Parafilético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Paraphyletic.png|miniatura|260px|Os [[réptil]]es (en senso estrito) son un grupo parafilético. O grupo pode facerse monofilético incluíndo as aves.]]
[[Ficheiro:Monophyly, paraphyly, polyphyly.png|miniatura|260px|Cladograma dos [[primates]], mostrando un grupo [[monofilético]] (os '''simios''', en amarelo), un [[parafilético]] (os '''prosimios''', en azul, incluíndo o ''parche'' vermello) e un [[polifilético]] (os loris e tarseiros, en vermello).]]
 
En [[filoxenia]] (e tamén en [[lingüística]]) un grupo é '''parafilético''' cando inclúe o [[antepasado común]] dos seus membros, pero <u>non a todos</u> os descendentes deste. Esta situación denomínase '''parafilia''' (do [[lingua grega|grego]] παρά ''pará'', "ao lado", "os que están ao lado", "cerca de", e φυλή ''phylé'', "tribo", "grupo de individuos"). Un grupo parafilético fórmase cando a un [[clado]] (póla evolutiva) se lle subtraen un ou máis grupos [[holofilético]]s. <ref>Colin Tudge (2000): ''The Variety of Life''. Oxford University Press. ISBN 0-19-860426-2.</ref>
 
As clasificacións tradicionais están cargadas de grupos parafiléticos, como [[criptógama]]s, [[invertebrado]]s ou [[Pongidae|pónxidos]]. En cada uno destes casos o grupo defínese pola exclusión dun grupo menor dentro doutro maior: as criptógamas son as [[planta]]s excluindo as [[fanerógama]]s; os invertebrados, os [[animais]] se quitamos os [[vertebrados]]; os pónxidos son os [[Hominoidea|antropoides]] cando quitamos os [[Hominina|homínidos]]. Así, cada grupo aparece definido negativamente, por caracterísitcas que lle faltan, en vez de maneira positiva, polas características que comparten os seus membros.
Liña 15:
Por exemplo, os [[procariota]]s son parafiléticos porque o grupo exclúe a gran liñaxe de organismos que evolucionaron a partir deles, os [[Célula eucariótica|eucariotas]], aínda que o establecemento dos procariotas como grupo é moi útil porque ten unha significativa distinción claramente definida (non teñen [[núcleo celular]]) con respecto aos seus descendentes nucleados. Deste modo, aínda que os procariotas non son un clado, o termo é moi útil.
 
O termo ''[[grao evolutivo]]'' utilízase ás veces para eses grupos. <ref name="Ancestors_Tale">{{Cita libro
| autor = Richard, Dawkins
| authorlink = Richard Dawkins
Liña 26:
 
== Lingüística ==
En lingüística histórica tamén se utiliza o concepto de linguas parafiléticas para comparar a orixe dos distintos idiomas a partir doutros idiomas anteriores, dun xeito similar a como fai a cladística cos seres vivos. Por exemplo, as [[linguas formosanas]] forman un grupo parafilético das [[linguas austronesias]], xa que o termo se refire ás nove pólas da familia de linguas austronesias que non son [[linguas malaio-polinesias]] e están restrinxidas á illa de [[Taiwan]] (Formosa). <ref>Greenhill, Simon J. e Russell D. Gray (2009): "Austronesian Language and Phylogenies: Myths and Misconceptions About Bayesian Computational Methods," in ''Austronesian Historical Linguistics and Culture History: a Festschrift for Robert Blust'', editado por Alexander Adelaar e Andrew Pawley. Canberra: Pacific Linguistics, Research School of Pacific and Asian Studies, The Australian National University.</ref>
 
== Notas ==