Diferenzas entre revisións de «Husky siberiano»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
O '''husky siberiano''' é unha raza de [[can]] de traballo propia do oeste de [[Siberia]] ([[Rusia]]) no límite con [[Finlandia]]
 
Esta raza presenta un acusado parecido co [[lobo]]. De mediano tamaño, pode pesar entre 16 e 29 [[quilo]]s e medir de 51 a 60 [[centímetro]]s de altura. Orixinalmente foi criado pola tribo [[Chukchi]], na que se utilizaba como can de compañía, para pastorear os [[cervo]]s, tirar das [[zorra]]s e manter quentes os nenos. Na actualidade pode atoparse en calquera parte do mundo.
 
Foron levados a [[Alasca]] desde o ano [[1908]] e continuamente durante dúas décadas debido á [[febre do ouro]]. Foron empregados para tirar das zorras, e especialmente para a carreira [[All-Alaska Sweepstakes]], que comprendía 657  km desde [[Nome]] até [[Candle]], ida e volta. De menor tamaño, máis rápidos e de maior resistencia que os cans comúns (de entre 45 e 54  kg), os siberianos inmediatamente dominaron a carreira.
 
Naquela época a gran maioría de femias eran sacrificadas ao nacer, e unicamente conseguían sobrevivir aquelas que presentaban unha gran vitalidade, xa que eran utilizadas para a reprodución. Os machos que nacían tamén tiñan que pasar unha proba de aptitude, correndo a mesma sorte que as femias, xa que os chukchi eran moi estritos. Os elixidos, en cambio, eran tratados de forma excepcional, cos mellores coidados e a mellor alimentación.
|-
|style="background:#5CA4FF"|Machos
|53,5 - 60  cm
|20,5 - 28  kg
|colspan="2"|10 a 12 anos
|-
|style="background:#FF0080"|Femias
|50,5 - 56  cm
|15,5 - 23  kg
|12 a 14
|-
=== Coidados ===
[[Ficheiro:Corynha01.png|thumb|250px|right|Husky siberiano de 9 meses, Arequipa, Perú]]
O husky require dun cepillado diario xa que a súa pelaxe é unha protección ante as inclemencias do tempo, e non necesita perdela até que chegan os períodos estivais nos que realiza a muda e perde a capa interna de pelo, ficando só coa capa superficial, a cal variará lixeiramente a súa tonalidade até que volva repoñer toda a súa pelaxe de cara aos períodos invernais ou máis fríos. Durante a época de muda é cando hai que realizar os cepillados máis continuos xa que lle axudaremos ao can a que a muda se realice antes. Ao contrario do que se pensa, o husky é unha raza que se adapta bastante ben á calor xa que a muda de pelo fai que durante os meses de calor só teña a capa de pelo externa ao igual que calquera outra raza de can. Non é estraño ver un husky estomballado ao sol en pleno verán.
 
Outro dos falsos mitos sobre o husky é que precisa correr moito todos os días, só o necesitará se é un can dedicado á competición. Un husky criado nun entorno familiar só terá as necesidades propias da vida que levou, sendo recomendable que diariamente pasee e se é posible corra xa que será beneficiario para a saúde do can.
 
=== Ollos ===
[[Ficheiro:sifu2.jpg|thumb|150px|right|]] [[Ficheiro:Luna-Lunera1.jpg|thumb|200px|left|Husky siberiano de mes e medio.]]
Poden ter os [[cor dos ollos|ollos de cor]] café, marrón clara, verde, azul e en ocasións até branca. Unha característica da raza son os ollos celestes, aínda que non é de todo dominante. É posible encontrar espécimes nos cales os ollos sexan de diferente cor, fenómeno coñecido como [[heterocromía]]. Así mesmo, esta diferenciación de cores é permitida á hora de levar un can a unha exposición de cans. O husky siberiano é unha das poucas razas na cal os ollos celestes é algo común.
 
== Saúde ==
 
Os siberianos xeralmente son cans de boa saúde, vivindo de dez a doce anos. Poden ter problemas da vista ([[catarata]]s, [[glaucoma]] e outros problemas), [[alerxia]]s e [[Cancro|cáncer]] en animais máis anciáns. Pode ter problemas de [[displasia]] na cadeira, pero non é moi frecuente.
 
Esta raza necesita dunha dieta de boa calidade, con altos niveis de [[proteína]]s e [[graxa]], especialmente se van ser usados para competicións de zorras. Son cans moi eficientes e consumen menos comida que outros cans de similar tamaño e actividade física. A súa dieta debe ser axustada ao nivel da súa actividade física e traballo, a [[obesidade]] pode ser un problema se non desenvolve o nivel de actividade que lle corresponde segundo a súa dieta.
[[Ficheiro:Trainingswagen f%C3%BCr Schlittenhunde.jpg|thumb|left|250px|Huskys turrando dun cart]]
 
Os huskys siberianos son aínda utilizados ocasionalmente como [[cans de zorra|cans de tiro]] nas carreiras de mushing, aínda que teñen sido mudados polo [[husky de Alasca]], unha raza que aínda non foi aceptada polas federacións de crianza de cans pero que é a primeira opción pola xente que participa en torneos desta clase con opcións a vitoria. O husky siberiano foi criado para tirar de zorras con cargas liviás durante grandes tempos e a paso moderado, e é por iso que non poden competir cos seus compañeiros, os alaskanos, que son máis rápidos e áxiles.
 
[[Ficheiro:Siberian Huskies, Dogsled racing.jpg|thumb|230px|Huskys en plena carreira]]
393.002

edicións