Cromosoma homólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
Os '''cromosomas homólogos''' son pares de [[cromosoma]]s de aproximadamente a mesma lonxitude, posición do [[centrómero]], e patrón de tinguidura, que teñen [[xenes]] que codifican para as mesmas características situados na mesma posición. Un cromosoma homólogo hérdase da nai e outro do pai na [[reprodución sexual]]. <ref name="Campbell">{{Cita libro |author=Reece, Jane; Campbell, Neil |title=Biology |publisher=Benjamin Cummings |location=San Francisco |year=2002 |isbn=0-8053-6624-5}}</ref> Xeralmente non son totalmente idénticos, xa que poden ter pequenas diferenzas, por exemplo, aínda que teñan os mesmos xenes poden non ter os mesmos [[alelo]]s para cada xene concreto, e no conxunto de xenes de todo o cromosoma normalmente haberá moitas destas diferenzas. Os cromosomas que non pertencen ao mesmo par son moi distintos e denomínanse '''cromosomas non homólogos'''.
 
Cada par de cromosomas homólogos emparéllase ([[sinapse cromosómica]]) durante a [[meiose]], o tipo de [[división celular]] por medio da cal se forman os [[gameto]]s. Durante a sinapse os homólogos intercambian seccións do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] ([[sobrecruzamento]]), o que ten como resultado a [[recombinación xenética]] entre eles.
 
Cada cromosoma do par contén xenes para as mesmas características biolóxicas, por exemplo para a [[cor dos ollos]], situadas no mesmo punto do cromosoma ou [[locus]], pero para cada un dos xenes poden conter diferentes alelos ([[heterocigoto]]) ou os mesmos ([[homocigoto]]).
Liña 11:
== Ploidía ==
{{Artigo principal|Ploidía}}
A [[ploidía]] dun organismo depende do número de copias homólogas que ten de cada cromosoma. O número de cromosomas distintos (non homólogos) do organismo é o número monoploide (non é exactamente o mesmo ca o número haploide, xa que nos diploides ambos os dous coinciden, pero nos poliploides non).
 
A maioría das plantas e animais son organismos [[diploide]]s. Os seus cromosomas aparecen en pares, xa que cada cromosoma ten un homólogo, pero están separados no núcleo da célula e só se xuntan na [[profase I]] da [[meiose]]. Cando na meiose se forman os gametos o número de cromosomas redúcese á metade e os gametos serán [[haploide]]s, xa que todos os seus cromosomas son distintos e non hai pares de homólogos.