Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Mónaco de 1998»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
}}
 
O '''Gran Premio de Mónaco de 1998''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada o 24 de maio de 1998 no [[Circuíto de Mónaco]] en [[Monte Carlo]], [[Mónaco]].
 
== Cualificación ==
 
A maior sorpresa na clasificación do sábado foi [[Giancarlo Fisichella.]] Amañouse para pór o seu coche no terceiro posto, só por detrás dos dous [[McLaren]] - [[Mercedes-Benz HighPerformanceEngines|Mercedes]]. Durante un momento Fisichella foi o piloto máis rápido. [[Michael Schumacher]], que estaba loitando polo campionato mundial clasificou cuarto, o que foi unha gran decepción para os miles de afeccionados italianos que viaxaron a [[Mónaco]] para a carreira.
 
== Carreira ==
Nunha saída perfecta para [[McLaren]] - [[Mercedes-Benz HighPerformanceEngines|Mercedes]] viu a ambos coches liderar na primeira curva, con [[Mika Häkkinen|Häkkinen]] diante de [[David Coulthard|Coulthard]]. Fisichella e Schumacher marchaban 3º e 4º. Nas primeiras voltas os dous [[McLaren]] - [[Mercedes-Benz HighPerformanceEngines|Mercedes]] encabezaron a carreira. Na volta 18 [[David Coulthard]] retirouse con problemas no motor.
 
[[Michael Schumacher]] foi o primeiro en entrar en boxes para repostar combustible na volta 30. Unha volta máis tarde entrou [[Giancarlo Fisichella]], a pesar de que saíu dos boxes detrás do [[Scuderia Ferrari|Ferrari]]. Pronto Michael achegouse por detrás de [[Alexander Wurz]] e tratou de pasalo custase o que custase. Cando os dous chegaron á curva de Loews, Michael intentouno polo interior, pero o austríaco non cedeu o paso. Os dous coches tocáronse e o [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] resultou danado. Michael entrou a boxes para a súa reparación, e finalmente saíu a tres voltas no líder de [[Mika Häkkinen]].
 
Wurz non parecía afectado polo contacto, pero a súa suspensión rompeu debido aos danos da colisión e tivo un accidente enorme na saída do túnel, finalmente parouse na chicane Nouvelle. Despois do segundo accidente de Wurz na volta 42, a orde era [[Mika Häkkinen]] seguido de [[Giancarlo Fisichella]], [[Eddie Irvine]], [[Jean Alesi]] e [[Mika Salo]]. Con todo, a cinco voltas do final [[Jean Alesi]] sufriu problemas co cambio, e viuse obrigado a retirarse da carreira, [[Pedro Diniz]] subiu á sexta posición. [[Michael Schumacher]] intentou pasar Diniz na chicane, pero tocaronse. Este segundo accidente rompeu o alerón dianteiro, e Michael finalmente terminou con dúas voltas perdidas no décimo lugar, fóra dos puntos.
 
== Clasificación ==
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións