Epitelio de transición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
 
== Características ==
O grosor do epitelio de transición varía ao longo do tracto urinario. Nos cálices renais só ten dúas ou tres células de grosor, no uréter ten catro ou cinco, e na vexiga contraída ten de seis a oito.
 
O epitelio de transición da vexiga está sometido a grandes cambios de tensión debido ao grao de enchemento de dito órgano en cada momento. Cando a vexiga está contraída e pouco chea, o epitelio consta de moitas capas celulares con distinta morfoloxía: as máis profundas son cuboideas ou cilíndricas, enriba teñen células poliédricas irregulares e as da capa superior, que dan á luz, son grandes e cunha superficie arredondada moi característica. Polo contrario, cando a vexiga está moi chea e o órgano está distendido, o estiramento do epitelio fai que se distingan só dúas capas: a inferior con células cuboideas e a superior, que dá á luz, con células planas (escamosas) e grandes.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 62-64, 793-795. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
 
Nas micrografías electrónicas a superficie que dá á luz das células é ondulada en conxunto e formada por tramos de membrana rectos, que poden formar contornos angulosos cos tramos adxacentes. O [[citoplasma]] superficial das células que dan á luz ten moitos filamentos e presenta numerosas [[vesícula]]s aplanadas ou elípticas rodeadas dunha membrana con características similares ás da membrana plasmática destas células, as cales son moi características das células do epitelio de transición.
 
A [[membrana plasmática]] luminal destas células (e a das vesículas) é tamén moi peculiar, xa que é máis grosa do normal (12 [[nanómetro|nm]]) e moi asimétrica, xa que as dúas liñas densas escuras (hidrófilas) que rodean á liña clara central (hidrófoba) da membrana non son do mesmo grosor como é habitual, senón que a liña escura luminal é moito máis grosa ca a citoplasmática. Ademais, a membrana examinada con contraste negativo e en óptica de difracción mostra unha estrutura reticulada moi ordenada formada por subunidades hexagonais. Estas especializacións da membrana non se encontran noutras células. Crese probable que estas características especiais da membrana contribúan á súa impermeabilidade á auga. <ref name=Fawcett/>
 
Debaixo do epitelio de transición hai unha [[lámina basal]], que a separa da lámina propia da parede do órgano. O tecido conxuntivo da lámina propia pode formar pregamentos que ás veces penetran profundamente no epitelio.
 
== Funcións ==
O epitelio de transición acomódase á flutuación do volume de líquido no órgano ou conduto urinario, protexe contra os efectos cáusticos da [[urina]], e é impermeable. Ten gran elasticidade e alta resistencia eléctrica transepitelial. <ref>{{Cita libro|author=Andersson, Karl-Erik|title=Urinary Tract|publisher=Springer|year=2011|isbn=978-3-642-16498-9|url=http://books.google.com/books?id=jnfQ5VbxJ_AC}} </ref>
Aínda que a tonicidade da urina da vexiga pode ser de dúas a catro veces máis alta ca a dos capilares da parede vesical, non pasa auga do plasma á urina (o que causaría a súa dilución), debido a que o epitelio funciona como eficaz barreira impermeable, debido ás propiedades da súa membrana plasmática e á presenza de [[unión hermética|unións herméticas]] entre as células superficiais. <ref name=Fawcett/>
 
== Patoloxía ==
Liña 41:
 
* As infeccións do tracto urinario están entre os tipos de infeccións máis comúns, xeralmente causadas pola bacteria ''[[Escherichia coli]]''.
* Unha afección bastante rara que afecta ao urotelio e que ten síntomas similares á infección do tracto urinario é a [[cistite intersticial]]<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmedhealth/PMH0001508/ PubMed Health Interstitial cystitis]</ref>. Porén, os cultivos da urina dan negativo, polo que non hai infección. Durante a hidrodistensión da vexiga, obsérvanse con frecuencia pequenas hemorraxias petequiais na vexiga. <ref>J. P. MacDermott, G. L. Charpied, H. Tesluk and A. R. Stone. Histological changes in interstitial cystitis. International Urogynecology Journal, Volume 4, Number 4, 1993, 246-249.</ref> A causa da doenza non se coñece, pero as investigacións están a enfocarse cara ao urotelio, e a moléculas de sinalización recentemente descubertas, que suxiren que o urotelio é algo máis ca unha barreira, e ás interaccións entre o urotelio e os [[nervio]]s e o [[músculo liso]].
 
* Unha afección bastante rara que afecta ao urotelio e que ten síntomas similares á infección do tracto urinario é a [[cistite intersticial]]<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmedhealth/PMH0001508/ PubMed Health Interstitial cystitis]</ref>. Porén, os cultivos da urina dan negativo, polo que non hai infección. Durante a hidrodistensión da vexiga, obsérvanse con frecuencia pequenas hemorraxias petequiais na vexiga. <ref>J. P. MacDermott, G. L. Charpied, H. Tesluk and A. R. Stone. Histological changes in interstitial cystitis. International Urogynecology Journal, Volume 4, Number 4, 1993, 246-249.</ref> A causa da doenza non se coñece, pero as investigacións están a enfocarse cara ao urotelio, e a moléculas de sinalización recentemente descubertas, que suxiren que o urotelio é algo máis ca unha barreira, e ás interaccións entre o urotelio e os [[nervio]]s e o [[músculo liso]].
 
* O urotelio é susceptible ao [[carcinoma]]. Como a vexiga está en contacto coa urina durante longos períodos, pénsase que é probable que as substancias químicas presentes nela poden causar [[cancro]] de vexiga .<ref name="Brinkman M, Zeegers MP 2008 25–36">{{Cita publicación periódica|author=Brinkman M, Zeegers MP |title=Nutrition, total fluid and bladder cancer |journal=Scandinavian Journal of Urology and Nephrology. Supplementum |volume= 42|issue=218 |pages=25–36 |year=2008 |pmid=18815914 |doi=10.1080/03008880802285073}}</ref> Son factores de risco a exposición a certas substancias químicas en determinados traballos<ref>{{Cita publicación periódica|author=Reulen RC, Zeegers MP |title=A meta-analysis on the association between bladder cancer and occupation |journal=Scandinavian journal of urology and nephrology. Supplementum |volume= 42|issue=218 |pages=64–78 |year=2008 |pmid=18815919 |doi=10.1080/03008880802325192}}</ref> ou aos compoñentes [[carcinóxeno]]s do tabaco.<ref>{{Cita publicación periódica|author=Boffetta P |title=Tobacco smoking and risk of bladder cancer |journal=Scand J Urol Nephrol Suppl |volume=42 |issue=S218 |pages=45–54 |year=2008 |pmid=18815916 |doi=10.1080/03008880802283664}}</ref>. Outra doenza tumoral é o neoplasma urotelial papilar de baixo potencial de malignidade (PUNLMP), consiste en crecementos tumorais pre-malignos con forma papilar que aparecen no urotelio e que poden dexenerar (con baixa probabilidade) en cancro de vexiga <ref name=pmid16697785>{{Cita publicación periódica |author=Jones TD, Cheng L |title=Papillary urothelial neoplasm of low malignant potential: evolving terminology and concepts |journal=J. Urol. |volume=175 |issue=6 |pages=1995–2003 |year=2006 |pmid=16697785 |doi=10.1016/S0022-5347(06)00267-9 |url=}}</ref>.