Hipoderma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Skin.png|miniatura|350px|Sección da pel que mostra as súas capas. O subcute indica o hipoderma.]]
O '''hipoderma'''<ref>Dicionario da Real Academia Galega - [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=hipoderma Hipoderma]</ref> é a capa máis profunda do sistema tegumentario dos [[vertebrado]]s, situada debaixo da [[derme]] <ref>Mosby’s Medical, Nursing and Allied Health Dictionary, Fourth Edition, Mosby-Year Book 1994, pp. 998, 774, 1497</ref>. Ás veces utilízase para referirse a el o termo "tecido subcutáneo", que é anatomicamente máis impreciso e máis inexacto. O hipoderma consiste principalmente en [[tecido conxuntivo]] laxo e lóbulos de graxa. As súas fibras [[coláxeno|coláxenas]] e elásticas discorren principalmente paralelas á superficie da pel, continúanse coas da derme e conectan coas estrutruras máis profundas; son numerosas na planta dos pés e palmas das mans, onde fixan fortemente a pel ás estruturas inferiores, pero noutras zonas do corpo a cantidade de fibras é menor. Contén vasos sanguíneos máis grandes ca os da derme e nervios. Os tipos de células que se encontran no hipoderma son [[fibroblasto]]s, [[adipocito]]s, e [[macrófago]]s. <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 565. ISBN 84-7605-361-4.</ref> A función do hipoderma é principalmente protectora e de almacenamento de graxa.
 
O hipoderma deriva do [[mesoderma]] embrionario.
 
== Compoñentes ==
Liña 19:
 
===Graxa subcutánea===
A graxa subcutánea está xusto debaixo da pel e diferénciase da graxa visceral, que se encontra na cavidade peritoneal. Esta graxa forma unha capa illante que evita as perdas de calor. Nalgúns animais como as baleas, focas e animais hibernantes, ademais do illamento térmico é unha reserva de graxa para a nutrición. A cantidade de células adiposas que contén o tecido subcutáneo depende das rexións do corpo e da nurtrición. No abdome humano pode chegar a ter 3 &nbsp;cm ou máis, pero non existe noutras zonas como as pálpebras ou pene.
 
==Inxección subcutánea==
Liña 27:
O termo utilízase tamén noutros seres vivos non vertebrados, pero con outros significados.
 
Nos [[artrópodo]]s chámase hipoderma a unha capa epidérmica de células que segrega o seu exoesqueleto [[quitina|quitinoso]].
 
Algunhas plantas teñen unha capa diferenciada de células debaixo da [[epiderme (plantas)|epiderme]] denominada hipoderme. Por exemplo, nas follas dos [[piñeiro]]s forma unha capa extra protectora.
Liña 39:
* [[Derme]]
* [[Pel]]
 
 
[[Categoría:Pel]]