Poiquilotermo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q189684
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Bgbo frosch ies.jpg|thumb|250 px|right|A [[ra vermella]] (''Rana temporaria'') é un animal poiquilotermo.]]
[[Ficheiro:Nacktmull.jpg|thumb|250 px|right|[[Rata toupa espida]] (''Heterocephalus glaber'').]]
Un '''poiquilotermo''' <ref>Do neoloxismo grego ποικιλόθερμος ''poiquilótermos'', formado cos termos do [[lingua grega|grego antigo]] ποικίλος ''poikílos'', "variábel", "cambiante", e θερμός ''thermós'', "quente". [http://www.komvos.edu.gr/dictonlineplsql/simple_search.display_full_lemma?the_lemma_id=34505&target_dict=1 Triantafyllidis Online Lexicon ποικιλόθερμος]</ref> é un [[ser vivo|organismo]] cuxa temperatura interna varía considerabelmente. Este termo é o oposto a [[homeotermo]], que é como se cualifica a un organismo que mantén a [[homeóstase]] térmica.
 
Normalmente a variación da temperatura corporal é consecuencia da variación da temperatura ambiente. Desta forma, o corpo do animal permanece cunha temperatura variábel, consonte á que existe no medio ambiente onde está inserido, ou ben ten hábitos comportamentais que lle permite manter a súa temperatura en niveis aceptábeis para o seu organismo.
 
Moitos animais [[ectotermia|ectotérmicos]] terrestres son '''poiquilotérmicos'''.<ref>Hildebrand, M.; G. E. Goslow, Jr. e V. Hildebrand (2001): ''Analysis of vertebrate structure''. New York: John Wiley & Sons. ISBN 0471295051, p. 429.</ref> Porén, algúns [[ectotermo]]s que permanecen en ambientes de temperatura constante manteñen, por iso, unha temperatura interna constante (é dicir, son [[homeotermo]]s). É isto o que xustifica que moitas veces o termo "animal poquilotermo" (e a súa condición, a '''poiquilotermia''') sexa máis útil que a expresión vernácula ''animal de sangue frío'' que ás veces se utiliza para referirse aos ectotermos de maneira máis xeral.
 
Os animais poiquilotérmicos inclúen tipos de [[vertebrado]]s, especificamente os [[peixe]]s, [[anfibio]]s e [[réptil]]es, así como un gran número de [[invertebrado]]s. A [[rata toupa espida]] (''Heterocephalus glaber'') é o único [[mamífero]] que se cre que é poiquilotérmico.<ref> Daly, T. J. M.; Williams, L. A. e Buffenstein, R. (1997): "Catecholaminergic innervation of interscapular brown adipose tissue in the naked mole-rat (Heterocephalus glaber)". ''Journal of Anatomy'', '''190''': 321-326.</ref> <ref>Sherwin, C. M. (2010): "The Husbandry and Welfare of Non-traditional Laboratory Rodents". In ''UFAW Handbook on the Care and Management of Laboratory Animals'', R. Hubrecht e J. Kirkwood (Eds). Wiley-Blackwell. Capítulo 25, pp. 359-369.</ref>
 
== Fisioloxía ==
[[Ficheiro:Homeothermy-poikilothermy.png|thumb|250 px|right|Relación entre a temperatura corporal e a enerxía dispoñíbel dun poiquilotermo (un [[lagarto]], esquerda) e un homeotermo (un [[rato]], dereita).]]
Para algunhas reaccións químicas importantes, os poiquilotermos poden ter de 4 a 10 sistemas de [[enzima]]s que operan a diferentes temperaturas.<ref>Cavalier-Smith, T. (1991): "Coevolution of vertebrate genome, cell and nuclear sizes", in G. Ghiara ''et. al'' (eds.) ''Symposium on the evolution of terrestral vertebrates''. Modena: Muchi, pp. 51-58.</ref> Por iso os poiquilotermos frecuentemente teñen [[xenoma]]s máis grandes e máis complexos que os homeotermos que ocupan o mesmo [[nicho ecolóxico]]. As [[ra]]s son un exemplo notábel deste efecto.<ref>Ryan Gregory, T. (2002): "Genome size and developmental complexity". ''Genetica'' '''115''' (1): 131–146.</ref>
 
