Diferenzas entre revisións de «Paramecio»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Nalgunhas especies como ''P. trichium'' hai dous vacúolos contráctiles simples, pero o máis habitual é que estes vacúolos teñan unhas estriacións radiais que lle dan un aspecto de estrela.
 
Presentan un [[citostoma]], unha especie de invaxinación situada a todo o longo do paramecio coa que captura o alimento, que consiste en partículas orgánicas flotantes e microorganismos menores ca el. O citostoma conduce a unha citofarinxe antes de que o alimento pase ao interior deste protozoo. Son moi visibles os vacúolos dixestivos, onde dixiren o alimento, e despois expulsan por [[exocitose]] os refugallos.
 
Presentan polo menos dous núcleos de distinto tamaño, chamados micronúcleo e macronúcleo. O macronúcleo está no centro e é de gran tamaño e forma alongada, compacto, [[poliploide]], con funcións vexetativas, e o único que [[transcrición xenética|transcribe]]. O micronúcleo é pequeno e máis esférico (en ''P. aurelia'' hai dous micronúcleos), non transcribe ARN, pero é o que realiza a [[meiose]] e a conxugación.
 
== Reprodución ==
Poden reproducirse por [[fisión binaria]] ([[mitose]]) ou por conxugación entre dous individuos. En ''P. caudatum'' durante a conxugación únense dous individuos, dexeneran os macronúcleos, os micronúcleos sofren meiose, formando 4 núcleos cada un deles (hai 8 entre os dous conxugates) dos cales dexeneran 3, e os outros dous que quedan divídense unha vez (agora son catro) e fusiónanse cos do outro individuo, formando dous núcleos, un en cada individuo, momento no que os individuos se separan. Unha vez separados hai máis divisións nucleares nas que se rexenera o macronúcleo e o micronúcleo iniciais. Como resultado da meiose e da conxugación houbo unha recombinación e intercambio de xenes. <ref>P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. Pirámide. 1986. Páxina 34. ISBN 84-368-0316-7.</ref> Na conxugación non se unen organismos completos (o que sería singamia) senón só os seus núcleos.
 
== Alimentación ==
== Hábitat ==
 
É un protozoo moi común que se encontra en pozas e estanques de auga doce, acequias, regatos, ríos, lagos e encoros. En xeral a súa presenza é abundante en augas estancadas que conteñen materia orgánica en descomposición e que, por tanto, son ricas en substancias nutritivas e abundantes en microorganismos. Recentemente, informouse de novas especies de paramecios atopadas en augas salgadas. <ref>Alexei O. Smurov and Sergei I. Fokin. Resistance of Paramecium Species (Ciliophora, Peniculia) to Salinity of Environment. Protistology 1, 43-53 (1999). [http://protistology.ifmo.ru/num1_1/smurov.pdf]</ref>
 
== Xenoma ==
{{Cita publicación periódica |author=Aury JM, Jaillon O, Duret L, ''et al.'' |title=Global trends of whole-genome duplications revealed by the ciliate ''Paramecium tetraurelia'' |journal=Nature |volume=444 |issue=7116 |pages=171–8 |year=2006 |pmid=17086204 |doi=10.1038/nature05230}}</ref>
 
Tamén presenta algunhas variacións con respecto ao [[código xenético]] estándar. En ''Paramecium'' (e noutros ciliados como ''[[Stylonychia]]''), só hai un [[codón de parada]] da [[tradución de proteínas]], que é '''UGA''' (normalmente hai tres), entanto que os codóns '''UAG''' e '''UAA''', que noutros seres son tamén de parada, nos paramecios están reasignados como codóns con sentido que codifican [[aminoácido]]s. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Lekomtsev S, Kolosov P, Bidou L, Frolova L, Rousset JP, Kisselev L |title=Different modes of stop codon restriction by the Stylonychia and Paramecium eRF1 translation termination factors |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=104 |issue=26 |pages=10824–9 |year=2007 |pmid=17573528 |pmc=1904165 |doi=10.1073/pnas.0703887104 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=17573528}}</ref>
 
== Endosimbiose ==
393.002

edicións