Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

m
Arranxos varios using AWB
m (non é unha imaxe natural (afeitado, circuncidado) e só se ven os órganos externos. Para min non aporta moito.)
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Gray1144.png|miniatura|dereita|300px|Aparato xenital masculino no que se retirou a parede anterior do escroto e o pene foi colocado para arriba.]]
[[Ficheiro:Gray1152.png|miniatura|dereita|300px| Imaxe na que se ven as vesículas seminais, próstata, vexiga urinaria e o conduto deferente coa ampola.]]
O '''aparato reprodutor masculino''' está formado polos órganos xenitais situados na [[pelve]] masculina. No aparato reprodutor fórmanse os [[gameto]]s masculinos e outras [[secreción]]s que forman parte do [[seme]], que o aparato reprodutor masculino depositará no feminino para que se produza a fecundación, e produce algunhas [[hormona]]s (principalmente [[testosterona]]). Está constituído polos [[testículo]]s coas súas cubertas, o epidídimo e os condutos que conectan coa uretra, diversas glándulas ([[próstata]], [[vesícula seminal|vesículas seminais]], [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]]), e os órganos xenitais externos, que son o [[pene]] e o [[escroto]]. <ref>E. P. Salomon, C. A. Villee, P. W. Davis. Biología. 1987. Interamericana. Páxinas 1040-1042. ISBN 968-25-1225-5</ref> <ref name=A> Gerard J. Tortora, Bryan Derrickson: Principios de anatomía y fisiología, 11ª edición, Editorial médica panamericana, 2006, ISBN 968-7988-77-0. </ref>
 
==Órganos externos==
 
==Órganos internos==
Distinguiremos os testículos, epidídimo, os condutos que levan o seme, e as glándulas. <ref name=Anat/>
 
===Testículos===
Os '''[[testículo|testículos]]s''' son dúas gónadas ovoides situadas no escroto, que producen os [[gameto]]s masculinos ([[espermatozoide]]s) e hormonas esteroides ([[testosterona]] fundamentalmente). Comunícanse co epidídimo por medio dos condutiños eferentes. A capa externa do testículo é a túnica albuxínea formada por tecido conxuntivo. Desta túnica parten tabiques fibrosos que dividen o testículo en lobuliños, que terminan na parte posterior no mediastino do trestículo. O mediastino está atravesado por unha rede de condutos chamada rede testicular. Os espazos internos do testículo están cheos de [[túbulo seminífero|túbulos seminíferos]], na parede dos cales se producen as [[meiose]]s que orixinan os espermatozoides. No espazo que queda entre os distintos túbulos seminíferos encóntranse [[célula de Leydig|células de Leydig]] produtoras de testosterona. Os túbulos seminíferos son inicialmente moi retortos, pero despois na zona do mediastino fusiónanse e fanse rectos, e ábrense na rede testicular. Da rede testicular saen os condutiños eferentes que conectan co epidídimo.
 
===Epidídimo===
===Condutos===
Son o conduto deferente, o conduto exaculador (continuación do anterior) e a uretra.
* '''[[Conduto deferente]]'''. É a continuación do conduto do epidídimo. Ascende facendo un percorrido duns 45 &nbsp;cm ata unirse ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador. Ascende pola parte posterior do testículo, e na zona superior deste únese aos vasos e nervios do testículo e epidídimo, e queda todo o conxunto unido por tecido fibroso, formando o cordón espermático. Ao chegar ao anel inguinal profundo sepáranse os vasos e nervios e o conduto deferente segue só; despois, fai unha curvatura e penetra na pelve menor e conforme se achega á vesícula seminal faise máis groso formando a chamada ampola do conduto deferente.
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 &nbsp;cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Uretra]]'''. A uretra sae da [[vexiga urinaria]] e chega ao exterior expulsando a [[urina]]. Nas mulleres é un conduto exclusivamente urinario, pero nos homes é un conduto urinario e xenital, xa que os condutos exaculadores verten o seme na uretra na súa porción prostática. A uretra divídese xeralmente en ''porción prostática'', que atravesa a próstata e na que desembocan as secrecións da próstata, ''porción membranosa'', situada entre a próstata e o corpo esponxoso, e ''porción esponxosa'', que cursa polo interior do corpo esponxoso todo ao longo do pene, e cando chega á glande expándese formando a fosa navicular, que se abre ao exterior por unha fenda vertical chamada orificio uretral externo. Os condutos das [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]] desembocan na parte proximal da porción esponxosa. Das paredes da uretra, principalmente da porción esponxosa, ramifícanse as [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que producen unha secreción mucosa.
 
===Glándulas===
Estas glándulas segregan líquidos que forman parte do [[seme]], con función protectora, nutritiva ou lubricante e danlle certas propiedades ao seme. Son a próstata, as vesículas seminais e as glándulas bulbouretrais. <ref name=Anat/>
 
* '''[[Vesícula seminal|Vesículas seminais]]'''. Son un par de glándulas con forma de sáculo situadas na base da vexiga e por diante do recto. O extremo superior é groso e arredondado, e a parte inferior adelgaza e forma un curto conduto, que se fusiona co conduto deferente, formando o conduto exaculador. As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s.
* '''[[Próstata]]'''. É unha glándula impar que rodea a parte inicial da uretra. A base da próstata está pegada á cara inferior da [[vexiga urinaria]] e ten un vértice dirixido cara a abaixo. Está atravesada polos condutos exaculadores e pola uretra, os cales se unen por unhas pequenas fendas a cada lado da boca do utrículo prostático. Está dividida en moitos lobuliños incompletos por tecido fibroso, e chea de tubiños secretores. Estes tubiños glandulares forman decenas de condutos prostáticos, que se abren na parede posterior da uretra, principalmente nos seos prostáticos. As secrecións prostáticas conteñen: [[antíxeno]] específico da próstata, [[ácido cítrico]], [[fibrinóxeno]], [[espermina]], [[cinc]], [[magnesio]], [[encima]]s.
* '''[[Glándula bulbouretral|Glándulas bulbouretrais]]''' ou de Cowper. Son un par de pequenas glándulas situadas máis abaixo da próstata e máis arriba do bulbo do pene, á altura da porción membranosa da uretra (pero desembocan na porción esponxosa). Formadas por lobuliños glandulares moi unidos, forman un só conduto duns 2,5 &nbsp;cm, que desemboca na uretra esponxosa. Producen unha secreción lubricante.
* Ademais destas tres glándulas principais, existen numerosas [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que son ramificacións da parede da uretra e producen unha secreción mucosa protectora. Aparecen principalmente na porción esponxosa da uretra.
 
393.002

edicións