Diferenzas entre revisións de «George Harrison»

m
Arranxos varios using AWB
(→‎1970-1980: texto traducido desde a wiki es:George_Harrison#1970-1980)
m (Arranxos varios using AWB)
| ocupación = [[Cantante]], [[compositor]], [[músico]], [[produtor musical]] e [[produtor cinematográfico]]
| xénero = [[Música rock|Rock]], [[soft rock]], [[música de india]], [[pop rock]], [[blues rock]]
| instrumento = [[Baixo]],[[ guitarra]], [[ voz (música)|voz]], [[ukelele]], [[mandolina]], [[sitar]], [[piano]], [[tambura]], [[moog modular]], [[Batería (instrumento musical)|batería]], [[claves]], [[Teclado (instrumento musical)|teclado]], [[harmónica]]
| tipo de voz = [[Contralto]]
| selo = [[Parlophone]], [[Capitol]], [[Apple]], [[EMI]], [[Dark Horse]]
Fillo dunha familia de clase media de Liverpool, foi un amigo da infancia de [[Paul McCartney]], quen o propuxo a principios de 1958 a [[John Lennon]], para que integrase a súa formación, [[The Quarrymen]]. Os tres, formarían o grupo central que se convertería en The Beatles en [[1960]], e despois coa chegada de [[Ringo Starr]] en [[1963]] nun dos eventos máis importantes na historia da música popular do [[século XX]].
 
A influencia de Harrison na música dos Beatles foi crecendo cos anos. Foi ante todo o [[guitarra solista|guitarrista líder]], e un dos tres vocalistas dun grupo que se mantivo firme pola calidade das súas harmonías vocais. Foi a partir de 1965 cando el introduciu a [[filosofía india|espiritualidade]], a [[música india|música]] e os [[Instrumentos musicais da India|instrumentos]] da [[India]] no universo da musical dos ''Fab Four''.<ref> Apodo polo que tamén se coñecian The Beatles</ref> Para rematar, compuxo algunhas das súas cancións máis fermosas dos últimos anos, como'' [[While My Guitar Gently Weeps]]'','' [[Something]]'' e'' [[Here Comes the Sun]]''. Tamén é un dos pioneiros no uso de [[sintetizador]] no rock. A medida que o seu talento como compositor aumenta, di que a súa frustración de permanecer na sombra do tándem [[Lennon / McCartney]] crece. Isto faino participar nas disensións que levaron á separación dos Beatles en 1970.
 
Tras a disolución do grupo en [[1970]] Harrison gozou dun gran éxito artístico e comercial no inicio da súa carreira en solitario, co seu álbum triplo'' [[All Things Must Pass]]'' e a canción'' [[My Sweet Lord]]''. En 1971 organizou o [[The Concert for Bangladesh|Concerto para Bangladesh]], que foi o primeiro [[gala benéfica|concerto benéfico]] na historia do rock. Así mesmo, desenvolveu unha carreira de produtor cinematográfico, creando en 1978, xunto a [[Denis O'Brien]], a compañía [[Handmade Films]] para producir nun principio o filme ''[[Monty Python's Life of Brian]]'' (no que fai unha breve aparición), dos [[Monty Python]], aínda que máis tarde deu cabida, como actores, a xente da talla de [[Madonna]] (''[[Shanghai Surprise]]''). Antes de crear con [[Roy Orbison]], [[Tom Petty]], [[Jeff Lynne]] e [[Bob Dylan]] ( el ocultouse tras os pseudónimos de Nelson Wilbury e Spike Wilbury.) en 1988 o [[supergrupo]] [[Traveling Wilburys]], sufre os primeiros altibaixos na súa carreira en solitario. Esta formación produciu dous álbums.
 
En 2003 a revista ''[[Rolling Stone]]'' puxo a George Harrison no posto número 11 na [[Os 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos segundo Rolling Stone|lista dos 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos]].<ref>[http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-20111123/george-harrison-20111122 100 Greatest Guitarists George Harrison] {{en}}</ref> Máis de dez anos logo da súa morte, segue sendo considerado polo público como un dos máis grandes artistas do seu tempo.
 
