Metamónadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
}}
 
As '''metamónadas''' ou '''''Metamonada''''' son un amplo grupo de [[protista]]s [[flaxelado]]s. <ref>{{Cita publicación periódica| autor= T. Cavalier-Smith
| url= http://ijs.sgmjournals.org/cgi/content/full/53/6/1741|título= The excavate protozoan phyla Metamonada Grassé emend. (Anaeromonadea, Parabasalia, ''Carpediemonas'', Eopharyngia) and Loukozoa emend. (Jakobea, ''Malawimonas''): their evolutionary affinities and new higher taxa
| revista= International Journal of Systematic and Evoluionary Microbiology
| ano= 2003 | volume= 53 | páxinas= 1741-1758}}</ref><ref> {{Cita publicación periódica
| autor=Sina M. Adl ''et al''
| url=http://www.uga.edu/cellbio/pdfs/adletall2005.pdf|título=The New Higher Level Classification of Eukaryotes with Emphasis on the Taxonomy of Protists
| revista=Journal of Eukaryotic Microbiology
| ano=2005 | volume=52 | número=5 | páxinas=399
| id=}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica| url = http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1713255 | título= Evaluating Support for the Current Classification of Eukaryotic Diversity | autor= Laura Wegener Parfrey, Erika Barbero, Elyse Lasser, Micah Dunthorn, Debashish Bhattacharya, David J Patterson, and Laura A Katz | doi = 10.1371/journal.pgen.0020220 | revista= PLoS Genet. | data= 2006 December | volume= 2 | número= 12 | páxinas= e220}}</ref> Os grupos principais que inclúe son [[Retortamonadida]], [[Diplomonadida]] e posiblemente tamén [[Parabasalia]] e [[Oxymonadida]]. Estes catro grupos son todos [[anaerobio]]s e na súa maioría [[simbiose|simbiontes]] de animais. Certas especies de Parabasalia e Oxymonadida viven no tracto dixestivo das [[térmite]]s, desempeñando un papel importante na degradación da [[celulosa]]. Algúns outros membros de Metamonada son [[parasito]]s, como ''[[Giardia intestinalis]]''.
 
== Morfoloxía ==
Estes flaxelados son inusuais por careceren de [[mitocondria]]s. No pasado eran considerados os [[Eukarya]] máis primitivos, e coidábase que diverxiran do resto antes de que aparecesen as [[mitocondria]]s. Porén, agora sábese que perderon as mitocondrias secundariamente e que conservan os [[orgánulo]]s e [[xene]]s nucleares derivados delas. Os vestixios mitocondriais inclúen orgánulos especiais como os [[hidroxenosoma]]s e os [[mitosoma]]s e, nalgunhas especies, tamén se descubriron xenes mitocondriais no [[xenoma]] nuclear.
 
Todos os subgrupos comparten a posesión de [[flaxelo]]s en grupos característicos de catro, que a miúdo se asocian ao núcleo, formando unha estrutura chamada ''cariomastigonte''. Ademais, os xéneros ''[[Carpediemonas]]'' e ''[[Trimastix]]'' son parentes próximos ás líñas Retortamonadida-Diplomonadida e Oxymonadida, respectivamente. Ambos os dous son formas de vida libre e amitocondriais.
 
''[[Retortamonas]]'' é un [[Retortamonadida]] e ten un único núcleo, dous flaxelos emerxentes e unha fenda de alimentación ventral. ''[[Hexamita]]'' e ''[[Giardia]]'' son [[Diplomonadida]] que presentan dous núcleos e oito flaxelos dispostos en dous grupos iguais de catro flaxelos. <ref name=Silberman>Jeffrey D. Silberman, Alastair G. B. Simpson, Jaroslav Kulda, Ivan Cepicka, Vladimir Hampl, Patricia J. Johnson and Andrew J. Roger, [http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/content/full/19/5/777 Retortamonad Flagellates are Closely Related to Diplomonads—Implications for the History of Mitochondrial Function in Eukaryote Evolution], Molecular Biology and Evolution, 19:777-786 (2002).</ref> Cada núcleo está asociado a un grupo de flaxelos e cun conxunto de [[cinetosoma]]s asociados. ''Hexamita'' ten dous [[citostoma]]s que se abren na parte posterior da célula. ''Giardia'' ten un corpo aplanado ventralmente e dispón dun disco adhesivo soportado por un complexo [[citoesqueleto]]; non presenta citostomas; os dous grupos de flaxelos están dispostos xuntos no centro da célula, entre os dous núcleos.
 
== Clasificación ==