ADN ribosómico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Eucaryot rdna.png|thumb|400px|right|Disposición do ADNr eucariótico 18S, 5.8S e 28S en tándem.<br>O ADNr 5S codifícase separadamente.<br>'''NTS''': espazador non transcribíbel,<br>'''ETS''': espazador transcribíbel externo,<br>'''ITS''': espazador transcribíbel interno.]]
 
O '''ADN ribosómico''' ('''ADNr''' ou '''rDNA''')<ref>A sigla ADNr pode significar tamén ADN recombinante.</ref> é unha [[secuencia de ADN|secuencia]] de [[ADN]] contida nos [[cromosoma]]s que codifica [[ARN ribosómico]] (ARNr). Estas secuencias regulan a [[transcrición]] e iniciación da amplificación e conteñen segmentos espazadores transcribíbeis e non transcribíbeis. As unidades de transcrición do ARN ribosómico agrúpanse en tándem. Estas rexións de ADNr denomínanse tamén rexións de organización do nucléolo.
 
No [[xenoma]] humano existen cinco cromosomas con ADN ribosómico: os cromosomas [[cromosoma 13|13]], [[cromosoma 14|14]], [[cromosoma 15|15]], [[cromosoma 21|21]] e [[cromosoma 22|22]].
 
O nivel baixo de polimorfismo na unidade de transcrición do ADNr permite a caracterización de cada especie usando só uns poucos exemplares e fai que este ADN sexa útil para a comparación interespecífica.
 
Ademais, as repeticións das diferentes rexións de codificación do ADNr mostran distintas taxas de evolución. Como resultado diso, este ADN pode proporcionar información sobre case calquera nivel sistemático.<ref>Hillis, D. M. e Dixon, M. T. (1991): "Ribosomal DNA: molecular evolution and phylogenetic inference". ''Quart. Rev. Biol.'' '''66''': 411-453.</ref>