 
 
== Traxectoria ==
 
Harrison naceu na casa onde vivira os seis primeiros anos da súa vida, no número 12 de Arnold Grove, situada en [[Wavertree]] ([[Liverpool]]). En 1950, foilles concedida unha ''[[council house]]'' (vivenda social)<ref>Ingham, ''Rough Guide to the Beatles'', [http://books.google.co.uk/books?id=htl2U1fPq8QC&pg=PA328 pág. 328.]</ref> que foi ofrecida á familia, que se mudou para o número 25 da Upton Green, en Speke.<ref>Miles and Badman, ''The Beatles' Diary'', [http://books.google.co.uk/books?id=_TBkf1ttNBYC&pg=PA7 pág. 7.]</ref>.
A súa primeira escola foi a Escola Primaria de Dovedale, bastante próxima da de Penny Lane<ref>Harrison, ''I Me Mine'', [http://books.google.co.uk/books?hl=en&client=firefox-a&rls=org.mozilla:en-US:official&hs=FtF&resnum=0&q=%22george%20harrison%22%20Dovedale%20Road%20Infants%20%26%20Juniors%20School&um=1&ie=UTF-8&sa=N&tab=wp pág. 28.]</ref> a escola onde estudava o seu futuro socio [[John Lennon]].<ref>Frame, ''Rockin' Around Britain'', [http://books.google.co.uk/books?id=GHPVGbDS0KsC&pg=PT84 pág. 73.]</ref> A súa educación comezou cun ano de atraso por mor das grandes cantidades de alumnos que se matriculaban nas escolas locais logo dun aumento na taxa de natalidade, isto tamén explica porque el foi educado nunha escola lonxe da súa casa<ref group="c"> Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 161 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>.Tamén fai a [[comuñón]], pero decide non facer a [[confirmación]], asistindo pouco á realización do culto litúrxico<ref name="A26">The Beatles, The Beatles Anthology , Seuil, 2000, 367 p. ( ISBN 2-02-041880-0 )</ref>. Ata ten o costume de correr a esconderse cando o sacerdote local vai visitar á súa familia<ref group="c"> Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 319 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>. Aínda que a área de Speke é un área difícil na que "houbo algunhas familias moi problematicas", Harrison considera ter unha infancia feliz.<ref name="A26"/>
 
Aprobou o exame coñecido como ''11-plus''<ref group="c">No Reino Unido , o '''11-plus''' ou '''Eleven plus''' é un exame que se lle fai a algúns estudantes no seu último ano da [[educación primaria]] para a admisión aos distintos tipos de [[educación secundaria|escola secundaria]].</ref>. e logrou unha praza no Liverpool Institute for Boys (edificio que hoxe alberga o Liverpool Institute for Performing Arts ), ao que asistiu desde 1954 ata 1959. Este período é difícil para el (ata chega a dicir que foi a peor época da súa vida). Suspendio os seus exames finais e dixo que os poucos puntos que obtivo foi por escribir o seu nome na parte superior da folla do exame.
Dous anos máis tarde, a economía da casa mellora e isto permítelle comprar un instrumento mellor. Mentres que en Liverpool a música [[skiffle]] está de moda, Harrison funda a banda ''The Rebels'' co seu irmán Peter e un amigo.<ref group="c">{{en}} [http://www.timesonline.co.uk/tol/comment/obituaries/article2106466.ece « ''{{lang|en|Lives in Brief}}'' »], ''Times Online''. 11-10-2010</ref>. Logo dunha reunión o grupo desiste de continuar.<ref group="a">(en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 315 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>.
 
