Diferenzas entre revisións de «Falsa acacia»

m
Arranxos varios using AWB
m (Anxiospermas)
m (Arranxos varios using AWB)
O tronco é pardo cinsento cunha casca grosa profundamente fendida en sentido lonxitudinal<ref name=Arbres>{{fr}} ''Arbres'', Jaromir Pokorny, p. 118, ISBN 2-7000-1818-4, Éditions Gründ, 1987.</ref>. A pólas novas son [[espiña (botánica)|espiñentas]].
 
Posúe unha copa ampla pouco mesta con follas compostas por entre nove e vinte e un [[folíolo]]s ovais <ref name=Arbres/> de cor verde amarelentos que se viran amarelos no outono antes da caída. É común a seca dalgunhas pólas, e nalgúns casos da árbore enteira. As [[estípula]]s das follas das pólas sen flores transfórmanse en espiñas, que fican despois da caída das follas.
[[Ficheiro:Branche de Robinier faux-Acacia.jpg|miniatura|Póla de falsa acacia.]]
As flores son brancas, penduradas en acios perfumados e melíferos de 10 a 25 &nbsp;cm de longo.<ref name=Arbres/>.
Os [[froito]]s son unhas [[vaíña]]s achatadas, de 7 a 12 &nbsp;cm de longo, que conteñen gran número de [[Cariópside|grans]]<ref name=Arbres/>. Os legumes fican na árbore despois da caída das follas.
 
A [[rizosfera]] da robinia incentiva ás [[bacteria]]s [[fixación biolóxica do nitróxeno|fixadoras de azote]]. O sistema radicular pode estenderse nun radio de 15 metros arredor do toro en terreos secos.<ref name=Arbres/>.
 
Cada ano a madeira de primavera xera un anel poroso. Entre as células do [[parénquima]] grandes [[Vaso (botánica)|vasos]] son visíbeis a simple vista.
 
A robinia non atura be na [[poda]], de executala, cómpre facela xusto despois a floración.
== Especie invasora ==
[[Ficheiro:Black locust forest.jpg|miniatura|Arboredo de robinias.]]
O seu rápido crecemento, a súa importante capacidade de multiplicación vexetativa (rebentos ou fillos), a súa produción abondosa de grans tóxicos, a capacidade de fixación de azote atmosférico e mais a toxicidade da súa madeira e das súas follas, fan que sexa unha especie pioneira, competitiva, capaz de modificar intensamente os ecosistemas locais. <ref>{{fr}} ''Les plantes invasives en France'', Serge Muller, Publications du MNHN, Paris 2004, ISBN 2-85653-570-4.</ref>.
 
Esta especie é xeralmente considerada como invasora en gran parte do territorio europeo, impedindo o crecemento doutras plantas especialmente pola coincidencia nas datas de polinización. Nalgunhas zonas substituíu os castiñeiros dos [[Souto (botánica)|soutos]] ou formacións de [[capudre]]s.
Con todo acostuma colonizar os solos que lle son máis axeitados: frescos e areentos, en terreos asollados.
 
== Doenzas ==
== Arboricultura ==
[[Ficheiro:Esneux AR7aJPG.jpg|miniatura|''Robinia pseudoacacia'' var. ''frisia''.]]
A robinia é moi usada en xardinaría, especialmente nos Estados Unidos e en Europa. Hai moitos [[Cultivar|cultivarescultivar]]es con distintas características:
* '''Bessoniana''' con copa moi mesta, sen flores;
* '''Casque Rouge''' con flores de cor rosa;
* '''Pyramidalis''' ou '''Fastigiata''' con forma piramidal;
* '''Umbraculifera''' cunha copa moi redonda e compacta, sen espiñas e flores, moi usada para aliñamento de rúas;
* '''Unifolia''' con follas dun so folíolo de 10-15 10–15&nbsp;cm de longura ou 2-4 folíolos de menor talle.
 
Algúns especialistas comparan as virtudes da [[sófora]] (''[[Styphnolobium japonicum]]'') contra as da robinia. A primeira carece de espiñas porén ten o problema de que os seus froitos pegañentos emporcan as rúas onde son plantados.
393.002

edicións