Branquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Tuna Gills in Situ 01.jpg|miniatura|Branquias dun [[atún]].]]
As '''branquias''' ou '''galadas''' (termo popular) <ref>Outros nomes galegos populares das branquias son '''galas''', '''galaxas''' e '''guerlas'''.</ref> son os órganos respiratorios de numerosos [[animal|animais]] acuáticos, mediante os cales extraen o [[oxíxeno molecular|osíxeno]] (O<sub>2</sub>) disolvido na [[auga]] e transfiren a esta o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>).
 
Os animais acuáticos dotados de branquias captan o O<sub>2</sub> que se encontra disolvido na auga, o cal pasa aos fluídos internos ([[sangue]], [[linfa]] etc.) e é transportado aos [[tecido (bioloxía)|tecidos]], onde as [[célula]]s requíreno para a [[respiración celular]], proceso que se realiza en [[orgánulo]]s celulares denominados [[mitocondria]]s. Como resultado da respiración celular prodúcese CO<sub>2</sub>, o cal debe ser eliminado para evitar a [[intoxicación]] do medio interno.
 
Os animais máis pequenos e de menor taxa [[metabolismo|metabólica]] realizan o intercambio de gases pola superficie corporal. Pero os máis grandes necesitan unha superficie de intercambio máis extensa, para o que adquiriron no curso da [[evolución]] estruturas especializadas, as branquias. Para favorecer o intercambio, a circulación de fluídos está sempre especialmente organizada nestes órganos, incluso en aqueles animais que carecen dun sistema vascular desenvolvido, como os [[moluscos]].
Liña 20:
== As branquias nos peixes ==
 
Nos peixes óseos a auga é bombeada activamente, con movementos rítmicos, desde a cavidade bucofarínxea cara á cavidade situada debaixo do opérculo, pasando para iso entre as branquias. Dos tiburóns tense dito, pero agora sabemos que non é exacto, que se limitan a nadar coa boca aberta, de maneira que a auga flúe constantemente a través das branquias.{{cómpre referencia}}
 
== As branquias nos invertebrados e nas larvas dos anfibios ==