Notocorda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Gray19 with color.png|thumb|400px]]
[[Ficheiro:Lungs of Protopterus dolloi.JPG|thumb|400px|Diseccción dun ''Protopterus dolloi'' ([[dipnoos|dipnoo]] africano) amosando a notocorda.]]
A '''notocorda''' (do [[latín|latín científico]] ''notochorda'', e este do [[lingua grega|grego antigo]] νωτος ''notos'' "costas", "lombo", e χορδή ''chordé'' "corda"), '''notocordio''' ou '''corda dorsal''', é un corpo flexíbel con forma de vara que se encontra en todos os [[embrión]]s de todos os [[cordados]], proporcionándolles soporte <ref>Shu, D. G.; Morris, S. C.; Han, J.; Zhang, Z. F.; Yasui, K.; Janvier, P.; Chen, L.; Zhang, X. L. ''et al''. (2003): "Head and backbone of the Early Cambrian vertebrate Haikouichthys", ''Nature'' '''421''' (6922): 526–529.</ref> e moita más flexibilidade que a que tiñan os animais provistos de [[exoesqueleto]], predominantes até que apareceron os cordados.<ref>http://faculty.vassar.edu/jolong/files/LongKoob2006.pdf</ref>
 
Componse de [[célula]]s derivadas do [[mesoderma]], que definen o eixe primitivo do embrión.
 
Nos cordados inferiores persiste durante toda a vida como o principal soporte axial do corpo, mentres que nos [[vertebrados]] (cordados superiores) é substituída pola [[columna vertebral]].
 
No desenvolvemento embrionario humano o notocordio induce a formación dun suco no [[ectoderma]] ([[suco neural]]), que se prega cara a dentro e despois pecha para converterse no [[tubo neural]], o precursor do [[cerebro]] e da [[medula espiñal]].
Liña 23:
* '''Clase [[urocordados]]''': a notocorda deriva de 40 células e non presenta cuberta conxuntiva nin segmentación. Os xenes ''Brachyuruy'' e ''Not'' controlan a súa diferenciación. Neste grupo, a notocorda só está presente na cola do individuo durante o seu [[larva|estadio larvario]]; posteriormente os animais fíxanse ao substrato e perden a cola.
* '''Clase [[cefalocordaos]]''': a notocorda está formada por uns discos dispostos en segmentos (20-40 discos por segmento). A súa formación está determinada polo xene ''Hox Sonic Hedgehog''. A musculatura asociada á notocorda emite prolongacións que van cara ao sistema nervioso; se se produce a contración da musculatura por estimulación eléctrica, esta provoca cambios de rixidez na notocorda.
* '''Clase [[vertebrados]]''': a notocroda tende a desaparecer, aínda que nalgúns grupos (coma as [[lamprea]]s) aínda está presente e é funcional. Nestes grupos adoita encontrarse moi reducida, e obsérvase unha predominancia de líquido por riba das células, feito que lle dá máis elasticidade á notocorda.
 
== Funcións ==