Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Alemaña de 1957»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
}}
 
O '''Gran Premio de Alemaña de 1957''' foi unha carreira de automobilismo de [[Fórmula Un]], celebrada o 4 de agosto de 1957 no circuíto de [[Nürburgring|Nürburgring Nordschleife]]. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de {{f1|1957}}. A carreira de 22 voltas foi gañada polo piloto arxentino [[Juan Manuel Fangio]] pilotando un [[Maserati]]. A carreira cítase a miúdo como unha das mellores vitorias na historia da competición. Foi a 4ª vitoria de Fangio nas 7 carreiras principais da tempada (excluíndo as 500 Millas de Indianápolis), ademais cá cantidade de puntos que tiña (34 polos 16 de Luigi Musso) e con dúas carreiras por diante, a súa vitoria no circuíto de Nürburgring significou o seu quinto título de Campión do Mundo.
 
Fangio tomara nota da selección de pneumáticos e do nivel de combustible dos pilotos de [[Scuderia Ferrari|Ferrari]], e decatouse de que probablemente ían correr a carreira completa sen unha parada en boxes. Fangio decidiu que utilizar pneumáticos máis brandos, e cargar só medio tanque de combustible, permitiría que o coche tomara as curvas máis rápido, pero tamén requeriría unha parada en boxes. Fangio fixo a súa parada en boxes na volta 13, en 1º lugar, e 30 segundos por diante de Hawthorn e Collins.
 
A parada en boxes foi un desastre, o equipo tivo problemas para cambiar unha das rodas. Fangio saíu do pit lane en 3ª posición, 48 segundos por detrás de Collins, que estaba en 2º lugar. Durante as seguintes 10 voltas, Fangio rompeu a marca de volta 9 veces (7 dos rexistros foron en voltas sucesivas, logrou rebaixar uns abafadores 15´5 segundos a Hawthorn na primeira volta, e logo outros 8´5 segundos na seguinte volta). Na volta 21, Fangio foise ao interior da curva a esquerda, ESSO Terrasse, pasando a Collins e situandose 2º. Máis tarde na volta 21, nunha curva a esquerda, Fangio cortou a Hawthorn pasandolle polo interior da curva, con só dous dos seus pneumáticos na pista e os pneumáticos esquerdos sobre a herba. Fangio mantivo a súa vantaxe, pero non foi fácil, xa que Hawthorn atacou, e case logrou adiantar a Fangio nalgunhas curvas, pero foi en balde, e Fangio gañou a carreira.
 
Despois da carreira, Fangio, comentou: "Nunca antes conducín tan rapido na miña vida e creo que nunca serei capaz de facelo de novo". Máis tarde, Fangio tamén dixo:
"Nürburgring é a miña pista favorita. Quedeime totalmente namorado dela e creo que ese día, en 1957 por fin logrei dominala. Era coma se me amosara todos os segredos dela e désemos a coñecer dunha vez por todas... Durante dous días non puiden durmir, aínda veia esas curvas na escuridade, curvas nas que nunca antes tivera o valor de levar as cousas ata ese límite".<ref>{{cite web|last=Manishin|first=Glenn B.|title=The Early Years|url=http://f1-grandprix.com/?page_id=272#ixzz1bkYqP82H|accessdate=25 October 2011}}</ref>
Para aumentar a participación, os organizadores abriron a pista aos coches de [[Fórmula 2]]. As dúas carreiras corréronse ao mesmo tempo, pero os equipos de fórmula 2 (en amarelo) non eran elexibles para os puntos do Campionato do Mundo e algunhas fontes non consideran estas saídas nas estatísticas da carreira.
 
== Clasificación ==
393.002

edicións