Criptófitas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB |
||
Liña 34:
}}
As '''criptófitas''' ou '''''Cryptophyta''''' son un tipo de [[protista]]s de tipo [[alga]]l a maioría dos cales teñen [[plasto]]s.
Son fotosintéticas, pero algunhas presentan [[mixotrofía]] (combinan as nutricións [[autótrofo|autótrofa]] e [[heterótrofo|heterótrofa]]).
== Características ==
As criptófitas distínguense pola presenza duns [[extrusoma]]s característicos chamados exectosomas, que consisten en dúas estruturas con forma de fita espirais conectadas e mantidas en tensión.
As criptófitas teñen un ou dous [[cloroplasto]]s, excepto en ''Chilomonas'', que ten [[leucoplasto]]s e ''Goniomonas'' (antes chamada ''Cyathomonas'') que carece por completo de plastos. Os cloroplastos conteñen [[clorofila a|clorofilas ''a'']] e [[clorofila c|''c'']], xunto con [[ficobiliproteína]]s e outros [[pigmento]]s, e varían en cor (castaño, vermello, verde-azulado). Cada cloroplasto está rodeado de catro membranas, e presentan no plasto un pequeno [[núcleo celular]] chamado [[nucleomorfo]], situado entre as dúas membranas medias. Isto indica que o plasto deriva dun [[endosimbiose|endosimbionte]] eucariótico, que, segundo os estudos xenéticos, puido ser unha [[rodophyta|alga vermella]].
Unhas poucas criptófitas ou criptomónadas, como ''[[Cryptomonas]]'', poden formar estadios [[palmeloide]]s, pero escapan rapidamente do ''[[mucus]]'' que as rodea para formar formas flaxeladas de vida libre de novo. Algunhas especies de ''[[Cryptomonas]]'' poden tamén orixinar formas inmóbiles con paredes celulares ríxidas ([[quiste]]s) que lles permiten sobrevivir en condicións desfavorables.
Os [[flaxelo]]s das criptófitas están inseridos paralelamente un ao outro, son lixeiramente distintos en tamaño, e están cubertos por uns pelos bipartitos ou bárbulas, chamadas [[mastigonema]]s, formados no [[retículo endoplasmático]] e transportados despois á superficie celular. As bárbulas flaxelares preséntanse en dúas filas no flaxelo máis longo e nunha no máis curto. Poden ter parede [[celulosa|celulósica]]. Tamén pode haber pequenas escamas sobre os flaxelos e o corpo celular.
As [[mitocondria]]s teñen cristas aplanadas. A [[mitose]] é aberta (desfaise a [[envoltura nuclear]]) ; tamén se dan casos de [[reprodución sexual]].
Liña 52:
Orixinalmente as criptófitas ou criptomónadas foron consideradas próximas aos [[dinoflaxelado]]s a causa da súa pigmentación aparentemente similar. Máis tarde os [[Botánica|botánicos]] tratáronas como unha división separada, Cryptophyta, e os [[Zooloxía|zoólogos]] tratáronas como a orde de [[flaxelado]]s Cryptomonadida. Hai probas considerables de que os cloroplastos das criptófitas están moi relacionados cos das [[heteroconta]]s e [[haptófita]]s, e estes tres grupos son ás veces clasificados xuntos no grupo [[Chromista]]. Porén, aínda que os seus plastos estean relacionados, as probas de que os propios organismos estean relacionados non son tan fortes, xa que puideron ter adquirido os plastos independentemente. Actualmente, discútese se son membros do [[reino (bioloxía)|reino]] [[Chromalveolata]] e forman xunto coas [[Haptophyta]] o grupo [[Hacrobia]].
Unha agrupación que foi suxerida é a seguinte: (1) ''[[Cryptomonas]]'', (2) ''[[Chroomonas]]/[[Komma]]'' e ''[[Hemiselmis]]'', (3) ''[[Rhodomonas]]/[[Rhinomonas]]/[[Storeatula]]'', (4) ''[[Guillardia]]/[[Hanusia]]'', (5) ''[[Geminigera]]/[[Plagioselmis]]/[[Teleaulax]]'', (6) ''[[Proteomonas sulcata]]'', (7) ''[[Falcomonas daucoides]]''.
Cavalier-Smith agrúpaas dentro do proposto reino Chromista como Subreino '''''Cryptista''''' e integrado por criptomónadas, goniomónadas e catablefáridas. Porén, varios especialistas suxiren que son necesarios máis estudos [[filoxenia|filoxenéticos]] para definir a relación entre Cryptophyta e Chromista/ou Chromalveolata.
Liña 60:
== Notas ==
{{
== Véxase tamén ==
|