Remolacha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
| binomial_authority = [[L.]], ''Sp. Pl.'', 1, 222, 1753
}}
A '''remolacha''' ou '''beterraba'''<ref>''Termos Esenciais de Botánica'', Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela, 2002</ref> ('''''Beta vulgaris''''') é unha planta da familia das quenopodiáceas ([[Chenopodiacea]]), segundo a clasificación clásica, ou das amarantáceas ([[Amaranthaceae]]), segundo a clasificación filoxenética,<ref>[http://plants.usda.gov/java/profile?symbol=BEVU2 PLANTS Profile for Beta vulgaris (common beet); USDA PLANTS] {{en}} Consultada o 31/07/2012.</ref> <ref>{{cita web|url=http://www.hort.purdue.edu/rhodcv/hort410/spina/sp00001.htm |título=Spinach, Beet and Swiss Chard - Notes - HORT410 - Vegetable Crops - Department of Horticulture and Landscape Architecture - Purdue University |publicación=Hort.purdue.edu |data= |dataacceso=12-09-2012}}{{en}} Consultada 0 31/07/2012. </ref> <ref>{{cita web|url=http://www.life.illinois.edu/ib/335/Caryophyllidae/Caryophyllidae.html |título=Integrative Biology 335: Systematics of Plants |publicación=Life.illinois.edu |data= |dataacceso=12-09-2010}} {{en}} Consultada o 31/07/2012. </ref> cuxas [[folla]]s e [[raíz|raíces]] son comestíbeis.
 
Existen numerosas [[variedade (Bioloxía)|variedades]] da especie, das que algunhas se empregan para a alimentación humana (ben a raíz, ben as follas, como na '''[[acelga]]''' (''Beta vulgaris'' var. ''cicla'') ; outras como penso para o gando ('''beterraba forraxeira''': ''Beta vulgaris'' var.''alba'') , e outras para a produción de [[azucre]] ('''[[beterraba azucreira]]''', ''Beta vulgaris subsp. vulgaris var. altissima''). Tamén existe a '''[[acelga mariña]]''' (''Beta vulgaris'' subsp ''maritima'' ou ''Beta maritima'').
Liña 23:
A variedade de mesa ten raíces grosas, vermellas e carnosas, que se consumen principalmente cocidas, en [[ensaladas]]; a cor débese a dous pigmentos, a [[betacianina]] e a [[betaxantina]], que resultan indixeríbeis, polo que tinxen o bolo alimentraio, os excrementos e a urina desa cor. Porén, pola súa atoxicidade úsase frecuentemente como [[colorante alimentario]].
 
Como subproduto da industria azucreira está a [[polpa de remolacha]]. Este residuo industrial utilízase principalmente para a alimentación do gando (para os [[ruminante]]s).
 
Algúns doutros posíbeis usos, debido ao seu alto contido en [[pectina]]s, á a súa utilización para a produción de [[biocombustible|biocombustíbeis]] a través dun tratamento encimático e a súa posterior [[fermentación]].
Liña 29:
== Morfoloxía ==
 
Caules de até 1 ou 2 m de altura, nas plantas silvestres (nas variedades cultivadas é moito máis curto), con follas en acorazonadas de entre 5 e 20 &nbsp;cm de longo nas plantas silvestres; . As flores son de 3 a 5 &nbsp;mm de diámetro, con 5 pétalos, e están reunidas densas espigas. É polinizada polo vento. O froito é un acio.
 
== Propiedades ==
Liña 42:
* 8,5 g de [[Hidrato de carbono|hidratos de carbono]]
* 1,5 g de [[fibra alimentaria]]
* 53,2 &nbsp;µg de [[folato]] ([[vitamina B9]])
* 32 &nbsp;mg de [[Fósforo (elemento)|fósforo]]
* 259 &nbsp;mg de [[potasio]]
* 1,5 g de [[proteína]]s.
 
Liña 51:
[[Ficheiro:SugarBeet.jpg|thumb|250px|Raíces de [[remolacha azucreira]].]]
 
A remolacha é unha planta bienal, resistente, que pode ser cultivada comercialmente nunha gran variedade de [[clima]]s temperados.
 
Durante a súa primeira estación de crecemento, produce unha gran raíz (de até 1 ou 2 &nbsp;kg) de almacenamento, cuxa masa seca contén do 15 ao 20 % en peso de [[sacarosa]].
 
Se a planta non se colleita nese momento, a continuación, durante a súa segunda estación de crecemento, os nutrientes da raíz utilízanse para producir [[flor]]es e, consecuentemente, [[froito]]s e [[semente]]s, reducíndose a raíz de tamaño. Na produción de remolacha comercial, colléitase despois da primeira estación de crecemento.
 
Na maioría dos países de climas temperados, as remolachas seméntanse na [[primavera]], colleitándose en [[outono]]. En climas máis cálidos, como no [[Imperial Valley]] ([[California]]), a remolacha é un cultivo de inverno, sementándose en outono e colleitándose na primavera.
 