Nesta época coincide no autobus que os trae de regreso da escola con [[Paul McCartney]] que era nove meses máis vello que el. A atracción que senten pola música favorece o nacemento da súa amizade, e os seus concerto con The Rebels axuda a gañar en credibilidade. Entre os dous nace unha gran amizade e xuntos perfeccionan o seu tecnica musical.<ref group="a"> Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref> Durante o verán de 1957, ambos os dous se van de xolda facendo [[autostop]] cara á costa sur coas súas guitarras.<ref group="a">(en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>
McCartney, finalmente, trasládase a outra parte da cidade, onde se fai amigo de John Lennon, que tamén ten o seu grupo de música, [[The Quarrymen]], grupo ao que Paul se une despois demostrar as súas capacidades musicais.<ref>The Beatles (trad. Philippe Paringaux), The Beatles Anthology, Seuil, 2000, 26 cm × 35 cm, relié, 367 p. (ISBN 2-02-041880-0)</ref> Harrison viu á banda por primeira vez durante un concerto o [[6 de febreiro]] de [[1958]] no [[Wilson Hall]].<ref>Spitz (2005) p125</ref> Pouco despois, McCartney suxire à Lennon incluír a Harrison no grupo. Este último, aínda que reticente pola curta idade de Harrison, acede a escoitar unha interpretación que este fai coa súa guitarra Raunchy ao fondo dun autobús de dous pisos e queda impresionado polo seu talento. Harrison únese aos Quarrymen en febreiro de 1958 para substituír a un dos seus puntais, Eric Griffiths.<ref name="Daniel Ichbiah 2009">Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9)</ref> E finalmente imponse polo seu talento, e é o novo batería, Colin Hanton, quen ten a pouco envexable tarefa de anunciar a Griffith que os seus servizos xa non son necesarios <ref group="a">(en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>
 
Durante o verán, a banda gravou un disco nun estudo privado que contén dous temas, unha version extraída dun tema de [[Buddy Holly]] e a canción "In Spite of All the Danger" que foi escrita por McCartney e Harrison, sendo esta a única que lles acredita xuntos como autores dun mesmo tema.<ref name="a">[[#Bill Harry|Bill Harry]], p. 236</ref>
A educación musical improvisada que Harrison recibiu tocando durante moitas horas co resto do grupo, así como as clases de guitarra que el tomou con Tony Sheridan, sentou as bases do son dos Beatles, e da tranquilidade de Harrison que tivo un rol máis activo dentro da banda;<ref>Leng, Simon (2006) [2003]. While My Guitar Gently Weeps: The Music of George Harrison. SAF Publishing Ltd. ISBN 978-1-4234-0609-9.</ref> desta forma debido á súa reputación pronto seria coñecido como "o Beatle tranquilo".<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/music/1432634.stm|título=George Harrison: The quiet Beatle|editor=BBC News|dataacceso=12.01.2012|data=30 novembro de 2001 |lingua=inglés}}</ref> A primeira estancia da banda en Hamburgo foi acurtada cando Harrison foi deportado por ser demasiado novo para traballar en clubs nocturnos.<ref>Miles, Barry (2001). The Beatles Diary: Volume 1: The Beatles Years. Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-8308-3.</ref>
 
En Inglaterra a banda toca no [[Cavern Club]] de Liverpool, nesta etapa adquire unha boa experiencia, antes de volver tocar en Alemaña en abril de 1961. Os Beatles son entón contratados para acompañar ao cantante [[Tony Sheridan]] no escenario e gravar con el o álbum [[My Bonnie]], cousa que fixeron, usando o nome de The Beat Brothers.<ref> name="Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9)<"/ref> Mentres tanto Harrison compon xunto con [[John Lennon]] a canción instrumental ''[[Cry for a Shadow]]'', canción na que fai unha interpretació memorable coa súa guitarra, sendo esta a unica canción acreditada a Harrison e Lennon conxuntamente.<ref group="a"> Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>.
 
Finalmente, o grupo volve a Liverpool e volve actuar no Cavern durante o outono. Nesta época coñecen a [[Brian Epstein]], quen en decembro se converte no seu representante.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Daniel Ichbiah|2009|p=21}}</ref>.
 
''All Things Must Pass'' supuxo unha entrada triunfal para a carreira musical en solitario de Harrison, acalando así as voces discrepantes que auguraban unha mala carreira para el. Xunto ao álbum ''[[John Lennon/Plastic Ono Band]]'' de [[John Lennon]], ''[[Ram (álbum)|Ram]]'' de [[Paul McCartney]] e ''[[Ringo (álbum)|Ringo]] '' de [[Ringo Starr]], ''All Things Must Pass'' é considerado un dos álbums máis traballados por un Beatle na súa carreira en solitario.
 
 
== Notas ==
* [http://www.genesis-publications.com/books/concert/index.html Genesis Publications] Concert for George: A Celebration of the Life of George Harrison
{{The Beatles}}
 
{{ORDENAR:Harrison, George}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Harrison, George}}
[[Categoría:The Beatles]]
[[Categoría:Personalidades da música do Reino Unido]]
385.528

edicións