Polo feito de que o seu metabolismo é variábel e xeralmente por debaixo do dos animais homeotérmicos, actividades sostidas que requiren moita enerxía como o [[voo]], o gasto de enerxía en grandes animais ou o feito de teren un [[cerebro]] grande, vai más alá que nos animais poiquilotérmicos.<ref>Willmer, P., Stone, G. & Johnston, I. A. (2000): ''Environmental physiology of animals''. London: Blackwell Science Ltd. ISBN 063203517X</ref>
 
O [[metabolismo]] dos poiquilotermos favorece estratexias tales como deitarse e esperar na caza, en lugar de perseguir presas animais de maior tamaño, cun alto custo en movemento. Como non utilizan o seu metabolismo para quentar ou arrefriar o seu corpo, os requerimentos de enerxía total ao longo do tempo son baixos. Para un mesmo peso corporal, os poiquilotermos necesitan por termo medio unha décima parte da enerxía que necesitan os homeotermos.<ref>Campbell, N. A., Reece, J. B. ''et al''. (2002): ''Biology''. 6th edition. Benjamin/Cummings Publishing Company, Inc.</ref>
Liña 32:
Para un poiquilotermo é fácil, comparativamente, acumular suficiente enerxía para reproducirse. Nun mesmo nicho ecolóxico, os poiquilotermos adoitan teren xeracións máis curtas que os homeotermos, de semanas en lugar de anos. Tal ocorre en animais con papeis ecolóxicos similares como os [[gato]]s e as [[serpe]]s.
 
Esta diferenza en requerimento enerxético tamén significa que un nicho dado dun sistema ecolóxico determinado pode suportar máis densidade de animais poiquilotérmicos que de homeotérmicos.<ref>Steen, J. B.; Steen, H. & Stenseth, N. C. (1991): "Population Dynamics of Poikilotherm and Homeotherm Vertebrates: Effects of Food Shortage". ''Oicos'' '''60''' (2): 269-272. [http://www.jstor.org/stable/3544877 resume]</ref> Isto reflíctese na relación [[depredación|depredador/presa]], que normalmente é máis alta na [[fauna]] poiquilotérmica que na homeotérmica. Así mesmo, nun nicho dado, os homeotermos frecuentemente levan aos seus competidores poiquilotérmicos á extinción, porque os homeotermos poden recoller alimento durante unha fracción máis grande de cada dia. Por exemplo, as [[hiena]]s adoitan cazar de noite, mentres que os poiquilotermos normalmente non poden facelo.
 
Os poiquilotermos teñen éxito nalgúns nichos, como as illas e os desertos cálidos, ou en [[biorrexión]]s diferenciadas (como a cunca do [[río Amazonas|Amazonas]]). Estes [[bioma]]s a miúdo non teñen suficientes alimentos para soportar unha poboación viábel de homeotermos que críen. Nestes hábitats poiquilotermos como os grandes [[lagarto]]s, [[ra]]s e [[cangrexo]]s substitúen a homeotermos como [[aves]] e [[mamífero]]s.
 
== En medicina ==
En [[medicina]], a perda da [[termorregulación]] normal no [[ser humano|home]] coñécese tamén como "poiquilotermia". Esta normalmente obsérvase en relación con drogas sedantes e hipnóticas. Por exemplo, os [[barbitúrico]]s, o [[etanol]] e o [[hidrato de cloral]] <ref>Droga hipnótica relativamente segura e efectiva que se usa como sedante en nenos que van a someterse a procedementos como o electroencefalograma (EEG), a tomografía axial computarizada (CAT Scan, nas súas siglas inglesas), a imaxes por resonancia magnética (MRI) e outros.</ref> poden producir este fenómeno.<ref>Leon Rosenthal (2009): "3". In Teofilo L. Lee-Chiong, ''Sleep Medicine. Essentials and Review''. Wiley-Blackwell. ISBN 0195306597, p. 12.</ref>
 
== Notas ==