Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
== Extremo 3' ==
[[Ficheiro:PhosphodiesterBondDiagram.png|miniatura|200px|[[Enlace fosfodiéster|enlaces fosfodiéster]] (dentro dos círculos) entre nucleótidos.]]
O '''extremo 3 prima''' (3') dunha cadea de ácido nucleico é o extremo que contén o grupo 3'-OH ([[hidroxilo]]) terminal no 3º carbono do azucre. O extremo 3'-OH é necesario para a síntese de novas moléculas de ácido nucleico, xa que se engaden a el nucleótidos, que se enlazan polo fosfato do extremo 5' destes, orixinando un [[enlace fosfodiéster]], que alonga a cadea.
 
Os biólogos poden utilizar [[nucleótido]]s que carecen do grupo 3'-OH (chamados didesoxirribonucleótidos) para interromper a [[replicación do ADN]]. Esta técnica coñécese como o método de terminación da cadea didesoxi ou método de Sanger, e utilízase na [[secuenciación do ADN]].
Liña 32:
 
== Augas arriba e augas abaixo ==
Outra forma de indicar direccionalidade nos ácidos nucleicos con respecto aos seus extremos é utilizar as expresións '''"augas arriba"''' (en inglés '''''upstream''''') e '''"augas abaixo"''' (en inglés '''''downstream''''').
 
Augas arriba quere dicir en dirección ao extremo 5' (é dicir, movéndonos de 3' a 5'). Por exemplo, o [[promotor (xenética)|promotor]] dun xene está situado augas arriba. O termo procede da comparación cun río, xa que se considera por convención que os ácidos nucleicos empezan ("nacen") no extremo 5', polo que ese sería o nacemento do río e ir nesa dirección denominouse ir ''upstream'', augas arriba, corrente arriba, río arriba ou contracorrente.
 
Augas abaixo quere dicir en dirección 3' (é dicir, movéndonos de 5' a 3'), cara ao final da cadea do ácido nucleico (a desembocadura do río). Por esa razón esta dirección denominouse ''downstream'', augas abaixo, corrente abaixo, río abaixo ou a favor da corrente. Por exemplo a [[poliadenilación|cola poli(A)]] nun ARNm maduro está augas abaixo.
 
Como as dúas cadeas do ADN son antiparalelas, se nunha delas o extremo 5' está á esquerda, moverse á esquerda por ela sería ir augas arriba (''upstream''). Pero na cadea [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]], ao ser antiparalela, tería o extremo 5' á dereita, polo que nela ir augas arriba sería ir cara á dereita.