Diferenzas entre revisións de «Moreira (árbore)»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
Hai un xénero estreitamente vencellado: ''[[Broussonetia]]'' (en especial ''[[Broussonetia papyrifera]]'').
 
De novas son de rápido crecemento, indo despois amodo, raramente excedendo os 15 m de altura. As [[folla]]s arréglanse alternativamente, son simples, ás veces lobuladas (máis frecuentemente lobuladas en gomos novos que en árbores maduras), e serradas na marxe. O [[froito]] é múltiple, de 2-3 2–3 cm de longo. As amoras brancas comezan cunha cor verde abrancazada e pasan a brancas con bordos rosados cando estean maduras. As amoras negras comezan cunha cor encarnada e ben maduras son púrpuras escuras a negras, comestíbeis e doces, con bo sabor en varias especies.
 
== [[Especie]]s ==
O froito chegado é comestíbel e moi usado en tortas e viños. As [[amora]]s da moreira negra, nativa do suroeste de Asia, e as da moreira vermella, do leste de América do Norte, teñen os sabores máis fortes. As amoras da moreira branca, do leste de Asia, moi naturalizadas en todas as rexións urbanas de América, teñen un sabor diferente, ás veces até eslamiado. A froita chegada ten cantidades significativas de [[resveratrol]]. Sábese que a amora inmatura e as partes verdes da planta teñen unha saponina tóxica e um chisco alucinóxena.<ref>[http://www.erowid.org/herbs/mulberry/mulberry_info2.shtml Erowid Mulberry Vault : Hallucinogenic properties]</ref>
 
As amoras negras, vermellas e brancas son cosmopolitas e moi comúns na [[India]], o [[Paquistán]], [[Irán]], ou [[Afganistán]]. A [[árbore]] e maila froita coñécense en [[idioma persa]] coma ''toot'' (amora) ou ''shahtoot'' (amora rei ou superior). [[Marmelada]]s e [[sorbete]]s de amora son comúns nestas rexións. A amora negra levouse á Gran Bretaña no [[século XVII]] coa esperanza de a usar no cultivo do [[verme da seda]] ( ''Bombyx mori''). Foi moi usada en medicina folclórica, especialmente para tratar a [[tiña]].
 
As [[folla]]s da moreira, particularmente as da branca, son ecoloxicamente importantes pois son a única fonte de alimentación do verme da seda, cuxo [[casulo]] úsase para tirar a [[seda]]. Outras larvas de [[Lepidoptera]] tamén a usan como alimento: ''[[Hemithea aestivaria]]'', ''[[Mimas tiliae]]'' ou ''[[Acronicta aceris]]''.
As antocianinas son [[pigmento]]s comestíbeis, usados coma colorantes de alimentos naturais. Como a seguranza dos pigmentos sintéticos está en dúbida e coa demanda insatisfeita de colorantes naturais, o seu significado na industria alimentaria aumenta. Ditas antocianinas renden atractivas cores coma rubias e azuis. Ademais son hidrosolúbeis, polo que a súa incorporación en sistemas acuosos alimentarios é doada. Alén das propiedades colorantes, tamén posúen as pripiedades antioxidantes; antineoplásticas, protectoras de radiación, vasotónicas, vasoprotectoras, antiinflamatorias, protectoras do fígado.
 
Xueming Liu e coautores do ''Instituto de Investigación Sericultural'', da ''Academia de Ciencias Agrícolas de Guangdong'', na China, desenvolveron en 2004 un método barato e industrialmente posíbel de purificación de antocianinas das amoras, dando colorantes vermellos de alto valor colórico (por riba de 100). Atoparon que 31 cultivares chineses de amora testados rendiron un total de antocianinas de 147,68 &nbsp;mg a 2725,46 &nbsp;mg/L de zume de froita. A extracción e purificación foi feita usando [[etanol]] acidificado coma solvente efluente e unha resina macroporosa copolímera poliestirénica cruzada, como adsorbante. Os resultados indicaron que os [[azucre]]s totais, ácidos totais, vitaminas permanecieron intactos no zume residual despois de remexer as antocianinas, e que o zume residual fora fermentado para producir zume, viño e xarope. O contido de antocianinas depende do clima e é meirande en zonas asolladas.
 
O xénero ''Morus'' foi domesticado hai milleiros de anos, e a miúdo se realiza unha mellora xenética por heterose, principalmente para aumentar o rendemento das follas para alimento do verme da seda. Non se desbota unha mellora para producir máis e mellores [[baga]]s.
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións