Alfredo Pérez Viondi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Nados en 1872 mediante HotCat
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Alfredo Pérez Viondi''', nado na Estrada no 1861 e finado en [[Vigo]] o [[28 de abril]] de [[1938]]<ref>Necrolóxica en ''[[El Pueblo Gallego]]'', 29-4-1938, p. 4. </ref>, foi un médico, militar e político galego.
 
== Traxectoria ==
Ingresou no Exército en [[1896]] e participou na guerra de Cuba e en África chegando a ser tenente coronel. Comandante do corpo de sanidade militar. Médico militar da zona da Estrada, casou en [[1898]] con Sara Pereira Renda (irmá de [[Virxinia Pereira Renda]], que en 1912 casaría con [[Castelao]])<ref>{{Cita publicación periódica |nome= Olimpio|apelidos= Arca Caldas|ligazónautor= Olimpio Arca Caldas|ano= 1999|título= As dúas mulleres de Castelao|revista= A Estrada: Miscelánea histórica e cultural|volume= |número= 2|páxinas= 9-47|editor= |doi= |url= http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/99/1/A%20ESTRADA%202-Arca%20Caldas,%20Olimpio.pdf}}</ref>. Prestou servizos no [[Protectorado Español de Marrocos]] e despois no Hospital Militar de Carabanchel. Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal ''[[El Emigrado]]'', presentouse en [[1920]] e [[1922]] ás eleccións a Cortes polo distrito da Estrada, pero non foi elixido. Foi director do Hospital Militar de Vigo (1922), na [[Ditadura de Primo de Rivera]] foi alcalde de Vigo (1929-1930) e gobernador civil da [[Provincia de Huesca]]. Foi presidente da Sociedad Casino de Vigo co acerto de trasladar ó edificio do [[Teatro García Barbón]]. Na primavera de [[1935]] presidiu o acto de constitución do Consello comarcal de Vigo do [[Partido Agrario Español]]<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 24-4-1935, p. 2.</ref>.
 
Foi franquista e Gobernador Civil co seu réxime. Tivo moitas condecoración: Cruz e Placa de S. Hermenexildo, Militar do Mérito Naval, da Cruz Vermella, de Mª Cristina, a Lexión de Honor Francesa etc.
 
Como Alcalde de Vigo, preocupouse moito do sanitario e benéfico, Policía Municipal e adecentamento das vías públicas: finalización da praza de Portugal e arranxo de varias rúas e a aprobación de proxectos para as principais vías do barrio de Casablanca.
 
{{Start box}}
Liña 23:
* [http://www.ucm.es/BUCM/tesis/ghi/ucm-t29208.pdf El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana]
 
{{ORDENAR:Perez Viondi, Alfredo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Perez Viondi, Alfredo}}
[[Categoría:Alcaldes de Vigo]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración]]