Gran Premio de Francia de 1959: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 37:
}}
 
O '''Gran Premio de Francia de 1959''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]], celebrada en [[Reims-Gueux]], o 5 de xullo de 1959. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de {{f1|1959}}. Foi o 37º [[Gran Premio de Francia]] e o duodécimo que se celebrou no circuíto de estrada de [[Reims-Gueux]] e o cuarto, que se celebrou no trazado máis rápido de 8´348  km.. A carreira clebrouse sobre 50 voltas ao circuíto de máis de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 417 quilómetros.
 
== Informe ==
 
A carreira foi gañada polo piloto británico [[Tony Brooks]] pilotando un [[Ferrari 246 F1|Ferrari Dino 246]]. Brooks dominou a carreira, liderando as 50 voltas e gañou por 27 segundos sobre o seu compañeiro na [[Scuderia Ferrari]], o americano [[Phil Hill]]. Brooks dixo logo da carreira que quedaralle o acelerador agarrotado nas últimas voltas, o fixo máis difícil o resultado do que parecía. O piloto australiano [[Jack Brabham]] quedou a máis dun minuto, na terceira posición, pilotanod un [[Cooper T51]] para o equipo de fábrica de [[Cooper Car Company|Cooper]].
 
O día da carreira ía moita calor, ata o punto que o betume do asfalto comezou a fundirse. Os coches de carreiras lanzaban as pedras do asfalto, que foron a causa da retirada do americano [[Masten Gregory]] con cortes na cara, e de [[Graham Hill]] co seu [[Lotus 16]] logo de que o seu radiador resultara furado.
 
[[Stirling Moss]] foi descualificado da oitava posición por recibir un empuxón para arrancar o seu [[British Racing Partnership|BRM P25]]. Moss apretara duro tratando de superar un defecto na caixa de cambios, logrando unha nova marca de volta. [[Jean Behra]] tamén farzara o seu Ferrari 246, subindo ao terceiro posto logo de aiantar a non menos de catro compañeiros de equipo nesta carreira. O motor de Behra rompeu debido ao esforzo e o francés tivo unha acalorada discusión co director do equipo [[Romolo Tavoni]], que terminou con Behra a puñadas con Tavoni. Sería a última carreira de Behra con Ferrari, co francés despedido polo ataque.<ref>{{cite web |url=http://en.espnf1.com/f1/motorsport/story/5286.html |title=Grit, punches and shattered goggles |first=Martin |last=Williamson |date=December 18, 2009 |publisher=ESPN F1 |accessdate=November 28, 2011 }}</ref>
 
A vitoria foi a primeira da tempada para a Scuderia Ferrari e colocou a Brooks en segundo lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Brabham. A segunda posición de Hill situouno terceiro no campionato.
 
== Clasificación ==