Diferenzas entre revisións de «Josef Suk (compositor)»

m
→‎Obra: Arranxos varios using AWB
m (→‎Obra: Arranxos varios using AWB)
A traxectoria compositiva de Suk pode dividirse en dous períodos. As súas obras temperás caracterízanse por un estilo [[Romanticismo musical|romántico tardío]] que mostra influencias de Dvořák e de [[Johannes Brahms]] que creou a imaxe de Suk como o herdeiro de Dvořák, mentres que as súas obras tardías mostran unha extensión da harmonía para crear un estilo máis complexo e persoal. Ao contrario que moitos dos seus compatriotas, Suk empregou pouco o folclore checo nas súas composicións.
 
En comparación con Dvořák, suk escribiu pouca música de cámara, mais acadou o éxito coas súas ''[[Catro pezas para violín e piano Op. 17]] ([[1900]]), e a súa ''Fantasía para violín e orquestra Op. 24'' ([[1903]]). Nas súas suites para piano ''Jaro Op. 22'' e ''Letní dojmi Op. 22b'', escritas as dúas en [[1902]], pode apreciarse un estado de optimismo, coincidindo coa época na que naceu o seu único fillo.
 
Entre as súas composicións máis coñecidas destacan a súa ''[[Serenata para cordas (Suk)|Serenata para cordas]]'' ([[1892]]) e a ''[[Sinfonía Asrael en Do menor]]'' ([[1906]]), unha obra escrita como consecuencia da morte do seu sogro en [[1904]] e da súa dona 14 meses despois, e da que o crítico musical [[Norman Lebrecht]] afirmou da gravación de [[Václav Talich]] en [[1952]] coa [[Orquestra Filharmónica Checa]] que era unha das 100 mellores gravacións do século.<ref>Norman Lebrecht, "Masterpieces: 100 Milestones of the Recorded Century" ''The Life and Death of Classical Music''. New York: Anchor Books (2007): 181 - 182</ref>. Outras obras coñecidas son a ''[[Suite conto de fadas "Raduz e Mahulena"]]'' ([[1898]]), o ciclo de obras para piano ''Cousas vividas e soñadas'' ([[1909]]), e a triloxía de [[poema sinfónico|poemas sinfónicos]] ''[[Conto de Verán (Suk)|Conto de Verán]]'' ([[1909]]), ''[[Maduración (Suk)|Maduración]]'' ([[1917]]) e ''[[Epílogo (Suk)|Epílogo]] ([[1929]], para [[soprano]], [[barítono]] e [[baixo (voz)|baixo]] ''soli'', coro e orquestra).
393.002

edicións