Lev Semiónovich Berg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Lev Berg graduouse na Universidade Estatal de Moscú en [[1898]]. Entre [[1903]] e [[1914]] traballou no Museo de [[Zooloxía]] de [[San Petersburgo]]. Foi un dos fundadores do Instituto Xeográfico, que se convirteu no que na actualidade é a Facultade de Xeografía da Universidade de San Petersburgo.
 
Berg estudou e determinou a profundidade dos [[lago]]s de [[Asia Central]], incluíndo o [[Lago Baikal|Baikal]] e o [[Issyk Kul]]. Sentou as bases da [[limnoloxía]] en [[Rusia]] cos seus estudos sobre as condicións ambientais da [[auga doce]] (sobre todo en lagos).
Liña 16:
Desempeñou o cargo de presidente da Sociedade Xeográfica Soviética entre [[1940]] e [[1950]]. Foi un dos pais da [[xeografía]] rusa. Foi o primeiro en Rusia en dar unha definición con vocación [[holística]] da [[paisaxe]], como un todo que engloba [[Relevo terrestre|relevo]], [[clima]], [[vexetación]], [[solo|tipo de solo]] etc. Enclavose dentro da corrente do [[determinismo|determinismo ambiental]].
 
En [[Occidente]], Berg é máis coñecido por ser o autor da controvertida teoría sobre a [[macroevolución]] da [[Nomocénese]].<ref>Berg, Lev Semiónovich (1922): ''Nomogenes ili evolutsia na osnove zakonomernostey''. Trudy Geograficheskogo Instituta.</ref>
 
Ao longo da súa vida recibiu varios premios, ademais do xa mencionado Premio Stalin. Outorgáronselle a medalla da Orde da Bandeira Vermella do Traballo([[1945]]), a Medalla pola Defensa de Leningrado (1945) e a Medalla polo Labor Meritorio durante a ''Gran Guerra Patriótica'' (nome ruso da [[Segunda Guerra Mundial]]) ([[1946]]).