Zapata (peixe): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 31:
<small> * Sinónimo ambiguo</small>
}}
A '''zapata'''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=49095 '''zapata''' no dicionario da [[RAG]]].</ref> (''Galeus melastomus'') é unha [[especie]] de [[elasmobranquio]] da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[carcarriniformes]] (''Carcharhiniformes''), [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[esciliorrínidos]] (''Scyliorhinidae''), común no nordeste do [[océano Atlántico]], desde [[Islandia]] até o [[Senegal]], incluíndo o [[mar Mediterráneo]].<ref> [http://www.fishbase.org/summary/Galeus-melastomus.html FishBase. ''Galeus melastomus''] {{en}} Consultada o 25/11/2012.</ref>
 
== Características ==
* Corpo alongado, de 59 a 80 &nbsp;cm no Atlántico (lonxitude máxima, 90 &nbsp;cm as femias; 60 &nbsp;cm os machos). No Mediterráneo alcanzan menor tamaño.
* Pel áspera de cor gris con manchas escuras, con bordos brancos, nas partes superiores (lombo e flancos), e abrancazada na rexión ventral.
* Fociño comprimido e estreito.
Liña 41:
* Válvulas nasais pouco desenvolvidas, e afastadas da boca; sucos labiais medianamente longos.
* [[branquia|Fendeduras branquiais]] moi pequenas, a última sobre a [[aleta|aleta pectoral]].
* As [[Aleta|aletas dorsais]] son pequenas e subiguais. As [[Aleta|pelvianas]] son pequenas e angulares. A marxe superior da [[Aleta|aleta anal]] ten a parte superior provista de [[dentículo dérmico|dentículos dérmicos]] laterais maiores que os restantes, formando a cada lado unha verdadeira crista marxinal.<ref name = Rodríguez>Rodríguez Villanueva (1992), p. 54.</ref> <ref>Duran, Miquel (2007): ''Noms i descripcions dels peixos de la Mar Catalana. Tom I, Àgnats, Condrictis, Osteïctis (1a. part)''. Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 978-84-273-6508-7. p. 109.</ref>
 
== Historia natural ==
Liña 47:
* A zapata é un [[depredación|depredador]] xeralista que caza unha gran variedade de [[peixes]], [[cefalópodos]] e [[crustáceos]].
* Os seus sistemas visual e electroceptor son son capaces de detectar os movementos das súas [[depredación|presas]] [[bioluminescencia|bioluminiscentes]].
* Os machos maduran sexualmente cando alcanzan os 24-42 24–42&nbsp;cm de lonxitude, e as femias, cando miden 39-45 39–45&nbsp;cm. A especie é ovípara, e as femias teñen 13 ovos no [[oviduto]] ao mesmo tempo.<ref name = "Rodríguez"/>Rodríguez<ref Villanueva (1992)name="FishBase, pOp. 54cit.</ref> <ref">FishBase, ''Op. cit.''</ref>
 
== Status de conservación ==
[[Ficheiro:Galeus melastomus 017.jpg|thumb|235px|Cabeza de zapata. Obsérvese o seu gran ollo elíptico e o interior da boca negro.]]
 
Debido á súa abundancia, a zapata forma unha parte importante das capturas accidentais da pesca comercial de augas profundas en gran parte da súa área de dispersión. Porén, a causa do seu baixo valor económico xeralmente se descarta, aínda que en moitas zonas consúmese fresca ou salgada, e tamén se emprega para a obtención de [[coiro]]. Para a súa venda nas peixarías adoita presentarse eviscerada (ás veces, tamén decapitada) e sen pel, que é dura e difícil de eliminar. As artes utilizadas para súa captura son o [[Arrastreiro|arrastre]] e o [[palangre]].<ref> name="FishBase, ''Op. cit.''<"/ref>
 
A [[Unión Internacional para a Conservación da Natureza]] (UICN) incluíu esta especie no grupo LC (''pouco preocupante''), xa que non hai ningunha indicación de que o seu número diminuíra a pesar da presión da pesca.<ref name="iucn">Serena, F., C. Mancusi, N. Ungaro, N.R. Hareide, J. Guallart, R. Coelho e P. Crozier (2003): [http://www.iucnredlist.org/details/161398/0 ''Galeus melastomos''], na [[Lista Vermella da IUCN]]. Versión 2010.4. {{en}} Consultada o 25/11/2012.</ref>
Liña 58:
== Gastronomía ==
{{VT|Melgacho#Gastronomía}}
Segundo [[José Carlos Capel]], tanto o a zapata como os seus parentes o [[melgacho]] (''Scyliorhinus canicula'') e a [[roxa (peixe)|roxa]] (''S. stellaris'') son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescor porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en ''guisos amarelos'', e resultan excelentes en fritura coa fórmula do ''adobo andaluz'', a dicir deste gastrónomo.<ref>Capel, José Carlos (1982): ''Manual del pescado'', Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-70-0, p. 295.</ref>
 
En [[Galicia]] é frecuente comela [[guiso|guisada]], con [[pataca]]s, [[pemento]]s e [[tomate]]s (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das [[caldeirada]]s mixtas.