [[carballeira]] cuxa estampa enxebre se completaba coa [[feira]] do gando que aquí se celebraba até hai unhas décadas. Cara ao oeste aínda queda a zona axardinada do Paseo das Letras Galegas presidida pola monumental estatua homenaxe a [[Rosalía de Castro]] e o Paseo de Bóveda. Comunica co campus universitario mediante unha formidábel escalinata e un miradoiro. Así mesmo son rechamantes os edificios de fasquía [[Modernismo|modernista]] que tamén podemos atopar dentro do parque.
 
* '''[[Carballeira de Santa Susana]]''', é a alameda de [[Santiago de Compostela]], parte do antigo bosque do [[Libredón]] que arrodeaba o achado da tumba do [[Santiago o Maior|Apóstolo]]. Dende o Paseo da Ferradura hai unhas fermosas vistas da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral]]. O xardín ocupa aproximadamente 80.000 m2, na zona denominada Campo da Estrela áchase unha das partes máis humanizadas do xardín, con elementos que falan desde a súa creación como parque no século XIX, aínda que a historia do terreo remóntase ao XVI, até elementos das reordenacións principais a partir do 1918 e outros contemporáneos. Exemplificado nas estatuas, é o camiño que vai desde a monumental dedicada a [[Méndez Núñez]] con gran soporte, á representación a rentes do chan das [[As dúas Marías|Dúas en Punto]]. Estes xardíns acumulan interesantes reseñas botánicas e conducen asemade ao paseo central con dúas fileiras de bancos e o palco da música. Contabilízanse unhas cincuenta especies diferentes que supoñen un total de mil trescentas unidades repartidas por todo o parque. De xeito individual salientamos as [[magnolia]]s doadas pola [[Sociedade Económica de Amigos do País]] en 1878. A denominada Ferradura co paseo dos Leóns e o Campiño arrodea un outeiro miúdo sobre o que se ergue unha das dúas igrexas que se achan dentro do perímetro da alameda. É esta a igrexa e couto de santa Susana coa soada [[carballeira]] cuxa estampa enxebre se completaba coa [[feira]] do gando que aquí se celebraba até hai unhas décadas. Cara ao oeste aínda queda a zona axardinada do Paseo das Letras Galegas presidida pola monumental estatua homenaxe a [[Rosalía de Castro]] e o Paseo de Bóveda. Comunica co campus universitario mediante unha formidábel escalinata e un miradoiro. Así mesmo son rechamantes os edificios de fasquía [[Modernismo|modernista]] que tamén podemos atopar dentro do parque.
 
* '''[[Alameda e Xardíns de Vicente]]''', alameda de [[Pontevedra]].
 
* '''[[Parque Rosalía de Castro]]''', en [[Lugo]], conta cunha superficie de 23 hectáreas.
 
* '''[[Illa das Esculturas]]''', en [[Pontevedra]]. O maior museo ao ar libre de Galicia, unha illa nas marxes do [[río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]], antigo [[Eucalipto azul|eucaliptal]], hoxe reconvertido en xardín escultórico.