Aleteo de tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Poxa de quenlla ou tiburón azul (Prionace glauca) no porto pesqueiro de Vigo.jpg|thumb|220 px|Poxa de [[quenlla]] (''Prionace glauca'') no porto de Vigo.]]
 
Denomínase '''aleteo de tiburóns''' (do [[lingua inglesa|inglés]] ''shark finning'') ou simplemente '''aleteo''' (''finning'') á práctica pesqueira que consiste en atrapar [[tiburóns]], cortarlle as [[Aleta|aletasaleta]]s e devolvelos mutilados e vivos ao [[mar]], onde inevitabelmente morrerán por [[asfixia]] —ao non poderen nadar e conseguir a circulación de auga polas súas [[branquia]]s—, desangrados ou devorados por outros peixes.<ref name=finning>{{cita web |url=http://zco1999.wordpress.com/2011/02/27/finning-la-cruel-practica-que-puede-acabar-con-los-tiburones/ |título=''Finning'': a cruel práctica pesqueira que pode acabar cos tiburóns |dataacceso=23 de novembro de 2012}}</ref>
 
== Efectos sobre as especies ==
Liña 8:
Estudos da [[Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación]] (FAO) e de organizacións conservacionistas independentes, estiman que cada ano se capturan entre 100 e 150 millóns de tiburóns. Os tiburóns son presa dos barcos pesqueiros pola crecente demanda de subprodutos (en particular as súas aletas), para o mercado [[Asia|asiático]] e os restaurantes asiáticos de todo o mundo. A súa demanda para a [[sopa de aleta de tiburón]], de [[cartilaxe]] para produtos farmacéuticos —no só da [[medicina tradicional chinesa]]—, están provocando unha verdadeira [[ecoloxía|catástrofe ecolóxica]] para este grupo de peixes. Por iso, o prezo das aletas das [[especie]]s máis solicitadas pode alcanzar os 600 euros/kg.
 
Nas últimas décadas moitas especies de tiburóns pasaron a estar ao bordo da [[extinción]] debido á sobreexplotación pesqueira non sustentábel e, en particular, pola práctica do ''finning'', que é ilegal en case todo o mundo (a [[Unión Europea]], que xa a prohibira de forma xeral en [[2003]], recentemente prohibiu tamén as excepcións permitidas ás frotas pesqueiras [[España|españolas]] e [[Portugal|portuguesas]])".<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/23/golpe-flota-gallega-prohibirse-cortar-aleta-tiburon-bordo/0003_201211G23P43991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz Golpe a la flota gallega al prohibirse cortar la aleta de tiburón a bordo. La Eurocámara rechaza dar excepciones a los barcos españoles y lusos] Diario ''La Voz de Galicia'', 23/11/2012.</ref> <ref>[http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/22/actualidad/1353614062_914027.html La UE blinda la prohibición de cortar las aletas de tiburones] Diario ''El País'' (España), 23/11/2012.</ref>
 
As poboacións de tiburóns diminuíron nalgunhas especies nun 90 %.<ref name=finning /> Este declive é máis perigoso para a supervivencia destes peixes debido ás características ecolóxicas dos escualos que os fai moi vulnerábeis á súa captura en masa; trátase de animais que medran lentamente, a súa maduración sexual prodúcese ao cabo de bastantes anos e teñen pouca descendencia.<ref name=finning />