Toyota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
== Historia ==
[[Ficheiro:Toyota Headquarter Toyota City.jpg|right|thumb|Sede de Toyota na cidade de Toyota, Xapón]]
[[Toyota Industries|Toyoda Industries]] fora fundada por [[Sakichi Toyoda]] en [[1926]] para a fabricación de teares, utilizando o principio ''Jidoka'' (automatización autónoma) que significa que a máquina se detén cando atopa un problema, converténdose máis tarde en parte do [[sistema de produción Toyota]], en 1933 como parte da expansión da empresa estableceuse unha división dedicada á produción de vehículos de motor baixo a dirección dun dos fillos do fundador, [[Kichiro Toyoda]], os primeiros vehículos fabricados, so o nome Toyoda (トヨダ), foron o turismo A1, que non pasou da fase de protótipo e o camión G1 en 1935. En abril de 1936 púxose á venda o primeiro turismo da empresa, o modelo de AA. O prezo era de 3.350 iens, 400 máis barato que os coches da [[Ford Motor Company|Ford]] ou da [[GM]].
 
En setembro de 1936, a empresa organizou un concurso público para deseñar un novo logotipo, houbo 27.000 propostas e o deseño gañador foron os tres carácteres [[katakana]] do nome "Toyoda" nun círculo. Pero Risaburo Toyoda, quen casara na familia e non nacera con ese nome, preferiu "Toyota" (トヨタ), xa que se escribía en oito pinceladas, considerado un número da sorte, e era visualmente máis sinxelo, ao deixar fóra o signo diacrítico ao final, e cunha consonante xorda en lugar dunha sonora e segundo a tradición xaponesa as primeiras teñen un son claro, ademais "Toyoda" significa literalmente "arrozais fértiles", co que ao mudar de nome eliminou a asociación mental da empresa coa agricultura. Así pois cando a división automobilística adquiriu categoría xurídica propia como empresa independente, en agosto de 1937, rexistrouse como Toyota Motor Co.
 
En 1947 Toyota organizou un concurso de nomes para denominar a un novo modelo caracterizado por ser de pequeño tamaño, gañou a forma "Toyopet" (トヨペット) e así o novo vehículo vendeuse como SA Toyopet, e tamén recibiron este nome outros modelos como a camioneta Toyopet SB, a camioneta Stout Toyopet, Toyopet Crown e o Corona Toyopet. Cando Toyota finalmente entrou no mercado americano en 1957 co '''Crown''', o nome non foi ben recibido debido ás connotacións de xoguetes e mascotas e foi abandonado para o mercado americano, pero continuou noutros mercados ata mediados de 1960.
Liña 76:
| '''Outros'''|| 1,707,742
|}
 
 
== Modelos ==