Até a segunda metade do século XX, a produción de remolacha, especialmente a azucreira, era moi intensiva en traballo. O control de plantas ventureiras realizábase mediante unha gran densidade de sementes nos cultivos, e despois o traballo tiña que ser matador manualmente cun legón, dúas ou incluso tres veces durante o período vexetativo. A recolección tamén requiría moitos traballadores.
 
Aínda que as raíces podían arrincarse por un dispositivo formado por un arado movido por un grupo de bestas, o resto das tarefas de recolección realizábanse a man. O labrador tomaba a remolacha polas súas follas, sacudía a terra e cortaba as follas, despois cada parte ía a unha fileira, as raíces a un lado, as follas verdes a outro. Un segundo traballador equipado cun coitelo de remolacha (unha ferramenta de mango curto parecida a un pequeno fouciño), cortaba a coroa. As raíces de remolacha transportábanse despois en carros.
Liña 94:
 
{{cita|''Unha especie de chaurovía é a remolacha, que nos chegou de Italia non hai moito tempo. É unha raíz forte, vermella, bastante grosa, das que as follas son as acelgas, e toda ela boa para comer, aparellada na cociña: até a raíz está situada entre as viandas delicadas, e o zume que produce, cocida, é semellante a un sirope de azucre, e é moi agradábel para ver pola súa vermella cor.}}
Parece que foi o primeiro en extraer o azucre das remolachas, pero non tivo éxito porque non deu con un proceso rendíbel.
 
En 1747, un alemán, [[Andreas Sigismund Marggraf]], tivo éxito na extracción de azucre da remolacha. Un alumno seu, o profesor Achard, puxo este descubrimento a disposición da Academia prusiana. Esta iniciativa cristalizou en marzo de 1802, coa entrada en servizo da primeira fábrica de azucre de remolacha no mundo, en Kürnen do Oder ([[Silesia]]). A súa produción era artesanal: 70kg70&nbsp;kg de remolacha daban sobre 2 &nbsp;kg de azucre ao día.
 
A data do [[21 de novembro]] de [[1806]] constitúe un fito chave para a economía azucreira europea. Para responder ao [[bloqueo]] imposto polos exércitos británicos aos portos franceses, [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] instaurou o [[bloqueo continental]]: todas as mercadorías británicas foron daquela prohibidas en solo francés, o que incluía o azucre de cana proveniente das [[Antillas]]. Para compensar a penuria de azucre de cana, o emperador decidiu apoiar activamente a produción de remolacha azucreira. En poucos anos creáronse numerosas fábricas de transformación.
Liña 105:
Cando se levantou o bloqueo, o azucre de cana das colonias antillanas inundou de novo o mercado. Baixo o peso da competencia, a nacente industria acusou o golpe. Un gran número de azucreiras pecharon as súas portas despois de sufrir importantes perdas. Pero a abolición da [[escravitude]], en [[1848]], xerou unha forte suba do prezo do azucre de cana debido a unha diminución da súa produción. Os remolacheiros aproveitaron e, ao tempo, as industrias azucreiras melloraron progresivamente os seus rendementos grazas á construción de grandes unidades de produción.
 
A remolacha forraxeira desenvolveuse fortemente en Europa a mediados do século XX, chegando os seus cultivos en Francia a ocuparen preto de un millón de hectáreas pouco antes da [[Segunda Guerra Mundial]]. Pero máis tarde diminuíu moito debido ao aumento do consumo de [[millo]] ensilado para a alimentación invernal dos [[bovino]]s.<ref>Hill, G. e Langer, R. H. M. (1991): ''Agricultural plants''. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 197–199. ISBN 0-521-40563-7.</ref> <ref>[http://sugarbeet.ucdavis.edu/sbchap.html Sugarbeet. University of California.]</ref>
 
Pero recentemente o cultivo da remolacha volveuse a desenvolver para producir [[etanol]], e está en curso o desenvolvemento do seu uso para a produción de [[biocombustible]]s como o [[biogás]].
Liña 111:
== O Museo da Remolacha Azucreira ==
 
O ''Museo de la Remolacha Azucarera'' (MUREA), situado en [[Alfambra]], a 26 &nbsp;km de [[Teruel]] (España), é a única instalación museolóxica coñecida no mundo sobre este produto.<ref>[http://www.galeon.com/remolacha/ Sitio web do Museo].</ref> A súa instalación realizouse nun antigo lavadoiro modernista, datado en 1926, e consta de tres seccións:
* Fondo permanente de apeiros, maquinaria e transporte relacionados coa remolacha.
* Montaxes que amosan sementes e raíces da planta.
Liña 129:
 
=== Bibliografía ===
* Hanelt, Peter; Büttner, R.; Mansfeld, Rudolf e Kilian, Ruth (2001): ''Mansfeld's Encyclopedia of Agricultural and Horticultural Crops''. Springer. pp. &nbsp;235–241. ISBN 3-540-41017-1.
* Hill, G. e Langer, R. H. M. (1991): ''Agricultural plants''. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. &nbsp;197–199. ISBN 0-521-40563-7.
* Hopf, Maria e Zohary, Daniel (2000): ''Domestication of plants in the old world: the origin and spread of cultivated plants in West Asia, Europe, and the Nile Valley''. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-850356-3.