Diferenzas entre revisións de «Célula amácrina»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot:Retiro parámetro non usado "month=")
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Introdución ==
As células amácrinas funcionan na [[capa plexiforme interna]] (IPL), que é a segunda capa sináptica da retina, onde as células bipolares e as ganglionares da retina establecen [[sinapse]]s. Hai uns 40 tipos de células amácrinas, a maioría dos cales non teñen [[axón]]s. Igual que as [[célula horizontal|células horizontais]] da retina, as células amácrinas funcionan enviando impulsos lateralmente na retina, afectando aos sinais de saída enviados polas células bipolares, pero a súa tarefa é a miúdo máis especializada. Cada tipo de célula amácrina conecta cun tipo particular de célula bipolar, e xeralmente usa un tipo determinado de [[neurotransmisor]]. Unha desas poboacións celulares é AII, que conecta os circuítos de células bipolares dos [[bastón (célula)|bastóns]] cos circuítos de células bipolares dos [[cono (célula)|conos]]. Deste modo, conecta o sinal de saída enviado polas células bipolares dos bastóns co sinal de entrada recibido polas células bipolares dos conos, e desde alí o sinal pode viaxar ás respectivas células ganglionares.
 
Clasifícanse pola amplitude do seu campo de conexión, pola capa do estrato da capa plexiforme interna na que están, e polo seu tipo de neurotransmisor. A maioría son inhibitorias e utilizan os neurotransmisores [[GABA]] ou [[glicina]].
 
== Organización ==
As células amácrinas e outras interneuronas da retina é menos probable que se encontren preto doutras células do mesmo subtipo do que se esperaría por pura casualidade, polo que se orixinan "zonas de exclusión" que as separan. Estas disposicións en mosaico proporcionan un mecanismo para distribuír cada tipo celular de forma uniforme pola retina, asegurando que todas as partes do campo visual teñen acceso a un conxunto completo de elementos procesadores. <ref>{{Cita publicación periódica|last=Wassle|first=H.|coauthors=Riemann, H. J.|title=The Mosaic of Nerve Cells in the Mammalian Retina|journal=Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences|date=22 March 1978|volume=200|issue=1141|pages=441–461|doi=10.1098/rspb.1978.0026}}</ref> Na retina do rato as proteínas transmembrana [[MEGF10]] e [[MEGF11]] teñen papeis críticos na formación de mosaicos polas células amácrinas ''starburst'' e as células horizontais. <ref>{{Cita publicación periódica|last=Kay|first=Jeremy N.|coauthors=Chu, Monica W., Sanes, Joshua R.|title=MEGF10 and MEGF11 mediate homotypic interactions required for mosaic spacing of retinal neurons|journal=Nature|year=2012|doi=10.1038/nature10877}}</ref>
 
== Notas ==
393.002

edicións