Xuramento hipocrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
O '''xuramento hipocrático''' é un xuramento público que fan os que van empezar as súas prácticas con pacientes ou se gradúan en [[medicina]], [[enfermaría]], [[odontoloxía]] e outras persoas da área da saúde. Faise ante outros médicos, doutores, e ante a comunidade. O seu contido é carácter [[ética|ético]], para orientar a práctica do oficio.
 
Durante case dous mil anos a medicina occidental e árabe estivo dominada teoricamente por unha tradición que, remontándose ao médico grego [[Hipócrates]] ([[século -V|século V a.C.]]), adoptou a su forma definitiva da man de [[Galeno]], un grego que exerceu a medicina na Roma imperial no [[século II]]. Segundo a tradición, foi redactado por Hipócrates ou por un discípulo seu. O certo é que forma parte do ''corpus hipocraticum'', e pénsase que puido ser obra dos [[pitagóricos]].
 
Segundo Galeno, Hipócrates creou o xuramento cando empezou a instruír, apartándose da tradición dos médicos de oficio, a aprendices que non eran da súa propia familia.
 
No período clásico da civilización grega sobresaiu a arte de curar. Aínda que seguía contemplando principios relixiosos, a curación xa non estaba orientada pola maxia, senón polo clínico. Nesta época redactouse o primeiro escrito ético relacionado co compromiso que asumía a persoa que decidía curar ao próximo: o compromiso do médico era actuar sempre en beneficio do ser humano, e nunca prexudicalo.
 
Os escritos de Galeno foron o fundamento da instrución médica e da práctica do oficio até finais do [[século XIX]]. A partir do [[Renacemento]], época caracterizada pola veneración da cultura grecolatina, o xuramento empezou a usarse nalgunhas escolas médicas, e este costume foise ampliando despois a moitos países, aínda que é completamente ignorada en moitos.
 
A pesar de que só teña na actualidade un valor histórico e tradicional, alí onde se pronuncia, o tomalo está considerado como un rito de iniciación despois da graduación, e previo ao ingreso á práctica profesional da medicina.
Liña 53:
== Uso moderno e relevancia ==
 
O xuramento hipocrático modificouse varias veces, en diferentes países, ao longo da historia. Unha das revisións máis importantes é a ''[[Declaración de Xenebra (medicina)|Declaración de Xenebra]]'', redactada por primeira vez en [[1948]] pola ''Asociación Médica Mundial''; desde entónces revisouse varias veces.
 
Aínda que no existe ningunha obriga legal para os estudantes de medicina de facer un xuramento ao graduárense, o 98 % dos futuros médicos estadounidenses fixeron algunha forma de xuramento, contra só o 50 % dos estudantes de medicina británicos.
 
A gran maioría das fórmulas de xuramentos ou declaracións xuradas para os médicos foron modificadas e modernizadas. Nunha enquisa de 1989 en 126 facultades de medicina, só 3 notificaron que nelas se realizaba o xuramento orixinal, mentres que 33 utilizaran a declaración de Xenebra, 77 usaran un xuramento hipocrático modificado, 4 empregaran a ''oración de Maimónides'', unha utilizara un ''pacto'', 8 utilizaran outros xuramentos, unha utilizara un xuramento descoñecido e dúas non utilizaran ningún tipo de xuramento (e 7 non responderon á enquisa)
 
En Francia é común para os novos graduados médicos firmar un xuramento.<ref>Kaji Sritharan, Georgina Russell, Zoe Fritz, Davina Wong, Matthew Rollin, Jake Dunning, Philip Morgan, e Catherine Sheehan (2000): "Medical oaths and declarations", ''BMJ'', decembro de 2000.[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1121898/ ] Consultada o 21/09/2012</ref> <ref name="Letters, BMJ 8/8/1994"> {{Cita publicación periódica |título=Letters|revista=BMJ|ano=1994|volume=309|páxinas=952|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2541124/pdf/bmj00460-0068a.pdf|}} Consultada o 21/09/2012.</ref>
 
Algúns suxeriron que debería implantarse un xuramento similar para os científicos, un ''xuramento hipocrático para os científicos''.
Liña 114:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Farnell, Lewis Richard (2004): ''Greek Hero Cults and Ideas of Immortality''. Kessinger Publishing ISBN 1-4179-2134-X
 
=== Outros artigos ===