Blástula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Desenvolvemento: tradución dun anaco de parágrafo que estaba en castelán
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Blastulation.png|thumb|250px|'''Formación dunha blástula (blastulación).'''<br><small>'''1.''' [[Mórula]]; '''2.''' [['''Blástula]]'''.</small>]]
 
A '''blástula''' é un dos primeiros estadios do [[embrioxénese|desenvolvemento embrionario]] dos [[animais]].
 
A blástula segue á [[mórula]] e precede á [[gástrula]] na secuencia de desenvolvemento normal de cualquera animal; considérase que o organismo está en dito estado cando presenta máis de 64 células.
 
A blástula temperá presenta todas as células sen aumentar o volume inicial do [[cigoto]], e neste punto debe estar formado o [[blastocele]] ou cavidade central.<ref>Hickman, C. P.; Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): ''Principios integrales de zoología'', 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana ISBN 84-481-4528-3.</ref>
Liña 15:
 
=== Celoblástula ===
Cando o ovo contén pouco vitelo ([[cigoto|isolecítico]]), a segmentación total igual ou desigual conduce a unha blástula co blastocele rodeado por unha capa regular de células, coñecida como '''celoblástula''' que, en principio, ten todos os blastómeros iguais. Pero nos ovos [[cigoto|heterolecíticos]] o blastocele desprázase cara ao ''polo animal'', porque os blastómeros do ''polo vexetativo'', máis ricos en vitelo, son máis grandes e, por iso, a celobástula é irregular.
 
=== Estereoblástula ===
Liña 29:
[[Ficheiro:Blastocyst English.svg|thumb|250px|Diagrama dun '''blastocisto''', coa súa membrana ([[trofoblasto]]), a súa cavidade ([[blastocele]]), a masa celular interna ([[embrioblasto]]), en relación co [[endometrio]].]]
 
Ao redor de catro días despois da [[fecundación]], os [[embrión]]s entran nunha fase de compactación, durante a cal os blastómeros externos comprímense entre si dando orixe a unha capa superficial chamada [[trofoblasto]], mentras que, polo proceso de [[cavitación]], entre os blastómeros internos se acumula auga e sodio até formar unha cavidade denominada [[blastocele]] (xa antes mencionada), e un pequeno grupo de células acumúlase nun extremo constituíndo a masa celular interna ou [[embrioblasto]].
 
No momento da '''blastulación''', a [[zona pelúcida]] permanece íntegra e mantén unidas as células, pero cando a blástula aumenta de volume, pouco a pouco rompe e, aproximadamente contra o quinto día, desaparece.
 
O '''blastocisto''' é unha estrutura embrionaria presente nas etapas temperás do desenvolvemento durante a [[xestación]] dos [[mamífero]]s, que ocorre uns 4 ou 6 días despois da fecundación e antes da implantación no [[endometrio]]. Está composta por unha prominente cavidade, e entre 70-100 células, chamadas [[blastocito]]s.<ref>[http://embryology.med.unsw.edu.au/Notes/week1.htm UNSW Embryology - Week 1] {{en}} Consultada o 19/11/2012.</ref> As células do blastocisto son pluripotentes, é dicir, as células da masa celular interna poden convertirse en calquera tipo de [[Tecido (bioloxía)|tecido]].
 
== Desenvolvemento ==
Despois das divisións [[mitose|mitóticas]] polas que pasa o cigoto e que orixinan un incremento celular, fórmase unha estrutura arredondada compacta chamada [[mórula]]. Ao pouco tempo da formación da mórula, as células que a constitúen —máis de 12 células chamadas [[blastómero]]s— desprázanse debido á aparición dun líquido que forma a cavidade do blastocisto. Desde o momento en que aparece este espazo comézase a falar de blastocisto e non de mórula. Coa división celular adicional, a mórula convértese nunha estrutura externa de células en forma de cuncha cun grupo interno de células, etapa no desenvolvemento do embrión que se denomina blastocisto. O grupo externo de células convértese nas membranas que alimentan e protexen o grupo interno, qjue mía tarsde se trtansformarán en feto. Para entón, uns 4 ou 5 días despois da fecundación e aínda na tuberosidade do [[oviduto]], o blastocisto ten unha capa de células externas, moi delgada, chamada [[trofoblasto]], que nutre ao blastocisto e formará a parte embrionaria da [[placenta]].<ref>[http://www.iqb.es/ginecologia/embarazo/embarazo01.htm Instituto Químico Biológico (2008): "Desarrollo embrionario precoz y placentación", ''Ginecología y Obstetricia''] {{es}} Consultada o 19/11/2012.</ref>
 
Un grupo de blastómeros concentrase no centro dun dos polos do blastocisto formando unha masa de células internas que orixinarán ao [[embrión]] e é chamado [[embrioblasto]]. Esta masa de células internas remata proxectándose cara ao centro da cavidade do blastocisto, mentres que este chega ao [[útero]] e flota nas súas secrecións ao redor de 2 días. Gradualmente a zona pelúcida —sobre o día quinto— vai dexenerando até desaparecer, preparando a implantación,<ref name="ReferenceA">Instituto Químico Biológico, ''Op. cit.''</ref> por medio dunha serie de ciclos de expansión e contracción. Este proceso é apoiado por un grupo de [[enzima]]s que disolven a zona pelúcida do lado do polo non-embrionario.<ref name=suisse>[http://www.embryology.ch/anglais/evorimplantation/furchung03.html Universités de Fribourg, Lausanne et Berne (Suisse). "The emergence of the blastocyst (hatching)".] {{en}} Consultada o 19/11/2012.</ref> A partir deste momento comézase a falar dun [[embrión]].
 
== Implantación ==
Aproximadamente dous días despois de chegar o blastocisto ao útero —entre 6 e 7 días despois da fecundación— o blastocisto adhíerese ao [[epitelio]] endometrial do útero, polo xeral no polo máis cercano á masa celular interna. Tan pronto como se fixa ao útero, o trofoblasto comeza rapidamente a proliferar formando, gradualmente, dúas capas: o ''citotrofoblasto'' cara a dentro e o ''sincitiotrofoblasto'' do lado externo.<ref>Instituto Químico Biológico, ''Op. cit.''<name="ReferenceA"/ref>
 
== Notas ==
Liña 50:
* Forgács, G. & Newman, Stuart A. (2005): [http://books.google.com/books?id=rUyVWQhk7CkC&pg=PA24 "Cleavage and blastula formation"], en ''Biological physics of the developing embryo.'' Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-78337-8.
* Lombardi, Julian (1998): [http://books.google.es/books?id=cqQX9RMPAegC&pg=PA226&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false "Embryogenesis"], en ''Comparative vertebrtate reproduction''. Nowell, Massachussetts: Kluwer Academic Publishers. ISBN 0-7923-8336-2.
* McGeady, T. A.; P. J. Quinn; E. S. FitzPatrick & M. T. Ryan (2006): ''Veterinary Embryology''. New York: John Wiley & Sons. ISBN 978-1-405-11147-8.
 
=== Outros artigos ===
Liña 56:
* [[Embrioxénese]]
* [[Gástrula]]
* [[Mórula]]
 
=== Ligazóns externas ===